Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Grelos, nabiza e nabo

Un dito popular di que nabo, nabiza e grelo son a "trinidade do galego", posto que os tres son da mesma pranta, a brassica rapa ou nabo, e teñen un uso fundamental na gastronomía galega, aínda que o nabo se destine en exclusiva á alimentación animal e as nabizas e grelos, cando xoves e tenros, compoñen a verdura nacional galega por excelencia.

Diversos atopamentos arqueolóxicos dan creto á presenza de nabos en Galicia dende 3000 a 5000 anos antes de Cristo.

 

"Do nabo sae a nabiza

da nabiza sae o grelo.

Nabo, nabiza e máis grelo

trinidade do galego.

Son tres persoas distintas

un só Deus verdadeiro"

 

  Dito galego

A nabiza e o grelo pertencen a familia das crucíferas, a mesma das coles de bruxelas, nabicol, repolo, coliflor, nabos, etc. 

O nabo e a raíz engrosada, a nabiza, as primeiras follas vexetativas do comezo do cultivo e o grelo é as follas máis o tallo das cales sairán as flores pero que se recolleitan antes de que aparezan porque o grelo sería duro e non serviría para comer.

As nabizas son máis suaves no seu sabor e o grelo pode ter un punto de amargor, sobor todo no tallo, pero é un gusto adquirido para os galegos.
É na actualidade o cultivo de máis auxe e cada vez máis coñecido e de sona noutras rexións de España e incluso en Europa.

As crucíferas teñen propiedades anti cancro e polo tanto teñen moi boas propiedades nutricionaís.

FOTOS:

Grelo

Nabiza

Nabo

Mágoamente nalgunhas zonas de Galicia se etiqueta todo como grelo e fóra de Galicia máis aínda aproveitando que os que as mercan non fan diferenza entre grelo e nabiza.

As variedades máis coñecidas identifícanse coas cidades de Santiago e Lugo ( non importando onde se cultiven ), sendo esta provincia a principal productora. O nabo de Lugo cultívase tamén no norde de A Coruña e sendo de moita sona os de Monfero. A variedade de Santiago cultívase o redor desa cidade e teñen moita sona os de Ordes, que se venden na autovía.

O nabo é un cultivo invernal e é a quinta parte da producción hortícola. As nabizas son as primeiras follas do nabo, tenras, que nacen directamente da raíz do nabo, que se sementa en agosto ou setembro, estando no mercado para o mes de outubro. Esta colleita que se fai a man estimula o agromar dos grelos, que se empezan a colleitar nos comezos do xaneiro. O grelo é o gromo floral tenro tamén ( como as primeiras follas da nabiza ) pero nun tallo falso do bulbo do nabo, onde nacen follas tamén. O grelo é entón o falso tallo coas súas follas e que pode incluir a inflorescencia nas súas primeiras etapas.

Proteinas 2,7 gramos Fibra alimentaria 3,9 gramos Potasio ( K ) 80 miligramos Sodio ( Na ) 10 miligramos Ferro ( Fe ) 3,1 miligramos Calcio ( Ca ) 98 miligramos Provitamina A 1000 microgramos Ácido fólico   Grelos Valores cada 100 gramos

Xántanse nas comidas de máis sona de Galicia como o lacón con grelos, o caldo galego e tamén no cocido, en ensalada, con pescados, etc. As súas propiedades nutricionais se perden un pouco no caldo, polo que é mellor tomalo co caldo, xa que as sustancias que lle dan o seu sabor ácedo son anticancro.