Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

A gheada e o seseo

Extractado do libro de ensino: Lingua 8°EXB editorial galaxia / ediciones sm -  Autores: X. Alberto Platero Varela, X. Luís Álvarez Freire e Modesto hermida García

Fonema e letra

    Como ti ben sabes, non é o mesmo fonema ca letra.

O fonema poderiámolo definir como cada un dos sonidos que compoñen un signo lingüistico.

As letras son a representación escrita da linguaxe.

Aínda que en moitos casos coincide a letra coa representación gráfica do fonema, non sempre é así.

Fíxate no exemplo: cociñei a zorza.

  • Como ves temos unha letra c que representa a dous sonidos distintos:

c   ...........   /k / cociñei

c  ...........   /q / cociñei

  • Tamén aparecen dúas letras c e z que teñen o mesmo sonido:

c   ............  z  ............  /q / cociñei, zorza


A gheada e o seseo

Tanto a gheada como o seseo son alteracións fonéticas dos fonemas /q /  e  /g /.

  • A gheada consiste en pronuncia-lo fonema / g / coma un j ( / x / ) castelá ou de xeito aspirado gh, segundo as zonas: amijo ou amigho, peja ou pegha.

  • O seseo consiste en pronuncia-lo fonema /q / como / s /: pesa por peza, caso por cazo.

Sobre estas dúas alteracións fonéticas hai que dicir que son correctas na fala coloquial, mais na fala culta non se deben de empregar. Nunca se deben reflexar estes fenómenos na escrita.

Mapa do seseo

 

 

 

 

 

 

Seseo implosivo: o que se produce  a final da sílaba: dez ( dés ), rapaz ( rapás ) - Diccionario Xerais