Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

O galego, lingua románica

O galego pertence ó grupo das linguas Románicas —coma o francés, o castelán, o catalán, o portugués ou o italiano—, e é producto da evolución do latín implantado polos romanos no noroeste da Peninsula Ibérica, con achegas dos idiomas dos pobos aquí instalados antes da colonización, ademais das contribucións das linguas superpostas ó latín galaico trala fragmentación do Imperio Romano.Ponte romana na Gallaecia

Os límites xeográficos da nosa lingua veñen conformados pola Comunidade Autónoma de Galicia e as áreas máis occidentais de Asturias, León e Zamora.

Galicia conta con máis de 2.800.000 habitantes; entre eles, case dous millóns e medio falan galego. Desde un punto de vista lingüistico, limita polo leste coas falas leonesas e asturianas, e polo sur cos falares miñotos e transmontanos de Portugal.

Diversas circunstancias históricas motivaron que non chegase a se constituir en lingua dun Estado, senón que se integrase dentro dun país multilingüe. España, feito este non estraño de considerarmos que o número de linguas no mundo oscila entre tres e catro mil, mentres que o número de estados xira en torno ós douscentos.

Hai polo tanto case vinte voces máis linguas ca estados. A meirande parte deles deben, pois, enfrontarse ós problemas orixinados pola convivencia de varias linguas dentro dos seus respectivos territorios que case sempre se relacionan desequilibradamente.

No vello continente, só Portugal, Islandia, Albania e pequenos estados como Liechtenstein San Marino ou a Cidade do Vaticano son lingüísticamente homoxéneos. Polo tanto, o caso galego é común a moitas nacionalidades europeas. Mapa de Europa

En Europa a preocupación pola diversidade cultural e lingüística maniféstase xa nos anos cincuenta a través do Consello de Europa. A principios dos oitenta comeza unha longa pescuda sobre a situación das linguas minorizadas, que desemboca na presentación por parte do Comité de Ministros do Consello de Europa da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias en 1992, texto que ha ser aprobado polos paises membros a partir do 2 de outubro dese mesmo ano.

É o primeiro documento xurídico e político importante que implica practicamente a toda Europa. A Carta comeza por testemuña-la existencia da pluralidade lingüística europea, non como foco de conflíctos, senón como unha enorme riqueza cultural. Asi mesmo recoñécese que estas linguas (entre elas o galego) viven unha situación complexa, e declárase que é responsabilidade dos poderes públicos defenderen a posición dos idiomas minoritarios. Expresa explicitamente que para a promoción e a salvagarda das devanditas linguas é vital o seu emprego, tanto na vida privada coma na pública, social e económica; e concreta a necesidade da presencia das linguas no ensino, sobre todo no primario, na Administración e na Xustiza como único medio de rematar coa discriminación linguística.

España participa directamente deste recoñecemento da pluralidade lingüística e cultural europea a partir da súa integración na Comunidade o primeiro de xaneiro de 1986. Deste xeito, Galicia, que ten unha lingua e unha cultura específicas, súmase ó conxunto heteroxéneo e plurivalente de culturas que conforman o mosaico europeo.

A vocación europeísta de Galicia xa se manifestara no pensamento dos intelectuais galegos de principios do século, como se recollía na "Primeira Asamblea Nazionalista" de 1918, na cal se defendía "o ingreso das nacionalidades da Iberia na Liga das Nazóns".

 

 

 · MÁIS INFO:   17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

 FONTE DE INFORMACIÓN: www.dialetrasgalegas.com, www.crtvg.es