Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

O GALEGO, LINGUA ROMÁNICA

(Extractado de: Manual de ensino LINGUA - 7° EXB de X.Alberto Platero Varela, X.Luís Álvarez Freire,Modesto Hermida García - Editorial Galaxia / Ediciones SM )

A lingua de Roma 

Fíxate: 

Latín Galego/Portuqués  Castelán  Francés portam porta puerta   porte farinam  fariña  harina  farine hominem home(m) hombre homme petram  pedra  piedra  pierre

 
A lingua de Roma, o latín, é a nai das linguas actuais da Península Ibérica, agás do euskera ou idioma basco. 0 portugués, o castelán, o catalán, o galego teñen un mesmo nacemento: o latín. 

O latín é a lingua patrimonial do galego. 

Territorios onde se falan linguas romances

Mapa do desenvolvemento do Latín

Desenvolvemento do latín 

¿Como foi que o latín se desenvolveu diversamente en Galicia e Por-tugal, en Castela e en Cataluña? 
Ha¡ varias respostas a esta pregunta, pero podemos sinalar dúas principais: 

a) Para fala-lo latín, os habitantes celtas do noroeste non tiñan a mesma disposición que os falantes iberos do Centro e do Mediterráneo, en especial, para pronunciaron determinados sons e expresións. 

b) A historia da ldade Media, coa presencia de pobos Germánicos e árabes: desde o século X, Castela actuou coma unha cuña, impedindo os contactos lingüísticos entre o oeste (Galicia e Portugal) e o leste (Cataluña e Va- lencia), e espallou cara ó sur a fala castelá que, nacida en Cantabria, era máis innovadora cás outras falas de orixe latina. 

  • Palabras celtas e mesmo preceltas, máis vellas có latín, están aínda hoxe vivas no galego: 
    Preceltas: lousa, morea, veiga, cotareto, curuto, toxo ... Celtas: amieiro, burato, alpendre, camíño, tona, touciño ...

  • Da presencia de suevos e visigodos (séculos V-Vili) mantéñense vivas no galego actual algunhas palabras xermánicas: broa, pouta, trípar, espeto, gañar, rifar, roubar, roupa ... 

  • Da presencia dos pobos árabes permanecen vivas no léxico galego: alfaia, adival, aceíte, alvanel, tarefa, azucena, cirolas ...

  • A lingua grega tamén deixou palabras na nosa lingua, algunhas porque xa estaban asimiladas polo latín, outras porque se introduciron despois: crego, mosteíro, orfo, caixa, berberecho ... 

    O galego, lingua moderna 

    Sobre o estrato patrimonial do latín, a lingua galega vaise enriquecendo pola necesidade de ¡les darmos nome a cousas e situ'acións novas. 
    As palabras novas dun idioma chámanse neoloxisrnos. Son neologismos, por exernplo: láser, televisión, vídeo. 
    Se collémo-la palabra que necesitamos doutra lingua viva, temos un empréstito lingüístico. Os empréstitos levan o nome da lingua da que proceden. 

    Anglicisrnos (inglés): güisqui, tenis .. 
    Galicismos (francés): xardín, casete ... 
    Castelanismos: bocadillo, tortilla ... 
    Lusismos (portugués): xanela, sarao... 

    Os empréstitos innecesarios, porque a lingua galega dispón dunha palabra axeitada ou dun medio máis xusto para creala, chámanse barbarismos. Estas verbas alicas introdúcense no galego polo descoñecemento do léxico por parte do falante. Hoxe, a nosa lingua vese invadida por palabras inglesas e castelás que a estragan: fans, conexo, pub, lexos ...

 

 

www.galiciaespallada.com.ar