Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

o galego, lingua inicial da poboaciòn


O galego é, conforme ós datos do cadro , a lingua inicial da maior parte da poboación galega.



Porcentaxe de lingua inicial

 

EXTRAÍDO DA WEB :

HTTP://WWW.GALEGO.ORG 

 

 

 

 


Cando valorámo-la idade, a presencia do galego como lingua inicial predomina a partir dos 26 anos e acentúase a partir dos 40. Non embargantes nas xeracións dos máis novos é o castelán a lingua inicial maioritaria con notorias variacións segundo o hábitat de nacemento. As porcentaxes de galegofalantes iniciais menores de 25 anos medran entre os entrevistados que teñen como hábitat de nacemento o rural e especialmente o "periurbano", que "comprende os núcleos xeográficamente distanciados da cabeceira en concellos urbanos pero cunha forte dependencia desta"

 

Distribución da poboación segundo o hábitat de nacemento 

Hábitat %  urbano 17,2%  periurbano  3,7%  vilas  11,7% rural-1 10,4%  rural-2 50%  nacidos fóra de Galicia  7,1% 



O 11´4% de bilingües iniciais do total de Galicia proceden en grande parte dos sectores menos rurais. Son as cidades as que ofrecen unhas porcentaxes de bilingües iniciais máis elevadas.

Respecto ós cambios e lingua, non é frecuente atopar casos de abandono da lingua inicial pero, cando se producen, si hai diferencias nas razóns do cambio e nas idades, segundo sexa a súa lingua inicial. Así os galegofalantes iniciais incorporan a outra lingua moito antes cós castelanfalantes iniciais, sendo a adaptación ó medio a causa maioritaria nos dous casos. Sen embargo o ensino aparece máis veces como causa de cambio entre os primeiros (21'9%) ca entre os segundos, nos que baixa dez puntos a porcentaxe.

A familia constitúe o principal medio de adquisición do galego para os castelanfalantes iniciais. Con todo, estase a producir unha progresiva perda da lingua galega no ámbito familiar en beneficio da escola que se converte na canle alternativa de adquisición do galego entre os máis novos e no ámbito urbano.


FONTE DE INFORMACIÓN: http://www.galego.org 

 

 · VOLVER A:  17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS