Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

O galego nas sete cidades galegas

Censo de 1991As sete cidades galegas
 

Respecto ós niveis de coñecemento da lingua propia, a competencia lingüística individual caracterízase pola capacidade de entender e fala-las dúas linguas oficiais. Resultan interesantes os niveis de coñecemento na cidades máis importantes de Galicia, xa que estudios parciais sociolingüísticos determinan que a utilización do galego se dá prioritariamente no medio rural, o cal abrangue dous tercios do total da poboación.

Os datos censuais amosan que a poboación urbana, en parte chegada do rural, ten un alto grao de coñecemento e competencia lingüística na lingua propia de Galicia.

 

O galego nas sete cidades galegas

 

 

 

 

 

O avance na recuperación social do galego, durante anos lingua desprestixiada por razóns xa coñecidas, veu determinada pola aumento do seu uso na vida pública. Produciuse un ascenso cualitativo non só pola oficialización do galego senón, especialmente, pola súa incorporación á Administración en xeral, ó ensino e, aínda que en menor medida, ós medios de comunicación. Estes cambios axudan dun xeito eficaz a ir freando as tendencias castelanizantes asentadas en determinados sectores da sociedade dende hai séculos.

Por último hai que cita-los datos censuais do 91 referentes ós niveis de emprego do galego, nos que observamos que só un 7% dos habitantes de Galicia non usa o galego e dentro desta porcentaxe inclúense os inmigrantes. Aquelas provincias -A Coruña e Pontevedra- nas que, debido ó proceso de industrialización maior, ó seu grande crecemento de poboación e de nivel de urbanización, onde se puxeron en contacto xentes de diferente orixe, novos valores e clases distintas, se dá unha maior convivencia co castelán, ofrecen, con todo, unhas cifras de arredor de 80% de galego falantes habituais.

 

FONTE DE INFORMACIÓN: http://www.galego.org

 

 · VOLVER A:  17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS