Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

As festas do ciclo anual: 

unha análise da celebración dos Magostos

 

por Xosé Antón Fidalgo Santamariña (*) Magosto   Artigo publicado na revista  "RAIGAME",  Nro. 0 ( Maio-95)  

editada pola Asoc. Castro Floxo de Ourense e impresa pola Dep. de Ourense)  
I

O ciclo do ano ven espallado de celebracións festivas de carácter popular que son peculiares. Se trata de celebracións cíclicas por canto se veñen repetindo tódo-los anos dun xeito semellante. Son as principais as celebracións de O Nadal (Aninovo e Reises), O ciclo do Entroido, A Coresma, Os Maios, A festa de San Xoán, O ciclo festeiro do Verán (festas relixiosas patronais e festas de colleitas), O ciclo de Outono coas festas do Magosto e da Matanza. Outras festas de carácter familiar e local de menor entidade, se meten ó longo do ano entre as nomeadas máis enriba.

magostoSe trata sempre de celebracións festeiras nas que os cidadáns teñen por costume poñer un énfase especial; e non nos cabe duda que un coñecimento da realidade socio-cultural galega pasa po-lo estudio das mesmas, de como os cidadáns as preparan e as viven. Os nosos labregos pasaban as horas comentando o máis salientable da celebración que pasou mentres agardan con ilusión a que vai vir, na que non lles vai faltar gañas de renova-la diversión con máis intensidade que na derradeira edición.

Unha destas celebracións populares que continúa mostrando unha raigume especial, sobre todo no marco xeográfico ourensán, é a Festa do Magosto, á que aquí me vou referir. 

Os magostos se realizan ó remate do ciclo anual, xusto antes do empezo das celebracións de A Matanza, principal xeito de autoabastecerse de carne nos fogares campesiños. A celebración dos Magostos aparece ciclicamente como a forma máis típica que os galegos temos de ensalza-la castaña, alimento básico que foi até a entrada da pataca americana.


II



A autóctona castaña é a verdadeira protagonista da celebración tradicional. A tradición popular nos constata non solo ese protagonismo, senón o momento en que máis o é especialmente no cantar:



"Acabáron-se as vendimas
e veñen as esfolladas 
para comer coas mozas
catro castañas asadas".


No pequeno segmento da tradición oral, se atopa recollido a tempada do ano na que se deberán celebrar Santos, índa que se prolongue por toda a primeira quincena de Novembro o paréntese festeiro admitido popularmente para estas celebracións.

Certamente que os Magostos nos mostraban o sentido máis pleno naquela vella sociedade predominantemente campesiña e agropecuaria, que está a piques de rematar. 

Nestas datas de Outono, os labregos da vella sociedade rural xa teñen ben almacenada a colleita de millo nos hórreos e canastos do fogar, e na ADEGA doméstica as pipas cheas de viño novo. Agora están metendo nos Sequeiros de castañas este froito do castaño que rematan de apañar nos soutos do lugar. As colleitas do ano foron boas como se esperaba e os paisanos observan contentos o froito dos cultivos de cereais, os sequeiros de castañas, e os moios de viño no lagar, cós que pasar con fartura o resto do inverno. A vida vaille ben e se pode celebrar consumindo colectivamente a castaña, protagonista da derradeira recolección, acompañándoa coa proba do viño novo que xa serve para beber.

III



Se facemos caso á tradición oral, ben pouco se precisa para celebrar un verdadeiro magosto: basta magosto con xuntar-se varias persoas para asar e comer castañas acompañadas duns grolos de viño canto máis bon mellor. Persoas, castañas, e viño abundante son, polo tanto, os tres elementos necesarios e suficientes para a conmemoración dos máis enxebres e autóctonos magostos. 

A partir desto que nunca pode faltar nun magosto popular, todas as demais biandas e licores que agora se asocian á paparota ben vidas sean, e se fai frío no lugar do cerimonial culinario, mesmo se lle podería engadir ó viño, algo de azucre ou mel para que quente os corpos e saiba mellor ós que non acostuman beber. Así tamén lle facemos caso a este outro vello dito popular: 



"Pra quitalo frío e fartarte ben podes comer castañas e viño morno con mel".


A nivel de ruralía e vecindade, esta sencilla cerimonia étnicolocal se levou a cabo a miudo, perante a tempada da recolleita e seca das castañas nos sequeiros de castañas, unhas instalacións preparadas para a seca deste fruto que os veciños disponen nas propias casas, nas aldeas, e mesmo sobre os propios soutos de castaños. As veces alguén das familias ían vivir a eles por algúnha tempada mentras se adicaba a recolle-las castañas, secalas e clasificalas antes de se utilizare na alimentación humán e dos animais domésticos. Mentras se levaban a cabo todos estes labores, a miudo se xuntaban mozos e mozas para facer fiadeiros e paparotas que ían desde come-las castañas asadas con viño, até chourizos envoltos en berzas, e en papel de estraza e asados na cinsa quente, ou mesmo cocidos nunha potiña con viño branco. Estou seguro que saberían que daría gloria mascalos. Despois, por suposto, continuaría a troulada aldeán a miudo baixo a atenta vixilancia das velliñas do lugar. 



IV


¿Que tentan comunicarnos estas celebracións xeneralizadas do Magosto, ó conxunto dos cidadáns que participan neles e demais membros integrantes da sociedade tradicional?

Eís no que segue algúns dos mensaxes que esta vella sociedade parece querer trasmintir por medio da arraigada celebración tradicional. Podemos empezar por este que parece estar relacionado co día principal da súa celebración, que a nivel xeral ven sendo o 1 de Novembro: "Día de tódo-los santos".

castañas nos seus ourizosQue os magostos se veñan celebrando neste día tan siñalado pode que non obedeza á casualidade, senon a que se trata duna xornada festiva e, polo tanto, na que a xente ten tempo para se xuntar; en segundo lugar se trata dun día no que a maioría das recolleitas de castañas xa están feitas, ou se están rematando de facer. Pero do que realmente se trata coa institucionalización da celebración, neste día tan sinalado, é de lembralle a todos aqueles membros da localidade que teñen soutos con castaños sen rematar de recoller, que se den presa en facelo se non queren que lle lo fagan aqueles vecinos que non teñen a sorte ter soutos de castaños en propiedade. 

A partires dese día "oficial" do magosto xa estes máis probes da aldea ou da parroquia, quedaban autorizados a entrar nos soutos, e facer unha segunda recolleita sen que os propietarios os poideran castigar, denunciar, etc. 

Estamos, pois, diante unha forma moi intelixente de lembralle ó pobo desde cando o que existe na aldea pertece ó común máis que ó particular. Pero se agora nos paramos a observa-lo modo de cómo se viñan desenvolvendo os Magostos que se celebran en cada aldea e parroquia rural, durante esa xornada anual adicada á celebración, se poden chegar a descubrir unhas peculiaridades novas, que tamén son portadoras de contidos e mensaxes culturais que os participantes trasmiten inconscentemente a tódolos demais ausentes na celebración. 

Desde esta perspectiva, os Magostos tamén nos aparecen como un mecanismo que utiliza o pobo para seguir conservando e trasmitindo aquelo que cree debe perdurar, por detrás das apariencias externas, é alén da propia comensalía festeira. Neste aspecto, a importancia da celebración dos Magostos se atopa máis no que non se observa a primeira vista, que naquelo que todos vemos no espacio da celebración popular. 

Tentarei de me expricar subliñando a este respecto, que dunha mirada atenta da festa popular, do proceso de desenvolvemento do Magosto, dos comportamentos que obxectivan os participantes, dos espacios variados nos que se veu levando a celebracións, etc., da observación e análise de todo esto é fácil deducir outra serie de mensaxes culturais que a festa proxecta para quen os saiba descifrar, e, tamén, esa lección que mediante o desenvolvemento da festa o pobo imparte, mesmo sin ser conscinte, sobre os fundamentos da maneira de ser, sentir, e vivi-la nosa galeguidade. En efecto, a pouco que un se fixe no proceso dun Magosto tradicional poderá comprobar como dita celebración se atopa perfectamente marcada e delimitada por unhos tempos e espacios concretos, por unhos controles e normas de acción específicas e, polo demais, ben adaptadas ó contexto da comunidade campesina que os está a celebrar. De outro lado, calquera celebración do magosto popular se presenta con unha forte capacidade de vencellamento entre os membros que participan nel, pero ó mesmo tempo coa forza capaz de separa-los das restantes categorías de membros que non se deixan formar parte da comensalía étnico-grupal. 

castañas Dou por suposto que no transcurso da vida, quen estea lendo esto, terá participado alomenos en dous tipos de magostos: de pequeno, na celebración dos chamados "Magostos de nenos" ou magostos infantís; de xoven na dos ditos "magostos de mozos", que son os que fan os xóvenes e adultos da comunidade. Pois se atendemos ben ó que alí ocorre, pronto nos damos conta que os membros participantes en cada un destes magostos -infantís e adultos- están facendo algo máis que comer, beber, e se divertir a pracer. Tamén se están sentíndo parte integrante dun grupo de idade diferenciado do outro, e sabéndose compoñentes dunha categoría concreta de persoas coas que conta a comunidade. 

Deste feito se desprende que o Magosto compartido, xungue ós seus participantes para mellor diferencia-los dos demáis componentes da comunidade, e que aquél que saia dun "magosto de nenos" para entrar nun "magosto de mozos", está facendo algo máis que cambiar de lugar de  celebración. Eses actos de saír e de entrar, implican sobre todo a decisión de deixa-lo mundo, tipos de comportamento e mentalidade infantís, para se mergullarno mundo, comportamentos mentalidade da poboación adulta da comunidade, con todas as implicacións e consecuencias que elo traerá consigo. É desde esta perspectiva que se pode entende-la celebración do magosto tradicional, como un auténtico ritual social que a sociedade tradicional dispón para mostralle ós membros o lugar que ocupan no seo da propia estructura social. 

magosto Pero aínda hai outro aspecto na celebración dos Magostos tradicionais que me gustaría destacar aquí. Me refiro a aqueles tipos de magostos que en moitos povos se levan a cabo arredor das Igrexas, ou ceminterios e adros parroquiais o "Día de tódo-los Santos". 

O sentido sacro do espacio donde se decide ir facer-lo magosto e o sentido simbólico que conleva esta comida agraria son evidentes. Tamén o é a lección que se nos quere explicar por medio destes magostos celebrados en tan escollido lugar, e que podería sintetizar decendo que se trata de reintegrar na festa, anque dunha forma simbólica, a todos aqueles membros da comunidade que xa non poden participar físicamente porque se teñen ido para sempre.

 Velaí como por medio destas celebracións populares do Magosto en espacios cargados de sacralidade e simbolismo, se tenta facer partícipes a todos: vivos e mortos da comunidade. Non coñezo unha forma mellor de vencellar ás trouladas dos vivos os mortos da comunidade local, que esta de ir levarlles a festa a ese espacio tan simbólico e cargado de sacralidade. Pero tamén é o mellor modo de deixarnos claro ós demais, que no máis profundo do noso espirito permañece sempre fortemente enraizada esa nostálxica lembranza dos xa falecidos. 

V



Mediante un achegamento ós nosos Magostos como o que propoñemos, se comprende como esta ancestral celebración popular serve, ó tempo que para pasalo ben e para sentir-se membro dunha categoría de idade distintiva, tamén para lembrar ós que participan na comensalía, que nen siquera naquelas gozosas xornadas festivas caracterizadas polo bó comer, beber e vivir, que se distribúen ó longo do ciclo anual de traballo, os galegos somos capaces de eliminar do noso espirito esa nostálxica lembranza que conservamos de todas aquelas persoas, familiares e amigos, que xa non están entre nós. 

A celebración do Magosto que tódolos anos nos visita, o fai como algo máis que un acto culinario e de divertimento popular. Tamén se achega a nós con ese colorido festivo, creativo e típicamente popular, para por medio dél, lembrarnos a tódolos membros da sociedade que estamos a revivir, consciente ou inconsciente, uns espacios e situacións sociais e relixiosos cargados de sentido e significado cultural específico, e para contribuir a conservar e a trasmitir toda esta serie de rasgos propios da nosa cultura popular observados, entre os que este da "comensalidade" galaica que aflora en calquer momento anual, se aprecia como un típico mecanismo reforzador dos nosos valores e sentimentos étnicos.



 

* XOSÉ ANTÓN FIDALGO SANTAMARIÑA
(Sobrado dos Monxes, Coruña, 1946)

Doutor en filosofía e Profesor titular de Antropoloxía Social na Universidade de Vigo: Campus de Ourense; é membro da Sección de Etnografía e Folklore do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos do C.S.I.C. e da European Association of Social Anthropolgists (EASA).
Entre as súas publicacións atópase a obra Antropología de una parroquia rural (Ourense, 1988), que mereceu o premio Otero Pedrayo 1984, e as compartidas Traballos Comunais no mundo rural (Ourense, 1987) e Cinco profesións ambulantes ourensans (Ourense, 1988).