Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

24 de xuño :A noite meiga de San Xoán

A noite de San Xoán  

lumeA fogueira  

A ETNOGRAFÍA  

Lumerada  

Herbas e cachos  

Ditos e refráns  

O baño da media noite  

A frol da auga  

O orballo


A noite de San Xoán, o 24 de xuño,  é hoxe unha das festas máis ricas en lendas, supersticións e costumes que acocha o noso folclore, a nosa cultura. Antes de ser cristianízada,  era unha relixión popular na que os espíritus do mal actuaban na escuridade con obxectivos malévolos na percura dalgunha victima.

Pretender sabe-la oríxe desta liturxia sería perderse nos estadios máis ancestrais da vida mesma. Quizáis poderíase remontar ás civilizacións prehistóricas e sobre todo dende que o home se decata do movemento de translación ó redor do sol que anualmente recorre o noso planeta. Dita observacián puido ser consolidada cando a humanidade logrou "domesticar" o lume. 

0 dia no que o sol atinxe o maior tempo de esplendor dase o 21 de xuño , fenômeno natural coñecido como "solsticio vernal ou de verán". A partir de entón, o tempo da claridade solar vai diminuindo paseniñamente ate o solsticio "hienal ou invernal" no día de San Silvestre. De seguido, a luz diurna vai "increscendo" ata repeti-lo ciclo .

Segundo a definía don Eladio Rodríguez Gónzalez no seu Breviario enciclopédico: "Na noite de San Xoán parecen realizarse tódalas marabillas. Acéndense nas cidades, vilas e aldeas as tradicionais lumeiradas, arredor das
cales canta a mocidade, baila e brica por riba das chamas; pasan logo os gandos para que reciban o orballo de San Xoán, cando xa as fogueiras esmoreceron, facendo que as redes reciban o remol aínda fumegante; póñense ó relento herbas e plantas recendentes, mergulladas en auga, e nesta auga sandadora lávase á mañá seguinte toda a familia, na Fogata de San Xoán crenza de ver curadas as erupcións do cute que padecen; tómanse ás doce da noite as nove ondas do mar  polos que viven preto; non poucas persoas acoden á praia máis cercana, malia teren que percorrer unha distancia de dúas a tres légoas para recibi-las salutíferas ondas; chimpándose nove veces ó río os ribeiráns do Miño ó dálas doce da noite, cren que esas ablucións lles serán beneficiosas. 

As mozas solteiras botan a clara e a xema dun ovo nun vaso con auga, que poñen ó relento para observar ó saí-lo sol as formas caprichosas que adoptou o contido e deducir diso a profesión ou oficio que terá o desexado noivo ou o futuro esposo; hai quen cre que as meigas aproveitan a noite de San Xoán para dirixirse polos aires ós seus conciliábulos de Sevilla ou do noso areal de Coiro; e tales virtudes salutíferas e purificadoras teñen as augas nesta noite única, que tamén posúen facultades prolíficas para a moza que acade coller a chamada Flor da auga fría. En non poucas aldeas galegas moitas persoas adoitaban madrugar para ver por un cristal afumado como o sol nace bailando na madrugada dese día vizoso en prodixios. A mocidade das aldeas, aproveitando as sombras, dedícase a cambiar de sitio e saca-las cancelas dos seus gonzos, os carros, os apeiros de labranza e tódolos enseres que poden levar duns sitios a outros máis ou menos afastados; deste xeito aparecen pola mañá na eira dun veciño o que estaba recollido no alpendre doutro; e así trasladaban á Veiga vella os efectos dun veciño da Veiga nova; e aínda atrancan as portas de moitas casas para que os moradores non poidan saír doadamente delas. Nas poesías dos trobadores medievais fanse referencias adoito a estes costumes que xa entón eran propios de noite e de día tan sinalados".

O ANIMISMO

De non perderse unha grande parte da tradición, os elementos esotéricos utilizados para transmiti-las propiedades, atribuidas ós espíritus desta relixión, serían innumerables. De tódolos xeitos, habería que agrupalos, ben por unha casuística común ou dentro dunha simboloxía moi significativa. Destes, os principáis serían:

A AUGA

Elemento de gran limpeza que segundo o seu estado pódenos liberar das enfermidades cutáneas (orballos); dos malos auga espíritus (auga bendita), e incluso posúe poderes fecundativos (auga mariña). 

Só hai un tipo de auga refuxada e que o saber popular soubo refranar perfectamente ó dicir:

 "A chuva de San Xoán, tolle o viño e non colle pan".

O LUME

E outro dos elementos purificadores que queima as impurezas e as malas herbas. 0 resplandor das labaradas no seo da noite, descobre os diaños ocultos na escuridade. A calor desprendida das lumaradas semella recualos ate facelos fuxir.


AS HERBAS

Popularmente ben coñecidas polas súas propiedades curativas, mediciñais, purgativas e mesmamente perigosas. A ciencia popular soubo identificar moi ben aquelas nas que as divinídades transmitían os atributos milagreiros, otorgándolle a cada pranta ou herba unha finalidade concreta e diferente. Hoxe as investigacións no laboratorio relegaron o uso das prantas ó consumo de productos dietécticos; pero será a propia investigación quen logrará, nun futuro non moi lonxano, o verdadeiro valor centífico e medicinal das mesmas.


OS PENEDOS, ENCRUCILLADAS, LAGOAS, CASTROS E OUTEIROS

Non son máis que lugares de culto, que a cristianización transformou en altares e cruceiros. Nestes sítios manífestábanse fisicamente os mutados en fadas, bruxas, diaños, cobras, santa compaha etc. etc. Aparecian en días tan sínalados como o San Xoán ou Noiteboa para face-los conxuros e feitizos. 0 mortal que conseguira miralos arriscábase a todo. Desde enriquecerse, na maioria dos casos, de acadar co desfeitizo, ata desaparecer ou morrer se non o lograba.


A ETNOGRAFIA

0 descoñecemento, nas culturas pasadas, da mecánica do sistema solar, fixo imaxinar unha mitoloxía "anímica" para propio convencemento. Nela, as divinidades expresaban a súa vontade por medo de seres e accidentes Bosque en Cervantes xeográficos, tales como animais,fontes, lagoas, árbores, penedos, outeiros etc. Restos desa creación animada ainda peduran entre  nós e pódense atopar nas festas, supersticións, lendas, contos e demáis folclore. Sen embargo, estes vestixios perderon toda a connotación ancestral, e os máxicos poderes de fecundación, sexuais, curativos e espirituais fican relegados a escasos sectores do pobo.

Galicia conta cunha riqueza de lendas que falan de mouras, vellas ou fadas que saen na noite de San Xoán ás beiras das pozas e rios. Pousan enriba dos penedos ou perto das ermidas. Mentres esperan a alguén que poda desencantalas alisan os longos cabelos dourados cun pente de ouro. Estes míticos persoaxes adoitaban relucir mantas cheas de ouro, moedas e xoias ben espalladas a fin de seren asolladas coa chegada do mencer. 

Hai outras que falan de desfeitizos : aquel que lograra desencantar a unha moura xeralmente sería gratificado con importantes cantidades de ouro. Estas connotacións de deusa "Fortuna" podían aparecer en diferentes formas, tales como: Coller a galiña dos pitos de ouro; atopar o tesouro que gardaban as fadas  ; ou mirar un piñeiro convertido en ouro.Festa de San Xoán

Amáis destes legados orais, cabe suliñar un referenciadó no monte de Os Remedios (en Moaña) que está directamente vencellado á noite que nos ocupa, e di así: "Cando aparece a cobra na noite de San Xoán, deseguido saen as bruxas que brincan ó redor da ermida, para desaparecer coa chegada do mencer". Evidénciase neste relato todo un aquelarre coa única variante de sustitui-lo macho cabrón pola cobra. Lembrar que a serpe é un animal telúrico, enteiramente ligado à muller e todo o feminino: sensualidade, fertilidade etc. Goza da peculiar dualidade de poder ser un becho tanto beneficioso como perigoso.


CARREXAR A BROZA

A preparación da fogueira faise con antelación de varios días e ás veces ata un mes. Realmente a animosidade empeza cos primeiros dias calurosos do maio "tolo" e é cando os máis cativos desprazanse ós montes, carreiros, tomadas, beiradas e testeiras das veigas. Van provistos de cordas, fouces, gallas e outros úteis para roza-las silveiras,toxos, herbas e, cortar leña de ponlas e arbustos. A broza amontóase enriba dos ramalios de castiñeiros, alcolitos ou xestas previamente cortadas. Cando se xunta un bo feixe, parte dos rapaces e rapazas fan a viaxe acarrexando a broza ó lugar onde se fará a fogueira.

Mentres uns portaban por adiante facendo firme nas cordas e troncos outros, coas gallas, axudaban por atrás. Máis que empurrar, impedían que a maleza se ciscara.  A medida que se achegaban as vísperas, entraban en xogo a mocedade e mailos maiores. A estas alturas a broza acumulada requeria unha vixianza estricta por temor a que os rivais doutras fogueiras lle prenderan lume antes do dia sinalado. Sen dúbida era unha reminiscencia das rivalidades tribais. ¡E probe daquel que cacharan intentando prenderlle lume!. ¡Menuda tunda levaba!


A FOGUEIRA

Lume nunha fogataA fogueira de San Xoán, e por extensión a de San Pedro, costume esta última cáseque extinguida, simbolizan o astro solar. Os curros de nonos e nonas cantando e choutando ó seu redor, semellan unha inmolación.

O último día era obrigatorio carrexar loureiro para enterralo, afincalo e ir estribándolle a broza por todas partes . Logo de quedar firme pendurábanselle cartuchos de papel cheos de xofre.

A hora de prenderlle lume era todo un ritual. Nunha pequena fogueira a parte concéntranse tódolos rapaces que traballaron. Dictan normas xerarquizadas chegando incluso a acaloradas discusións para elixir o "xefe" . Unhas veces era escollido por méritos de participación, e as máis porque era un verdadeiro líder.

Chegado o momento prendían os fachos e o "xefe" era o primeiro en lle plantar, logo, o resto da rapazada secundao respectando a escala xerárquica e outras veces facíanno de forma desordeada. Cando o lume toma corpo os loureiros comezan a fumegar e a soar no ar un agradable e continuo desacorde de estralazos, como se procuraran facer fuxi-los seres agoreiros.

As labaradas alcanzan e queiman os cartuchos de xofre deixando cair raioliñas de múltiples cores.!Qué espectáculo!. Nenos e nenas, mozos e mozas, cantaban e brincaban o redor bébedos pola delicia do resplandor da fogueira e desafiando a calor que dela se despedia, e que fai recuar aos maiores. Habíaquen se sentaba a carón da fogueira para formular un desexo. A medida que o lume da cacharela vai minguando, avívase con broza da reservada. No caso de ser moita, sempre se deixaba algunha para a de San Pedro.

Actualmente o loureiro é sustituido por un pau alto ó que se lle pendura un moneco e vaise a pedir polas casas leña, móveis vellos, caixas de frutas e cartos para gasolina e petardos. A madeira recollida apíñase ó pau como si fora un palleiro.

Xa esmorecida a fogueira, os valentes tentaban cruza-los braseiros en carreiras, chimpos, ou utilizando os taboleiros para non queimarse. Antigamente facíase o mesmo, pero co propósito de cura-las aireadas, fuxi-las bruxas, saca-lo diaño do corpo, curar mal de ollo e como se dicía "Sálvame lume de San xoan, para que non me trabe cadela nin can".

Tamén había quen queimaba unha peza de roupa persoal para evitar que non fora poseída pola bruxas. Hoxe, o salta-lo braseiro non deixa de ser un acto de valentia e temeridade. Xeralmente estas normas estaban arraigadas en expresións espirituais e curativas.

Tampouco é descartable darlle algún contido gastrónomico. Estamos na época da recolleita da pataca e había quen as botaba, sen pelar, nun recuncho da fogueira. Sen deixarse queimar, os cachelos comíanse quentes. E tampouco debe esquecerse o refrán popular que di "Polo San Xoán a sardiña pinga no pan", de millo por suposto, e se ían acompañadas dunhas fechas do viñoo de a rente a parede, !mellor que mellor.! Logo os cantos, bailes, pandeiretas, gaitas e acordeóns. A festa estaba servida.Agora estendeuse o senso gastronómico e é fácil contemplar ós veciños asar mexilóns, chinchos, sardiñas, chourizos, e inclusive facer unha churrascada. Para rematar unha queimada.

Cachela de San Xoán. Debuxo de Castelao

Cachela de San Xoán, debuxo feito por Castelao

lumerada

Son tradicionais en Galicia na noite que para o pobo galego é a noite dos misterios:a noite de San Xoán. Encol delas  brincan os nenos, mozos e persoas maiores, porque cren que, deste xeito, curan as doenzas da pel, afastan os maleficios e evitan certos padecementos, sempre que o número de saltos sexa impar. Nunhas comarcas cren as doncelas que casarán durante o ano se ó saltaren non tocan a chama, e se esta lles toca, non atoparán home de contado.

Noutras partes teñen a certeza de que precisan saltar nove veces unha mesma lumerada para que acaden os seus desexos. Ós nenos pásanos espidos dun a outro lado, envolvéndoos logo nunha saba de liño sen mollar. Xeralmente o padriño dá a criatura á madriña e esta vólvello dar ó padriño, e así sucesivamente; de faltaren estes, chaman a tres Marías que os substitúan dicindo cada vez: doente cho entrego, devólvemo sano.

Cando xa só quedan as cinzas da fogueira fan pasar encol dos rescaldo os gandos maiores para preservalos de meigallos. Nos séculos XV ó XVIII facían en Santiago de Compostela pequenas lumeradas nas portas dalgunhas vivendas ó paso das procesións de Semana Santa, que entón se verificaban a altas horas da noite. A finais do mesmo século XVIII o cabido compostelán alumeaba a praza do Hospital con varias lumeradas durante a noite anterior ó día do Apóstolo, para o que mercaban por carros os billardos que habían queimarse.

AS BROMAS

A medida que a fogueira se vai extinguindo, a mocedade forma pandillas que saen a "atracar as calles, para que non pase naide". Recorren barrios e parroquias entre cantos e berros acompañados polo ruido de tarteiras vellas e outros  cacharros.

0 propio da noite era "andar ás cancelas". Pero tampouco quedaban atrás os carros, xugos, chalanas, arados, e mesmamente se metían co gando recollido na corte. Pola maña seguinte era doado ir à adro da parroquia a busca-la cancela que faltaba do seu sitio.Non obstante, había gracias con máis retranca e de morbo sospeitoso, que en nada lle gostaban a aqueles veciños que entre sí non se levaban ben. Pois xa ten acontecido en Meira de lle troca-los burros das cortes durante a noite.

¿Quén non ten mirado  as chalanas atravesadas para non deixar lavar, atravesar paus nas carreteras, nos camiños, cambiar as placas do veterinario polas dos médicos e practicantes, colocar carteis con títulos de películas alusivas a persoaxes populares ou a entidades locais, cagarlle nos cachos das mozas, petar nas portas, intercambia-los portais dos noivos que ían casar, esconde-las macetas, ir á froita madura deste tempo como as ameixas, nísperos e peras de San Xoan, e un sinfin de falcatruadas máis. Esa noite todo estaba perdoado e isto xa ven de moi atrás, pois consideran os etnógrafos que se facía como un ritual dos ataques do mal para fomentar o caos e o desorde.Hoxe en día, hai bromas que se escapan do senso lúdico e humorístico e tórnanse en gamberradas de mal gusto, perigosas e costosas que poden provocar accidentes, incendios e ata causar mortes a animais maltratados.

Quizais falle algo de imaxinación como cando amarraban un burro á cadea do campanario e lle puñan as hortalizas fora do seu alcance para que ó intentar comelas fixera repica-las campás durante toda a noite.

OS BAÑOS

Farto é sabido da importancia da auga no aseo e limpeza persoal, como xa quedou refrexado no capitulo do animismo. Pois ben, nesta lúa nova estaban moi difundidos os baños a partir das doce da noite na auga do mar que, ademáis de Fonte de auga "purgar", ten propiedades preventivas (rica en iodo) e está impregnada por un senso libidoso de especial influencia nas parellas de noivos, quenes, ceremoniosamente, acochaban o seu anónimo amorío na escuridade nocturnal coa complicidade do leve luar.Non é descartable que os vínculos sexuais incidiran na crencia de que certas ondas do mar teñan propiedades fecundativas.

Outro dos métodos para cumplir un desexo era saltar doce maretas ás doce da noite. Costume moi respetada polas mulleres estériles. Por outra parte, téñense recollido testemuñas referidas a mulleres que para purificar o sangue tirábanse ispidas, a volear, sobre comareiros humedecidos polo rocio da noite. Hai crencias de que o orballo sanxoaneiro serve para preservar da polilla a roupa de inverno, sempre que se pasara previamente polas herbas húmidas.


AS HERBAS E OS CACHOS

As tradicións populares non asumidas polo cristianismo foron combatidas por Martiño Dumiense, obispo de Braga no s. VI, máis non puido impedir que herdáramos costumes como a de ir a por auga emanada de sete fontes para face-lo cacho.0 cacho consiste en recolier herbas e plantas de eficacia mediciñal e aromáticas, o seu agradable cheiro e repudiado polos espíritus maléficos. A tradición oral insiste en que o cacho sirve para quitarnos o demo do corpo, alonxa as bruxas e cura a envexa.

Hai varias clases de herbas que se utilizan para isto, sendo as máis recoñecidas as seguintes: Tromentelo, folla de cana, choupo (ollo de prata), ruda, herba luisa, manzanilla, ortelán, mildrastes, fiunchos (anises), herba de san Xoán, espadaina, puenso, herba lemona, lirio, romeo, ourego, loureiro, allo, rosas, follas de nogueira con tres noces, fento rizado (peineta), herba do Carme, silveira, folla de figueira, folla de olmo, folla de laranxeira, malva-rosa, hortensia,folla de viña blanca e outras.

O fiuncho

O fiuncho, unha das sete herbas básicas usadas na noite de San Xoán

Seleccionadas as herbas, amárranse nun feixe ou mollo e colócanse nunha tina, caldeiro ou palangana cheas de auga. Déixanse fora pola noite, segundo crencias cristianas, para que San Xoán os bendiga, pero iso non é óbice para colocar uns cardos ou silveiras enriba do cacho e así evitar que o demo cague nel. Tamén hai quen lle votaba chavos.

Na parroquia de Domaio tamén se puñan nas fiestras, portas, tellados e chimeneas para impedi-la entrada das bruxas. Tradicións parecidas falan de colocar toxos nas portas, cruces de madeira ou pintadas de negro para rexeita-la Santa Compaña.Ó erguerse pda mañá, sácase un pouco de auga verde e de bo cheiro. Lávase a cara, pés ou todo corpo, purificando a pel, e a veces protexe das enfermidades pulmonares.

MalvaA herba sécase durante varios dias ó sol para ser utilizada logo en múltiples remedios caseiros. Deses remedios seleccionamos a seguinte mostra ilustrativa:  a ruda, herba luisa e manzanilla, contra os dores de barriga. A hortelán e mildrastes contra os picores das estrugas.

 As follas de nogueira con tres noces, cura as chagas do corpo. 0 romeo cocido con viño curaba as dores de gorxa, barriga e tamén as dores do gando, e sin o viño era boa para o reuma, nervos e resfriados. Loureiro e allo tríllanse para limpa-las aireadas e contra o reuma. 

Contra as aireadas tamén se usaba o fume das hebas do cacho. A herba de San Xoán limpa a cara de grans. 0 tromentelo era bo antídoto para evitar a caída do pelo.Respecto a esta última, recolleuse na parroquia de Domaio a seguinte estrofa:



"Dime rapaza bonita
¿Con que te lavas o pelo?
Cunhas herbas do monte
Qué fío chaman tromentelo!.



DITOS E REFRÁNS

Son frases feitas, en prosa ou verso, baseadas na observación dos fenômenos naturais e que a sabiduría humana proverbia, dun xeito categórico a filosofia popular. 

Os principais refráns sanxoaneiros recollidos din:



En san Xoán, as bruxas fuxirán. 
- Sálvame lume de san Xoán, para que non me trabe, nin cadela nin can.
- Na fogueira de San Xoán, todos caen ó chan.
- A noite de san Xoán, pasaralo ben, e o día seguinte, mal.
- Na noite de san Xoán, non te deites ata a mañá.
- No san Xoán, na palangana cagarán.
Se queres roubar un portal polo san Xoán, come moito e sobre todo pan.
Na noite de san Xoán rapaz, rouba portais si eres capaz.
En san Xoán, cardos dan.
No san Xoán, peras na man.
No san Xoán, as peras caen ó chan.
A auga de san Xoán, tolle o viño e non da pan.
No san Xoán, fouciña na man.
Os allos postos no san Xoán, son dentes de can.
Cebolas en san Xoán, cagallas de can.
Na noite de san Xoán, bebe viño e come pan.
Polo san Xoán, a sardiña pinga no pan.
0 coeño polo san Xoán, e o pavo polo Nadal.
Quen auna (xexuna) polo san Xoán, é tolo ou non ten pan.
Mañás de san Xoán unhas corren e outras van.
En maio, déitome e caio. En san Xoán, déitome no chan.
Na noite de san Xoán, fai o que todos fan.
Polo san Xoán, as nove co día darán.
Polo san Xoán, a vella preguntará, cando virá o verán.
0 dia de san Xoán, ó o día máis longo do verán.
Polo san Xoán, calquera burro gaña o pan.



- Textos de Xosé C. Víllaverde Román, Xuño 1991


As "cancelas" 

Na noite de San Xoán, nas máis das aldeas de Galicia, os mozos "andan ás cancelas". Consiste en ir uns cantos xuntos, ou todos, polas casas dos veciños, entrar nos curros, nos pendellos e nas cortes, coller os carros, os xugos, os arados, grades, escadas e trebellos de toda caste, sin que os donos se enteren, e levalos. O que fan coíles varía asegún os lugares ou asegún a idea que se lles veña á cabeza: o máis común é polos todos xuntos nun sitio onde toda a xente os vexa á mañá, sexa no adro da eirexa, sexa na praza ou no campo da festa, sexa nun camiño por onde pase moita xente; ás veces, póñenos atrancando o camiño principal, pra que ninguén poda pasar, ou mesmo atrancan os camiños con árbores caídos, trabes, leña ou calquer impedimento. Ou meten os carros e os trebellos nun río; ou levan os dunha casa pra outra é o contrario. O caso é facer rír á xente e que os donos leven ben traballo pra recoller as cousas e volvelas traguer pró seu sitio. Dende logo, que ninguén se pode encabuxar por esta broma, sinon levala a ben e celebrala moito. 

As fogueiras 

Chámanse lumes, lumeiradas, fogueiras, cachelas ou cacharelas. Alcéndense xa nas primeiras horas da noite, despóis da cea.  En moitos lados alcenden iste lume con leña e ramallosa canto máis verde millor, de modo que dea moito fume, pois iste é bó pra afuxentar as bruxas e os espíritus ruís e pra purificar á xente. En torno ás grandes fogueiras danza e canta a multitude, indicando o seu carácter pruficador o salto dos mozos e mozas por riba do lume.  As fogueiras, como as cancións, respóstanse unhas ás outras.Así pasan a noite cantando e dando voltas arredor do lume, ou brincando por riba da fogueira uns atrás dos outro, sin medo de se queimaren, facendo invocacións como 


"Salto por enriba
do lume de San Xoán
pra que non me trabe
nin cobra nin can"


Nalgúns sitios, as moza que brinquen por riba da fogueira, sin tocar nas flamas, din que se casan dentro dun ano.  Pra ben ser, compre saltar varias veces, sempre en número impar, recitando a fórmula e saltando unha vez pra un lado i outra vez pra outro. 
A danza das cacharelas O acto de saltar chámanlle en moitos lados salvar. O millor, sobre todo prós que están enfermos, principalmente de pel, é brincar en pelico, ou sexa encoiro, pró cual os demáis que están alí, retíranse. Tamén pasan ós nenos por riba do lume, entre o padriño e a madriña, ou ben as consabidas tres Marías, empregando a coñecida fórmula: "Enfermo cho dou, devólvemo sano"; logo envólveno nunha saba de liño que non fora mollada. 


A danza das cacharelas


Enfeitar as casas 

É tamén costume poñer espetadas nas xuntas das pedras na parede das casas, penduradas nos corredores ou sinxelamente pousadas no peitoril das fiestras, herbas e frores do tempo, que aparecen alí á mañá cedo, semellando adornos. Nalgúns lugares esto é un obsequio que lle fan os mozos ás mozas quenes, unha vez cumprida esta obriga, xúntanse entre eles e van cantarlle as copras que a inspiración do momento lles fai saír das gorxas. Tamén se fai o mesmo coa intención máxica de escorrentar diaños e meigas.

O baño da media noite 

Na noite de San Xoán envivécese e colle maores virtudes que nunca a auga das fontes santas e milagreiras. Polo tanto, esa auga vólvese como un remedio universal que compre aproveitar meténdose nela ou, sinxelamente, lavándose ás doce en punto da noite. 


augaO peor é que tamén as bruxas fan usanza da auga destas fontes. Miden e reparten a auga de cada veciño, mais si queren mal a algún bótanlle a auga polo lombo. Outras veces lévana pra prepararen os seus meigallos. 

Tamén din que si, ó romper o día, tocan na auga, descobren os seus segredos e quedan limpas da bruxería. 

Non son somentes as bruxas das que din que andan soltas nesta noite milagreira sinón tamén os encantos, moitos dos cuales non se deixan ver máis que na amañecida de San Xoán . 

Por esta causa, o doente que vai tomar os baños nestas fontes tén que ter coidado de non se deixar levar do medo que lle poñan os aparecidos que pode atopar no camiño.


A frol da auga 

É un dos misterios máis extranos e máis poéticos da noite de San Xoán.

A fror da auga é a que se colle ó raiar o sol a ras da fonte, como si fora a tona en que viñeran á superficie tódalas virtudes e maravillas. 

De certas expresións que aparecen en ditos e coplas deducen algúns como se esta fror da auga fora traída por un páxaro no bico. Pode haber aiquí un trabucamento co acreencia de que a pinga de auga e de orballo que na amañecida de San Xoán trai un paxaro no peteiro e deita nunha fror ten as mesmas virtudes que a fror da auga. 


Tocantes a calquera das dúas cítase a seguinte fórmula: 


Día de San Xoán, alegre,
meniña, vaite lavar,
pillarás auga do páxaro
antes do que o sol raiar.
Irás o abrente do día
a auga fresca catar
da auga do paxariño
que saúde che ha de dar.
Corre, meniña,
vaite lavar
alá na fonte
te has de lavar,
e a fresca auga
desta amañecida
cor da cereixa
che tén que dar
Se arraiar,
se arraiará
tódalas meigas levará,
se arraióu,
xa arraióu,
tódalas meigas levou
Peladas era
peladas serán
todalas meigas
que andan polo chan.
Peladas son,
peladas eran
tódalas meigas
que andan pola terra.



Ler Romance da fror d´auga  (Manuel Murguía)


As nove ondas 

O caracter purificador - e tamén fecundador - das augas ponse de manifesto na tradición do baño das nove ondas, de Ermita da Lanzada forte tradición na praia de Lanzada, en Noalla - Sanxenxo. Ademais de ser un rito manciñeiro e curativo do meigallo, é tamén un rito de fecundidade que fai concebir ás mulleres estériles. 

Hanse bañar compretamente en coiro (segundo outros, en camisón) e as ondas que en realidade teñen valor, asegún dín, non son nove sinón sete. 

Cóntanas de dúas a nove, contando as nove pra colleren a ola grande, mais, en realidade, son sete as que toman. 

Nun romance popular que data sen dúbida do século XVI, a sabia, que denencanta ás que eran víctimas do sortilexio das meigas, ordénalles a purificación con estas palabras. 


Ide tomar nove ondas
antes de que saia o día
e levarédes con vosco
as nove follas da oliva.



Na xurisprudencia irlandesa, a distancia de nove ondas foi a que se estableceu entre inimigos, coma se creesen que estas foran bastantes para purificalos dos seus mutuos odios. E, cousa singular, o primeiro que pronunciou esta sentencia foi o bardo Amergin, que as lendas fan ir de Galicia a Irlanda.

As herbas de San Xoán 

Nunha gran tina de auga bótanse rosas de tódolos tipos e certas herbas recendentes, e deixase toda a noite ao descuberto -prefrible sobre o tellado- pra que adequira o poder do Santo. Ao día seguinte pola mañán tódolos membros da familia, en especial os nenos, teñen que lavarse con esta auga milagreira, que, por certo, arrecende maravillosamente (ule a rosas, xa se ve)

É unha usanza común a toda Galicia o recoller na tarde e na noite de San Xoán diferentes herbas e flores, botalas en auga e deixalas na auga ó sereno pra que collan o orballo desta noite prá mañá lavárense todos naquela auga. 

As herbas que se collen pra iste uso son: os sanxoáns, alcroques ou abrulas (dixital); o fiuncho ou fiollo; o codeso; o fento macho; o trovisco; ponlas de nogueira, ponlas de ameneiro ou amieiro; espadana; sabugueiro; romeu; malvas; Romeo artemisa; arzáis; rosas de nabo; ágramo; herbas de San Pedro; rosas de sábrego; poutas de lobo; herba de nosa señora (matricaria); follas de carballo, castiñeiro; rosmaniño; perpetua; roseiras;... 

Esta auga, en que estiveron de remollo as herbas, tén propiedades manciñeiras, máxicas, pra curaren dos aires lurpios, envexas, etc. e cosméticas, para pór mais bonitas ás mozas e darlles boas cores e finura de pel. 

Na noite de San Xoán, se as mozas meten certas herbas debaixo do cabezal poden ver en soños ó home con que van casar. 

Pódese saber a sorte dun ausente colgando no leito herbas de San Xoan e vendo pró outro día si están verdes ou si secaron; así iralleó que está lonxe, ben ou mal. 

Tamén é a noite propicia pra curaren ós nenos do engadino e das esbrilladuras. Fenden en dous un carballo e pasan ó rapaz pola fendedela, intervindo dúas Marías ou unha María e un Xan, pasándollo un ó outro tres veces decindo "Toma María - Daca Xoán - Doucho crebado - Darásmo Sán". Logo atan o árbore ben atado, asegún estaba, e si solda é que o neno cura, sinón é que non cura. 

As sete herbas básicas son : a herba de San Xoán que limpa a cara de grans, o fiuncho é a que corre ós malos espíritos, a herba luisa sempre foi moi usada para todo, especialmente para as dores de estómago, o codeso ou piorno, o fento macho é moi apreciado contra as tenias pero ten que ser usado con moito coidado pois é velenoso, a malva úsase para resfriados, bronquitis, problemas dixestivos, e o romeu para reuma, artrite, dores de gorxa.

O baile do sol 

Baila o sol
pola mañán
de San Xoán.

San Xoán pediulle a Cristo
que nono adormentase,
para ver bailar-o sol
o día da súa romaxe.

O día de San Xoan, pola mañán, o sol baila no firmamento, e ao seu ritmo bailan tódalas meigas da terra. 
Na noite de San Xoán, como na de San Silvestre, o derradeiro día do ano, as meigas acostuman a ir a xuntanzas co demo, e a introducir meigallos no corpo das persoas. unha das maneiras utilizadas polas bruxas é a traves do leite, polo que é preciso gardalo en lugar que fique fóra do seu alcanzo.

O orballo 

As mesmas virtudes, e aínda maores, que as da auga desta noite, ten o orballo. Cecáis as das augas, as das herbas, as dos árbores, lles veñan do orballo, como indica a condición de deixar as cousas ó sereo. 

Pra curar a sarna, durmen os enfermos en coiro, antremedio do centeo, pra colleren o orballo da noite toda; ou métense polas searas molladas á mañanciña, enantes de saíro o sol; ou embórcanse a esa hora na herba dos prados; ou refréganse contra dun carballo, ás doce da noite, deixando a roupa pendurada nunha ponla.. 
O orballo de San Xoán élle moi bo tamén á facenda, polo cual en moitas partes de Galiza sácana pra que o tomen, ou fan que crucen un riachuelo (ou que pasen por riba das cinzas da fogueira da noite anterior). 

Herba de San Xoán O orballo desta noite dá virtudes, ou fai medrar as das herbas manciñeiras polo que, recollidas nese intre, son moito millores. 

Aínda acontece que o que non teña escrúpulos en se valer das forzas endiañadas pódese facer doadamente, nesta noite, cun demiño familiar que o obedeza. Pondo un lenzo ou unha servilleta de lamanisco por riba ou por baixo dun fento, atópaa á mañá chea de demiños pequerrechiños. Esto debe ter relación co que se dí no Ciprianillo encol da semente do fento. No Ciprianillo, como nas Gacetas referentes ós tesouros, fanse moitas mencións da noite de San Xoán, incluso como a máis doada prós desencantamentos. 

Tamén hai que falar da "sorte do ovo" : ás doce en punto da noite de San Xoán cáscase un ovo e déitase nun vaso de auga que se deixa despóis ó sereo deica que amañece. Despóis, á mañá, vaise ver e o ovo tomóu a forma unhas veces dun barco, outras dunha capela, outras doutra cousa calquera, e polo que alí se vé adivíñase ben cal sexa a sorte se ha ter no ano, deica o día de San Xoán do vindeiro, os acontecementos e traballos que se han pasar, o oficio do home con quen a moza ha casar, etc. 

Polo derradeiro, o orballo de San Xoán favorece tamén ás cousas inanimadas: posta ó orballo de San Xoán a roupa de lá, non colle a couza ou traza, polo cual aconséllase, denantes de gardala nos armarios, póla á orballada desta noite. 

Autores ocultistas recollen tradiciós máis ou menos atinadas da Edade Media e do Renacimento; así se fala do orballo en relación co sol e máis cos astros, como si o orballo trouxera disolta a luz solar ou a enerxía astral; os alquimistas falaban do ros coctus, en relación coa pedra filosofal. Por outro lado, o orballo tén súa significación en certos sistemas de meiciña naturista e similares, como na hidroterapia do Abate Kneipp, o cual aconsellaba os paseos á mañá, cos pés descalzos, riba da herba mollada. 


A noite de San Xoán é a noite máis meiga do ano.



FONTES CONSULTADAS:


Textos de Xosé C. Víllaverde Román. Xuño 1991

"Etnografia Galega", Xesús Taboada Chivite. Editorial Galaxia. "Os cubos astrais en Galicia" Fernando Alonso 
Romero. Brigantium III. Museo Arqueolóxico de A Coruña. "San Xoán". Gran Enciclopedia Gallega. Silverio Cañada , "Etnografía. Cultura espiritual" - Vicente Risco, "Galicia" - Manuel Murguía, "Antropología cultural de Galicia" - Carmelo Lisón Tolosana, "Breviario enciclopédico"- Eladio Rodríguez Gónzalez , Herbas de San Xoán