Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

A FESTA DO BOI

GZ-36818 Ventosela de Redondela, Segunda-Feira, 29 de avril do 2013

 

Moita e transparente auga baixou polo Alvedosa abaixo, camiño da Ria de Redondela, dende que sinto especial agarimo, respeto e comprensión pola benquerida Galiza toda, na cal compre engadir as comarcas inxustamente deturpadas de Seabra, Eo-Navia, Bierzo, e a espallada diáspora www.galiciaespallada.com.ar, e por suposto non faltaria mais, polos povos irmáns de Galeusca en xeral. Doutro xeito istes humáns sentimentos de emigrante retornado da Suiça, non me privan, tódolo contrario de sere crítico cando compre e creo necesario, como é de manifestar agora e hoxe o meu mais vigoroso desacordo, coa FESTA DO BOI de Allariz ( Ourense-Galiza ). Festa considerada de Interese Turístico. Sobor da mesma escribe o tríptico de difusión turística, que collin nunha afábel e profesional libreria da vila, fermosa e monumental localidade as ribeiras do Arnoia www.youtube.com, nunha se cadra demasiado breve visita que fixemos-lle, hai uns dias, a muller, unha sobriña e un voso servidor:


EN ALLARIZ DENDE 1317


A Festa do Boi lembra un feito acaecido en Allariz
no ano 1317, cando un fidalgo chamado Xan de
Arzúa escorrentou, a lombos dun boi, ós xudeus que
se mofaban da procesión cristiá do Corpus Christi.
Dende entón, o pobo revive cada ano aquel
acontecemento correndo un boi polas rúas e
rememorando o seu pasado medieval con danzas,
gremios e figuras que propician a transformación
de Allariz nunha vila máis histórica, maís auténtica
e máis espléndida ca nunca.

 

Mália teña as miñas dúbidas sobor dista afirmación ou versión histórica, é dicir da devandita mofa dos xudeus, respecto a procesión do Corpus Christi, pra min reitero ista infeliz como gratuita acusación pareceme unha mais das milleiras difamacións e persecucións sofridas ao longo dos séculos polo povo israelita, denantes e despóis da desfeita do Templo de Xerusalén, até hoxendia.

Que moi ben ilustran por exemplo as revistas mensuais Sàpiens, en idioma catalán, número 128 co “ Dossier Especial Jueus a Catalunya “ e “ Historia y Vida, en castelán, 04 / 2013 “ Los judios en España - Los mitos e intereses que llevaron a su expulsión “. Polo seu rigor e calidade aconsello decontado a sua consulta e lectura, en especial maneira da catalana, moito mais completa.

Persoalmente non teño ningunha prévia antipatia pola Asociación Cultural Xan de Arzúa festadoboi@allariz.com, e moito menos polo Concello de Allariz www.allariz.com, e menos ainda polo programa que artellou en honor e lembranza da devandita Festa do Boi.

Soio moléstame profundamente, ao igoal que as corridas de toros e asemade os “ correbous de la Catalunya meridional “, que hoxendia mália sexa somentes coa escusa festiva, pra mais escárnio segundo algúns de valor cultural, pervivan nas nosas festas, folclore e tradicións nacionais galegas, de nación sen estado, semellantes barbaridades, e no caso de Allariz por riba con pegada antisemita. Antisemitismo militante e noxento que eu ainda lembro con viva clareza, cando de raparigo o nacionalcatolicismo franquista, onde Rouco Varela atinxe as suas creenzas, mais políticas que relixiosas, obrigábanme pola Semana Santa matraca en mán ficar embora con barullo de seu os cativos xudeus da igrexa de Xuneda ( CAT- Baix Urgell ). Xudeus que na miña infantil e cándida ignoráncia nin sabia de quen realmente se trataba, o importante era crear en min un odioso desprezo a prol dos mesmos, e dicir rexeitamento por todo aquelo que é diferente a nós, evidentes maneiras nas cales os casteláns de sempre – vellos e novos - son mestres diplomados. Basta con ollar e ler a sua história pasada e presente.

Polo tanto no nome da cultura, da democrácia, da humanidade, e sobor de todo das persoas, pido e convido ao Concello galego de Allariz, de desterrar ista aldraxante festa do sua axenda municipal, do seu local calendario, e no seu logar se cadra, podedes orgaizar un semellante evento, onde o seu fundamento e motor sexa por moitos a escarnecida galeguidade, galeguidade onde por ventura vin con tanta forza visual , plástica e viva latexar e vivir con normalidade, nas suas ruas e prazas, nos seus viciños. Ruas feitas de pedra ben traballada, por artistas canteiros, como son tódolos galegos, no punto de quedar namorado da mesma, dunha vila na cal pra min seria un ledo gosto morar e morrer en galego, como un bo fillo adoptivo da terra de Breogán. Vila na cal entre outros persoeiros residiu e casou Vicente Risco, de onde era filla a sua muller.

Allariz por favor faime caso, troca a Festa do Boi, pola Festa Maior da GALEGUIDADE UNIVERSAL. Co abraiento antisemitismo e con o resto dos “ismos “ que temos na nosa entorna, non imos a ningures. ... Imos ao desastre de cabeza.

 

Pere-Albert Barrufet-Couñago
40 802 593
Cova da Raposa
Estrada de Castiñeira, 13 GZ-36818 Ventosela de Redondela