Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Xosé Luís Méndez Ferrin

De "Poesía enteira de Heriberto Bens

 

«...y no hallé cosa en que poner los ojos...»

QUEVEDO

Vacas no camiño. Fotografía propiedade de Teresa Márquez


Terra de proseguir e non dar nada,
despaciosa Galicia que nos levas
acochados en tí!. Lento veleno
que pon nos ollos unha cousa verde!.

Língoa que me enche a boca enteiramente
e coma un río interno me asolaga.
Quero decir teu nome e digo apenas
xente de terra, homes lentamente
ún por ún devecendo e sendo nada.

Galicia coma un rio que se estiña,
terra de esmorecer, patria do vento!.

Quero decir teu nome e digo dorna
valeira, mergullada dorna negra,
grande arado sen bois, feira sen xente,
noite que ven, enorme noite fria...


Quixera alzar meu canto coma un puño
e pór na miña voz teu nome ergueito
pero non hai ninguén para escoitarme.


De "Poesía enteira de Heriberto Bens"