Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Rosalía de Castro - Escolma poética - Cantares Gallegos



Rosalía de CastroCantares gallegos", 1863

Rosalía 

de Castro

Prólogo



Grande atrevemento é, sin duda, pra un probe inxenio como o que me cadrou ensorte, dar á luz un libro cuias páxinas debían estar cheias de sol, de armonía e daquela naturafidade que, unida a unha fonda ternura, a un arrulo incesante de palabriñas mimosas e sentidas, forman a maior belleza dos nosos cantos populares. Á poesía gallega, toda música e vaguedade, toda queixas, sospiros e doces sonrisiñas, mormuxando unhas veces cos ventos misteriosos dos bosques, brilando outras co raio de sol que cai sereniño por enriba das auguas dun río farto e grave que corre baixo as ramas dos salgueiros en frol, compríalle para ser cantada un esprito subrime e cristaíño, si así o podemos decir; unha inspiración fecunda como a vexetación que hermosea esta nosa privilexiada terra; e, sobre todo, un sentimento delicado e penetrante, para dar a conocer tantas bellezas de pirmeiro orden, tanto fuxitivo raio de hermosura como se desprende de cada costume, de cada pensamento escapado a este pobo a quen moitos chaman estúpido e a quen quisais xuzguen insensibre, estrano á devina poesía. Mais naide ten menos que eu teño as grandes cualidades que son precisas pra levar a cabo obra tan difícile, anque naide tampouco se pudo acharanimado dun máis bon deseo pra cantar as bellezas da nosa terra naquel dialecto soavee mimoso que queren facer bárbaro os que non saben que aventaxa ás demais linguas en dozura e armonía. Por esto, inda achándome débil en forzas e non habendo deprendido en máis escola que a dos nosos probes aldeáns, guiada solo por aqueles cantares,aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que tan docemente resoaron nos meus oídos desde a cuna e que foran recollidos polo meu corazón como herencia propia, atrevínme a escribir estos cantares, esforzándome en dar a conocer como algunhas das nosas poéticas costumes inda conservan certa frescura patriarcal e primitiva, e como o noso dialecto doce e sonoro é tan apropósito como o pirmeiro para toda clase de versificación.

As miñas forzas, é certo, quedaron moito máis abaixo do que alcanzaran os meus deseios, e por eso, comprendendo canto poidera facer nesto un gran poeta, dóiome inda máis da miña insuficenza. O Libro dos Cantares de don Antonio Trueba, que me inspirara e dera alento pra levar a cabo este traballo, pasa polo meu pensamento como un remorso, e casi asoman as bágoas ós meus ollos ó pensar como Galicia se levantaría hastra o lugar que lle corresponde si un poeta como Antón o dos Cantares fose o destinado pra dar a conocer as súas bellezas e as súas costumes. Mais a miña infelizpatria, tan desventurada nesto como en todo o máis, tense que contentar cunhas páxinas frías e insulsas, que apenas serían dinas de achegarse de lonxe ás portas do Parnaso como non fose polo nobre sentimento que as creou. ¡Que esto mesmo me sirva de disculpa pra os que xustamente quirtiquen as miñas faltas, pois penso que o que se esforza por desvanecer os errores que manchan e ofenden inxustamente á súa patria, é acreedore a algunha indulxencia!

Cantos, bágoas, queixas, sospiros, seráns, romerías, paisaxes, devesas, pinares, soidades, ribeiras, costumes, todo aquelo, en fin, que pola súa forma e colorido é dino de ser cantado, todo o que tuvo un eco, unha voz, un runxido por leve que fose, con tal que chegase a conmoverme, todo esto me atrevín a cantar neste homilde libro pra desir unha vez siquera i anque sea torpemente, ós que sin razón nin conocemento algún nos desprezan, que a nosa terra é dina de alabanzas, e que a nosa lingua non é aquela que bastardean e champurran torpemente nas máis ilustradísimas provincias cunha risa de mofa que, a desir verdade (por máis que ésta sea dura), demostra a iñorancia máis crasa i a máis imperdoable inxusticia que pode facer unha provincia a outra provincia hirmán por probe que ésta sea. Mais he aquí que o máis triste nesta cuestión é a falsedade con que fóra de aquí pintan así ós fillos de Galicia como a Galicia mesma, a quen xeneralmente xuzgan o máis despreciable e feio de España, cando
acaso sea o máis hermoso e dino de alabanza.

Non quero ferir con esto a susceptibilidade de naide, anque, a decir verdade, ben poidera perdonárselle este pequeno desafogo a quen tan ferida foi de todos. Mais eu que atravesei repetidas veces aquelas soledades de Castilla que dan idea do  deserto; eu que recorrín a feraz Estremadura e a estensa Mancha, donde o sol cai a promo alomeando monótonos campos donde o cor da palla seca presta un tono cansado ó paisaxe que rinde e entristece o esprito, sin unha herbiña que distraia a mirada que vai perderse nun ceo sin nubes, tan igual e tan cansado como a terra que crobe; eu que visitei os celebrados arredores de Alicante, donde os olivos co seu verde escuro, sembrados en fila e de raro en raro, parecen chorar de verse tan solitarios, e vin aquela famosa horta de Murcia, tan nomeada e tan alabada, e que, cansada e monótona como o resto daquel paíse, amostra a súa vexetación tal como paisaxes pintados nun cartón con árbores postos simétricamente e en carreiriños para divertisión dos nenos, eu non podo menos de indignarnie cando os fillos desas provincias que Dios favoreceu en fartura, pero non na belleza dos campos, búlranse desta Galicia competidora en clima e galanura cos países máis encantadores da terra, esta Galicia donde todo é espontáneo na natureza e en donde a man do home cede o seu posto á man de Dios.

Lagos, cascadas, torrentes, veigas froridas, valles, montañas, ceos azues e serenos como os de Italia, horizontes nubrados e melancónicos anque sempre hermosos como os tan alabados da Suiza, ribeiras apacibres e sereniñas, cabos tempestuosos que aterran e adimiran pola súa xigantesca e xorda cólera.... mares imensos... ¿Que direi mais? Non hai pruma que poida enumerar tanto encanto reunido. A terra cuberta en tódalas estacións de herbiñas e de frores, os montes cheios de pinos, de robres e salgueiros, os lixeiros ventos que pasan, as fontes i os torrentes derramándose fervedores e cristaíños, vran e inverno, xa polos risoños campos xa en profundas e sombrisas hondanadas... Galicia é sempre un xardín donde se respiran aromas puros, frescura e poesía... E a pesar desto chega a tanto a fatuidade dos iñorantes, a tanto a indina preocupación que contra a nosa terra esiste, que inda os mesmos que poideron contemprar tanta hermosura (xa non falamos dos que se bulran de nós sin que xamais nos haian visto nin aínda de lonxe, que son os máis), inda os que penetraron en Galicia e gozaron das delicias que ofrece, atrevéronse a decir que Galicia era...¡¡un cortello inmundo!!... ¡I estos eran quisais fillos... daquelas terras abrasadas de onde hastra os paxariños foxen!... ¿Que diremos a esto? Nada máis sinón que taes fatuidades respecto do noso país teñen algunha comparanza cas dos franceses ó falar das súas eternas vitorias ganadas ós españoles. España nunca, nunca os venceu; polo contrario, sempre saleu vencida, derrotada, homillada; e o máis triste desto é que «val» antre eles tan infame mentira, así como «val» pra a seca Castilla, pra a deserta Mancha e pra tódalas demais provincias de España -ningunha comparada en verdadeira belleza de paisaxe coa nosa- que Galicia é o rincón máis despreciable da terra. Ben din que todo neste mundo está compensado, e ven así a sofrir España dunha nación veciña que sempre a ofendeu, a misma inxusticia que ela, inda máis culpabre, comete cunha provincia homillada de quen nunca se acorda, como non sea pra homillala inda máis. Moito sinto as inxusticias con que nos favorecen os franceses, pro neste momento casi lles estou agradecida, pois que me proporcionan un medio de facerlle máis palpabre a España a inxusticia que ela á súa vez conosco comete.

Foi este o móvil principal que me impeleu a pubricar este libro que, máis quenadie, conozo que necesita a indulxencia de todos. Sin gramática nin regras deningunha clas, o lector topará moitas veces faltas de ortografía, xiros que disoarános oídos dun purista; pro ó menos, e pra disculpar en algo estes defectos, puxen omaior coidado en reprodusir o verdadeiro esprito do noso pobo, e penso que o conseguín en algo... si ben dunha maneira débil e froxa. ¡Queira o ceo que outro máis afertunado que eu poida describir cos seus cores verdadeiros os cuadros encantadores que por aquí se atopan, inda no rincón máis escondido e olvidado, pra que así, ó menos en fama xa que non en proveito, gane e se vexa co respeto e adimiración merecidas esta infortunada Galicia!

Rosalía de Castro de Murguía   Prólogo da autora

 

volver a:  rosalía de castro