Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Emilio Pita


Emilio PitaEmilio Pita naceu na cidade da Coruña en 1909 *** e con tan só doce anos emigrou a Bos Aires. Regresou á Galiza cando se proclamou a II República, onde viviu durante os anos 1933 e 1934. Logo marchou de novo e non voltou a visitar a terra natal.

Pita, que comezara a traballar nunha casa comercial de Bos Aires, foi un autodidacta que chegou a posuír unha grande formación literaria e musical.

Na década de trinta comezou a colaborar con publicacións nacionalistas da propia Galiza, escribindo artigos para a Revista Nós de Santiago e Yunque de Lugo.

Publicou algúns libros de versos: Jacobusland (1942), Cantigas de nenos (1944), Os relembros. As cantigas (1959),O ronsel verdegal (1964) e Serán (1974). En 1963 presentou o poemario Polos camiños do pobo ao premio Rosalía de Castro do Centro Galego de Bos Aires, libro que sería editado postumamente en 1999. Con motivo da aparición do seu libro Os relembros. As cantigas, en 1959, fíxoselle unha homenaxe nos salóns do Centro Pontevedrés Bonaerense; alí estaban presentes diversas delegacións de Centros Galegos e interviron para falaren da figura e obra poética de Emilio Pita,  style="font-family: Verdana, Arial, Helvetica, sans-serif; font-size: 12px; font-style: normal; text-decoration: none; font-weight: normal;">Eduardo Blanco Amor e Ramón Súarez Picallo.

Compuxo numerosos poemas, algúns dos cales aparecen recollidos no Cancioneiro da loita galega, editado en México en 1943 polo Partido Galeguista. Xunto con Lorenzo Varela e Luís Seoane, é un dos primeiros escritores do noso social-realismo poético.

Alén de poeta e xornalista, o escritor herculino foi tamén musicólogo; o seu amor pola música galega levouno a fundar o cuarteto Ultreya coa finalidade de difundir a nosa música tradicional. Con anterioridade participara na dirección artística do Coro Lembranzas de Ultreya, fundado en 1932.

Membro correspondente da Real Academia Galega, escribiu a parte dedicada á música e danza da Historia deGaliza dirixida por Ramón Otero Pedrayo, e foi autor dun traballo sobre música popular galega.


Faleceu en 1981.

 

A súa Obra

 

Cantigas de nenos
Jacobusland
O ronsel verdegal
Os relembros. As cantigas
Poemas pola memoria (1936-2006)
Polos camiños do pobo
Serán
Verbas á mocedade galega

 

Fuente: Biblioteca Virtual Galega

 

(***) Recibimos a seguinte aclaración dun dos nosos lectores:

 

Queridos amigos: les escribo desde Córdoba - Argentina, yo soy sobrino de Emilio Pita, éste era hermano de mi padre Antonio, y los molesto para que modifiquen la fecha de nacimiento de Emilio, ya que en 1909, en A Coruña nació su hermano Antonio. Ustedes pueden verificarlo allí mismo, pero Emilio debió haber nacido en 1907 o antes, ya que era mayor que mi padre.
Muchas gracias, Eduardo Pita

Damos as grazas pola aclaración a Eduardo Pita.