Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Decateime axiña


Debo ter durmido as horas que non durmo endexamais. Non durmo case ren...
¡ Que facela ! ¡ estou vello, escaralleime nun intre, teño que levar o espello ao outro cuarto ! E ¿ onde está a miña Maruxa ? Espero que non outra vez na casa dese Xesús. ¡ Que nova está ela no retrato do moble ! E eu, coitadiño, pasáronme os anos tódolos por derriba. ¿ Pero que fai ela soa na foto ? ¡ tíñase ollado tan grande egoísmo ! E logo, ¿ u-lo é a Maruxiña ?

- ¡ Maruxa !

Non, non se atopa na casa. Terá de estar co paifoco ese, ¡ manda carallo co ese larchán ! ¿ E estes remedios ? Non me dixo que estivera doente. Estame a agochar algunhas cousas. Seguro tomou partido ese Xesús; a el cóntalle todo. Seguro que lle conta todo. ¿ E que é isto á beira da foto ? ¿ Que son estas flores, estas camelias ? ¿ Mandoullas o Xesús ? ¡ Vou matalos ós dous !

Mira que hora é, e eu non teño xantado ren. ¿ Por que non fixo a comida ? ¿ E cando vén ? ¡ Can de lóstrego ! Vou ver que atopo na cociña.

Hai comida feita aínda que todo é verzas; nin un anaco de porco que é unha ledicia. Nin unha larpeirada. ¡ Coño, está muller está a querer enfraquecer !

¡ Seguro polo Xesús ese ! Non hai azucre, non hai un anaco de xamón, non hai queixo nin viño, non hai sardiñas, non hai un carallo... ¡ Onde veuse unha casa sen sardiñas ! En América soamente, na casa da filla en Bos Aires. ¡ Que xeito de xantar vitela en Arxentina ! Pero nunca me acostumei a vivir sen sardiñas frescas. Alá é distinto; estes arxentinos non xantan sardiñas, non xantan polbo, non van pescar, ¡ nin o cocho xantan !

¡ Boh !, polo menos algún peixe atopei, unhas pescadas...
Póñoas con unhas patacas ó forno e rematou o problema.
¡ Ala ! ¡ ala ! ¡ ide dentro do forno ! ¡ a quentarvos no inferno pescadas !
Vou ver se a vexo fóra a esta muller, debe de estar falando coa veciña como fai sempre. ¿ Onde deixei as chaves da porta ? ¿ Deixoume encerrado ? ¡ Non dou creto ! Pero ¿ que pensa esta muller que son eu ? ¡ Voucho dicilo cando chegues ! ¡ Me caghu no demo ! ¡ Voucho dicilo !
¡ Ah ! Tíñaas eu as chaves. A ver que me di Carmiña...
- ¡ Carmiña ! ¿ viches á miña muller ?
- ¡ Ay Manoliño ! ¡ Xa vai a túa filla para alá !

Pero que di esta muller... ¿ Pilariña veu de Bos Aires ? Entón é por iso que non está Maruxa, foi buscala... ¿ Pero que pasou que veu sen chamar ?

¿ Pelexaríase co seu home ? Eu dixen que non lle conviña ese folgazán ...
¿ Que pisei ? O Faro de Vigo, logo. Mentres espero a Maruxa e máis a miña filla vou ler o xornal. Agora si que teño acougo lendo deitado no sofá.
¡ Cantas trangalladas publicaron hoxe ! ¡ Este xornal non se pode ler ! ¿ Que é isto do Prestige por acá e por acolá ? ¿ que data é hoxe ?

E do Plus Ultra ¿ ren ? ¡ Non vou mercar máis esta merda !
¿ Qué é este cheiro ? ¿ E ese fume ? ¡ Vén da cociña ! ¡ Meu Deus, queimouse a comida !
- ¡ Maruxa !
¿ Onde se meteu esta muller ? Debe de estar co Xesús ¡ sempre está co seu Xesús ! ¡ E isto non se pode comer carallo ! ¡ Ai ! ¡ queimeime a man !
¡ Aí vén, rematou de chegar ! ¡ Escoito as chaves na porta !
¿ Pero quen é esta muller e como ten chave da miña casa ?
- ¡ Papá ! ¿ que é ese fume ? ¡ Por Deus papá vas matarme ! ¿ esqueciches as píldoras de novo ?

 

Ulises Pimentel Viaño


 

Estimado Señor Ulises José Pimentel Viaño, por la presente la directora del Centro Cultural Rosalia de Castro Roac 2045 tiene el  honor de informarle que ha sido galardonado con el premio especial al cuento en Galego con su obra "DECATEIME AXIÑA" y el premio se entregará el día 11 de Noviembre en la sede del ABC del Corcubión de Vivente López  situado en Bartolomé Cruz  1871 altura Avda. del Libertador al 1800, lo esperamos  alrededor de las 13hs.  para que comparta con nosotros el almuerzo que haremos en honor a los 85 años de nuestro querido Club y esta sirva de invitación si no le llegara por correo oficial;  el premio consta de trofeo y diploma, luego del almuerzo se entregarán los premios y compartiremos con usted este hermoso momento. Lo saluda con la mayor deferencia.

    

Stella Maris Latorre directora del C.C. Rosalía de Castro Roac 2045.