Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

A VIRXE DO CRISTAL

(Manuel Curros Enríquez)Santuario da Virxe do Cristal, Celanova, Ourense

 

Santuario da Virxe doCristal

Celanova, Ourense

 

 

 

iv


Namentres, icoitadiña!, a nena namorada,
de pena esmorecida, chorando a fío está;
mais vive do castelo na cámara aleixada
e naida dos seus males se compadecerá.
¡Miraina! Polo lombo caíndolle o cabelo,
os ollos arrasados, partido o corazón,
meteuse no seu carto, pechou co taravelo
i está, imiña cousiña!, xemendo nun rincón.
Da alcoba en que ela dorme pola alta lumieira,
de albahacas tapizada, mapolas i alelís,
esbara o branco raio da lúa pracenteira
i o recendente aroma da campesina bris.
Dalí, Rosiña escoita o burbullar do río
que do castelo preto dende us penedos cai,
dos páxaros da noite o resonante pío
i a música que o vento nas alboradas fai.
Mais ten tan consumido o corazón de pena,
que en nada topar pode consolo nin pracer,
e chora que te chora, como unha Madalenal,
dá lástema, abofellas, dá lástema de a ver.
Primeiro desengano do noso amor primeiro,
que trás contigo o frío dunha mañá sin sol,
¡tu rosnos como os vermes a fror do laranxeiro,
i o corazón nos trocas en seco pirifol!
Por onde pasas deixas a baba corrompida
da lesme venenosa, amarga como a fel,
convirtes nun infemo a máis hermosa vida,
detrás de ti non queda sinón fastío cruel!
No peito remordida por ese desengano,
Rosiña desbautízase, murchada de pesar;
enxúgase as bagullas ca punta do seu pano
i escrama moitas veces, volvéndoas derramar:
"¡Eu, que así Dios me salve, si entendo o que me dixo!
De algunha malquerencia calunia debe ser,
porque cu xurar xurara, ó pé dun crucifixo,
que a nadia máis qu'el quixen, nin penso máis querer.
Si probas me el pidira e darllas eu pudese;
si a arquiña das virtudes poidéralle amostrar,
vería que, gardada, anqu'el non lle interese,
aquela virtú teño que é meu deber gardar".
De solouzar ó cabo e pelexar cansada
con tanto pensamento que na cabeza ten,
a coitadiña Rosa deitouse apesarado,
no cabezal chantando a fatigada sen.
Pouquiño a pouco os ollos fóronselle pechando,
doíñas acendidas na lus dun puro amor,
i á Virxen entre dentes unha oración rezando,
quedouse adonnecida nun sono encantador.
Estonces, unha Señora
toda de lus rodeada,
de estreliñas coroada
que como diamantes son,
cun mantelo na cabeza
de pano negro, moi lindo,
caladamente, surrindo,
entrou pola habitación.
Nunca se víu neste mundo
máis feiticeira criatura,
nin pra tan grande hermosura
comparación pode haber:
por ollos ten dous luceiros,
por dentes, pelras dos mares,
por greñas, raios solares,
por risa... un amañecer.
Das orellas pendurados
leva us aretes de lume,
e por gallega costume,
dengue de pano sedán;
zoquiños de pau de almendro
nos pés de feitura enana,
i ó cinto unha muradana
con plegues que xenio dan.
Pasiño a paso, chegouse
á cama en que dorme Rosa,
e botándolle graciosa
unha mirada de amor,
díxolle cun tono brando
que música parecía:
"Rosiña, a Virxe María
traiche consolo e favor".
"Eu ben sei que a túa ialma
está cuberta de loito;
eu ben sei que sofres moito
porque hai quen duda de ti;
pero eu, que dendes do ceo
coido daquél que me chama,
eu farei -¿si?- que a túa fama
quede cal foi hastra aquí".
"Non chores, miña pequena,
non chores máis, pastoriña;
eu velo por ti, miniña,
ti da miña conta estás.
Martiño estará pesante
mañá quizais do que figo;
pasado serei contigo
no monte, si ó monte vas".
Calouse Nosa Señora
i envolta en dourada nube,
rube... que rube... que rube,
perdeuse na inmensidá.
Rosa quedouse dormindo
a seu pracer e regalo.
Pronto espertará: xa o galo
cantou. ventando a mañá.