Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Cronoloxía de Galicia

            AUTORES:   Santiago Bernárdez Martínez e outros

              

3500 A.C. Período do megalitismo.

1200-1000 A.C. Continxente de povos  indoeuropeos establecen-se en Galiza, traendo a cultura do bronce.

1000-300 A.C. Asentamento de pobos de orixe céltica en Galiza. Comezo da idade do ferro e a "cultura dos castros".

 

 

 

Castro de Santa Tegra

 

CASTRO DE SANTA TEGRA,  PONTEVEDRA

 

 

242-230 A.C. Segundo Silicius, mercenários galegos loitan nas filas dos exércitos de Aníbal contra das lexións romanas.

185 A.C. Unha frota romana chega a Brigantium (A Coruña).

139 A.C  Primeiras incursións romanas dirixidas  por Quinto Servilio Cepion no território da Gallaecia.

135 A.C. Decimus Junius Brutus fai incursións na Galiza. Fai  fronte às tribos de Gallaicos na batalla do rio Douro, segundo os cronistas romanos esta batalla deixou un balance de;  50,000 homes mortos, 6,000 presos e de somente  400 sobreviventes.Tamén avanzou perto as beiras do Miño.

110 A.C. O pretor romano Quinto Calpurnio Pisson organiza unha campaña militar no território da Gallaecia.

107 A.C. O pretor romano Quinto Servilio organiza unha campaña militar no território do Gallaecia.

103 A.C. As tropas de Quinto Cepión son masacradas polos "Callaicos" despois de dous anos de paz.

99 A.C. O pretor da Hispania Ulterior, Decius Junius Silanus obtén  unha grande vitória fronte as  tribos céltigas da Gallaecia e da Lusitania. 

 

 

 

Calzada romana en Ourense

 

CALZADA ROMANA NA PROVINCIA DE OURENSE

 

97 A.C. O pretor Lucius Cornelius Dolabella obtén outra grande vitória fronte as tribos galaicas e lusitanas.

61-60 A.C. Xullo Caesar ao mando dunha frota naval chega a Brigantium co obxectivo de acabar coas constantes rebelións. 

47-46 A.C. Fabius Maximus continuará as campañas militares como delegado de Xulio César.

43 A.C. Campaña militar de Lepidus.

38 A.C. Campaña militar de Domicianus Calvisio.

35 A.C. Campaña militar de Norbanus Flacu.

34 A.C. Campaña militar de Marcus Filipus.

33 A.C. Campaña militar de Claudius Pulcrus.

29 A.C. Campaña militar de Statilius Taurus.

28 A.C. Campaña militar de Caius Cassius Sabinius

29-17 A.C. Cesar Augusto penetra en território galego. Estrabón escrebe sobre os "Kallaikois" da Gallaecia..

26 A.C. As tropas de Cesar Augusto libran a batalla do monte Medulio contra os galaicos rebeldes. Os cronistas romanos Orosio e Floro divulgan esta batalla.

1 D.C. Primeiro ano da era cristiá, a Gallaecia  dividese en tres Conventus; LUCENSE (con capital en Lucus Augusta), BRACARENSE (con capital en Bracara Augusta) e ASTURICENSE (con capital en Asturica Augusta).

77 D.C. O censo romano elaborado por  Plinius Secundus Gaius (Plinio o vello) fala de;  285.000 homes livres  no Convento de Braga, 166.000 no de Lugo e 240.000 no de Astorga, correspondentes ós tres conventos da provincia chamada Gallaecia.

132 D.C. Os cónsules romanos Gneus Iulius Serius e Gneus Trebius Sergianus, asinan un acordo de paz coa tribo galega dos Coelerni.

268-280 D.C Construcción das murallas romanas de Lugo. 

 

Muralla romana de Lugo

 

MURALLA ROMANA DE LUGO

 

 

289 Diocleciano acomete a reorganización da Gallaecia e suma aos tres conventos xuridicos anteriores outro novo, o “Cluniacense” na fronteira leste coa provincia Tarraconense.310 Primeiras evidencias de cristianismo na Galiza (establecemento de Paleocristián do Temes)
317 Nace en Sabaria (Hungría) San Martiño de Tours, un dos primeiros eremitas europeos e fundador no monacato galego (do noroeste).
345 Nacimento de Prisciliano.
381-384 Viaxe da monxa priscilianista Exeria a Terra Santa.
380 Celebra-se o concílio de Zaragoza onde se condena o movimento e ascetismo das doutrinas priscilianistas.
385 Executan ao bispo de Ála, Prisciliano, en Tréveris (Alemaña) xunto con seis dos seus seguidores. Os cregos; Felicísimo e Armenio e os seus compañeiros Asarino, Aurelio, Latroniano e Eucrócia. A sua doctrina relixiosa deixará unha herdanza forte na sociedade galega asi coma moitas consecuencias políticas e culturais. 
400-430 Idade de ouro da cultura galega, ensaios filosóficos de Baquiário e de Idácio, quen viaxa a Oriente. As crónicas de Paulo Orosio e da monxa Exeria, que escreve o “Itinerarium” livro onde relata a sua pelegrinaxe a Palestina entre os anos 415 e 418.406 Os suevos traspasan a fronteira natural do Rhin.
407-410 Os povos teutónicos dos suevos e dos vándalos asdingos chegan a Gallaecia. Eles asinan con Roma un tratado (Foedus) polo cal fican acantonados e federados no território da provincia romana de Gallaecia. Aqui comeza o primeiro reino feudal de Europa en território do Império Romano.
A capital foi establecida inicialmente en Bracara (Braga) e mais adiante perto de Tui. O seu número era de entre trinta mil e cincuenta mil e o seu primeiro rei foi Hermerico.
Así comeza a Idade Meia Galega.
408 O emperador romano Honório proscrebe as doutrinas priscilianistas e comeza unha persecuzon represiva contra dos seus seguidores.
409 Paulo Orosio escrebe o História Adversum Paganos, traballo dirixido contra o paganismo e as doutrinas de Prisciliano. 
415 Un crego de Braga chamado Bachiário escrebe o ensaio teolóxico “De Fide”, como retracción persoal e pública das doutrinas priscilianistas.

419 Os vándalos asdingos que tiñan recibido terras no interior da Gallaecia enfrontan-se aos suevos nos montes Nerbasios (Ourense). Esta agresión serve-lle de pretexto ao “Comes Hispaniarum” Astério e ao “Vicarus” Maurocelo para atacaren aos vándalos asdingos.

422 Un exército Romano é enviado á Galiza para atacar aos asdingos que son derrotados.
Morre entón Gunderico, Rei dos vándalos asdingos.
427 Idácio Bispo de Chaves.
431 Idácio, viaxa à Galia para pedir ao “magister militium” Aécio que organice un ataque contra os suevos.435 Grupos de monxes ascetas provintes do Mediterráneo oriental se establecen en diversos pontos da Gallaecia e principalmente na costa.
438-448 Reinado do Suevo Requila, sucesor de Hermerico. Requila adopta unha actitude moi agresiva contra os galaicos (non teutónicos) e a igrexa católica. Enfronta-se aos bispos e favorece ao clero priscilianista. Tamén asina un novo “Foedus” con Roma e alizanzas coas tribos Bagudas (bandoleiros do norte peninsular que traballavan a cotío como mercenários) . Integrará no seu dominio o total da “Lusitania” e parte da “Bética”. Conquista “Hispalis” (Sevilla) e fai incursións na “Tarraconensis”.
446 Os Romanos, dirixidos desta vez por Vito “Magister Utriusque Militae” (Comandante das tropas compostas por Romanos e Visigodos) tentan ceivar-se dos Suevos mas son derrotados.448 Requiário, sucesor de Requila, coverte-se ao Catolicismo. El establece o primeiro reino independente de Roma no oeste de Europa. Tamén é o primeiro rei en cuñar moeda ao seu próprio nome.
449 Requiário se asocia cos Bagudas, dirixidos estes por un seu chefe chamado Basílio para saquearen xuntos Zaragoza, Lleida e Tarragona.
453 Acordo de paz entre hispano-romanos e suevos estabelecido polo “Comes Hispaniorum” Mansueto e polo Conde Frontán.456 Requiário infrinxe os acordos de paz e ataca o area “Cartaginense”. Invade tamén a área Tarraconense atacando ao Conde Frontán.Teodorico II, rei visigodo, atravesa os Pireneus camiño da Gallaecia, derrotando aos suevos cabo do rio Orbigo, perto de Astorga. Logo marcha até Braga, que é inteiramente saqueada sen poupar cidadáns civis cregos ou igrexas. Despois segue até o Porto vencendo a Requiário novamente e condenando-o a morte.
Finalmente, entrega o reino suevo a Agiulfo, "cliente" seu da tribo dos Varnas.
 Morre Teodorico II, rei dos visigodos. O estado Suevo entra en crise.
456-457 Frontán proclama-se Rei de Gallaecia. División temporal do Reino.
456-459 O xefe suevo chamado Maldras mata ao rei Agiulfo no castro do Porto e proclama-se rei da dividida Gallaecia.. Fortes conflictos sociais entre a poboazón Galaica e a clase dirixente Teutónica.
459 Rei Maldras é asasinado. Remismundo, fillo de Maldras, é proclamado Rei. mas outro pretendete, Frumário, destrona-o provocando unha nova divisón até 464.
460 Varios xefes galaicos son masacrados en Lugo durante a pascua. Remismundo casa coa neta de Teodorico.Outro exército visigodo, desta vez sen o apoio romano, apodera-se de Santarém. Frumário prende a Idácio, Bispo de Chaves durante algúns meses por liderar unha tentativa oculta de negociación entre a baixa nobreza galaica e Requimundo.
463 Os galaicos envian a Touluse a Palagório, un membro da antiga aristocrácia senatorial e conseguen suscitar unha nova intervención visigoda na Gallaecia. El pide a Reodorico que impoña a paz no seu pais. 
464 Morte de Frumário e Requimundo, chefes das fraccións suevas que luitan polo poder. Son sucedidos por Remismundo que re-unifica o Reino.
465 Paz cos Visisgodos e nova conversión dos Suevos ao “Arrianismo”. Remismundo converte ao priscilianismo en favor do bispo Galaico Ajax. Remismundo casa cunha princesa visigoda e recebe a investidura das armas do Rei Teodorico. Consolida-se así a alianza Suevo-Visigótica.
467 Os Suevos saquean Conímbrica, actual Coimbra.
468-550 Período Escuro. Teodomundo Rei (??).
468 Lusídio, governador romano de Olisipone (Lisboa), entrega a cidade aos suevos.
469 Os Suevos son obrigados a evacuar Lisboa. Eurico, novo rei dos visigodos, expulsa-os da Lusitánia, recuando eles até os territórios da vella Gallaecia. 
500-550 Emigración de britóns que escapando da Britania (por mor da invasión de saxons, xutos e anglos), se establecen en varias áreas da Gallaecia, principalmente no norte, onde máis tarde fundarán un bispado de seu, que se integra de cheo nos concilios relixiosos galegos do momento e onde terán participación con total normalidade.
510 Nacemento de San Martiño en Panónia (Bulgaria-Hungria).
538 Carta do papa Vixilo a Profuturo, arcebispo de Braga.
550 Carriarico rei de Gallaecia. Chegan á Galiza as reliquias de San Martiño de Tours. Neste mesmo ano desembarca na Galiza San Martiño (de Dumio) procedente da Panónia (na actual Bulgária), fara-se bispo de Dumio (actualmente Dume no norte de Portugal) e será a máis representativa figura da identidade Galaico-Sueva frente ao invasor Visigodo. El combateu o Priscilianismo e as expresións relixiosas paganas. Entre as suas obras cumpre destacar “De Correctione Rusticorum”.555 San Martiño (de Dumio) funda o mosteiro de Dumio, nas aforas de Braga.
556 San Martiño é nomeado bispo de Dumio.
558 Morte de Carriarico.
558-561 Ariamiro, rei dos suevos. 
561-570 Teodomiro rei dos suevos, quenes se converten enteiramente ao Catolicismo. Alianzas cos Bizantinos e Francos. Celebra-se o primeiro Concilio de Braga suscitado por San Martiño. O Bispo Maeloc da sé Britoniense asiste por primeira vez a este Concilio
569 Martiño de Dumio sucede ao bispo Lucrécio de Braga.
570-583 Reinado de Miro.
572 Segundo concilio de Braga. A organizazón político-relixiosa de Galiza cobra forma nun livro, o “Parrochiale Suevum”. O bispo Maeloc da sée Britoniense (no norte da Gallaecia) asiste por segunda vez a este concilio. Leovixildo dá morte a Miro no campo de batalla. Dende este momento Leovixildo fai-se coa autoridade sobre a tribo dos Arexenses (do centro-leste da Gallaecia).576 Eurico sucede a Miro no trono suevo.
579 Morte de San Martiño de Dumio bispo de Braga. El será depois considerado santo patrón da Galiza.
584 Revolta do chefe suevo Andeca contra Eurico, fillo de Miro. Eurico aceita a submisión a Leovixildo, rei dos visigodos. Andeca pecha a Eurico nun mostéiro e casa con Sisegúntia, viúva do rei Miro, fazendo-se así co trono dos suevos.
585 O rei visigodo Leovixildo invade a Gallaecia e derrota a Andeca en Braga e despois en Porto, incorporando-a a territorio visigodo.
 Leovixildo prende a Andeca e o pecha nun convento situado en Beja, no sur da Lusitania. Apodera-se do tesouro real e anexiona o reino dos suevos. De nada lle vale a intervenzón das tropas burgundas enviadas polo rei Gontran (de Borgoña) e destrozadas no Cantábrico nen a tentativa de revolta dun novo chefe suevo, Amalarik (tamén derrotado). Forte ocupazón militar da Gallaecia
633 O IV Concilio de Toledo, ao igual que os anteriores, arranxa severas medidas para corrixir o priscilianismo. Nestes concilios acúsa-se ao clero galaico de seguir levando a “tonsura pagana” de consagrar leite e froitas na comuñón, de non manter o celibato e de perpetuar rituais pagáns.646 O VII Concilio de Toledo condena aos bispos galegos. En certas épocas “Galego” converte-se en sinónimo de herexe. 665 Morte de San Froitoso, Bispo de Dume e Braga, quen viviu en tempos de Rescevinto, rei dos visigodos. Froitoso era fillo do Dux da Gallaecia e parente do rei Sisnando, de familia visigoda. El regulou o monacato.
672-680 Wamba Rei dos Visigodos. Durante o seu reinado foron convocados concilios separados en Braga e Toledo. 
675 Celebración do XI Concilio de Toledo e do III Concilio de Braga. Nestes Concilios se condena novamente o priscilianismo que alguns bispos e cregos disidentes seguen profesando. 
694 O futuro rei dos visigodos Witiza, asociado ao trono polo seu pai, Éxica, que ten xa a sede do seu poder en Tui.
702-709 Reinado de Witiza.
Na sua corte vivian o nobre Fabila, a súa muller e o seu fillo Paio. Ao querer Witiza asasinar a Fabila para se apropriar da sua muller, sendo costume matar a toda a familia do asasinado para evitar futuras vinganzas, a familia de Fabila fuxe co neno Paio a Bretoña.
708 Witiza recusa o trono ao seu fillo Áquila, Dux da Tarraconense e o entrega a Rodrigo, Dux da Bética, quen sera o último rei dos Visigodos.
A facción partidária de Áquila pide axuda ao conde Xian, governador de Ceuta, quen negocia a intervención dos musulmans que tiñan conquistado o norte da África. É entón cando os musulmans do Magreb entran na península Ibérica.
709 Morte de Witiza, que fora Rei dos visigodos.
711 Final do dominio visigodo. 
714 Chegada dos musulmáns a Gallaecia. Algúns grupos de bereberes se establecen no territorio meridional da Gallaecia.
718-737 Paio converte-se no primeiro rei da Gallaecia despois da invasión musulmana, mais tarde será sucedido polo seu fillo Fabila neto do Fabila de Tui.
737-739 Fabila rei da Gallaecia
739-757 Afonso I (o católico), rei da Gallaecia, recupera a raia polo rio Douro.
740 Os musulmáns abandonan território galego sen deixar colónias civís ou militares. O bispo Odário dirixe a repovoazón de Lugo e restaura alí o bispado. 
757 Froila I, rei de Gallaecia.
761 Froila I funda Oviedo sobre un asentamento monástico para defender a Gallaecia Asturicense (oriental) das constantes incursións cántabras. 
768 Morte do rei Froila I.
768-774 Aurelio, rei da Gallaecia. 
774-783 Silo, rei da Gallaecia. 
783-789 Mauregato, rei da Gallaecia. El era aliado do Califato de Córdova. 
788 O rei Silo de Asturias, antes só da Galiza, derrota unha rebelión galega na batalla de Monte Cubeiro (perto de Castroverde). 
789-792 Reinado de Bermudo I, rei de Galiza, consegue o trono asturiano en 791. 
792 Bermudo I é derrotado polas tropas de Hixem I na batalla de Búrbia. 
792 Afonso II, rei da Gallaecia. 
813 Descoberta da tumba de Sant-Iago en Arca Marmórica (a actual cidade de Compostela).
842-850 Ramiro I, rei da Gallaecia.
844 Primeira chegada dos viquingos á Galiza. O rei Ramiro I e o duque Arximiro (señor de Trasancos) reunen na entrada da ría de Ferrol un exército provisto de “ballistae” (catapultas) pra facer fronte ás naves inimigas que son rexeitadas e tomarán outro rumo bordeando a costa.

850-866 Ordoño I, rei da Gallaecia.
850-880 Repoboación da parte meridional da Gallaecia.
858-861 Outra invasión viquinga procedente de Eire, entra a través da ria de Arousa e chega a Compostela. 
862-910 Afonso III "O Magno", rei da Gallaecia. Levará as fronteiras da Gallaecia até o Val do Mondego . Constrúe a segunda basílica de Compostela eo castelo de Lúa en terras de León. Finalmente será derrotado por tres dos seus fillos, que posteriormente se reparten o reino.
866 Afonso III consegue neste ano a coroa de Asturies e das “Terras de Foris” sendo até o de entón só rei da Galiza. O Conde de Lugo, Froila Bermudes, lidera unha revolta contra AfonsoIII. Froila morre a mans dos partidários do monarca. 876 Albarra Ibne Málique entra na Gallaecia por Coimbra.
910 Ordoño II, rei da Galiza. 
914 Ordoño II muda a residéncia real do trono galego de Compostela a León.
924-925 Froila II, é elexido en asemblea como rei de Galiza, el era irmán de Ordoño II e até ese momento só rei de Asturies. El transformará as sées de Iria e Compostela nunha soa sée. Os infantes Ordoñez, Sancho e Ramiro, sublevan-se na Galiza co apoio de nobles galegos.
925 San Rosendo fai-se coa mitra de Mondoñedo substituindo ao seu tio SabaricoII. San Rosendo introduze a reforma bieita nos mostéiros da Galiza.
926-929 Sancho Ordoñez, rei de Galiza. 
929-930 Alfonso IV, rei de Galiza. El era até o de entón rei de León desde 926 mas abdicará en beneficio do seu irmán Ramiro, retirando-se ao mostéiro de San Facundo. 
930-950 Ramíro II, reina na Galiza despois de derrotar aos seus opositores en León e Asturies e destronando alí ao seu irmán Afonso Froilaz. Depois disto conquerirá Madride e chegará até Santarem e Badallouce.
937 Ramíro II saquea Lisboa.
939 Ramíro II vence en Simancas ao exército do califa Abderramén III. Con todas esta guerras, aseguraron-se as fronteiras da Galiza no val do Modego e emprendeu-se a repovoazón de Salamanca.
950 Ramíro II emprende unha vitoriosa expedizón contra o califato cordobés.
951 Morte de Ramiro II.
950-955 Ordoño III, rei de Galiza. El fixo-lle fronte a conspirazón do conde castelán Fernán González 953. 
955-956 Sancho II, rei de Galiza (primeira etapa). El é derrocado pola conspirazón de Fernán González de Castela.
956-960 Ordoño IV, rei de Galiza, en alianza con Fernán González, quen consegue a independéncia do condado de Castela do soberano galego. 
960-967 Sancho II volta ser rei da Galiza.
965 Establéce-se unha embaixada real galega en Córdova.
966-971 Terceira invasión viquinga. Penetran novamente pola ria de Arousa e foi Sisnando, bispo d Compostela quen lles fará fronte na batalla de Fornelos atopando a sua morte. Os Viquingos vencen na batalla e case que conseguen transformar a Galiza nunha nova Normandia. Finalmente será o conde Gonzalo Sánches quen organize un exército coa axuda do bispo Rosendo (San Rosendo) e conseguen expulsar novamente os viquingos.
967-980 Período de intervenzón do clero e nobreza galega que non aceitan o rei proclamado en León. 
968 Sisnando II, bispo de Iria-Compostela, morre na loita contra os normandos. O seu succesor, San Rosendo, será bispo até o 974 . No final deste tempo, el tomou o título de bispo da apostólica sée. Este feito non ten boa aceptazón de Roma (que é a única en leva-lo) e coa mesma non consegue o apoio do rei, ainda así el e moitos dos seus sucesores continuarán a se chamar con ese mesmo título.
974-983 Batalla naval contra os viquingos na ria de Foz. 
977 Morte de San Rosendo en Celanova, quen viviu os seus derradeiros dias coma monxe nun mostéiro. 
980-999 Bermudo II, fillo do rei Ordoño III de Galiza. Dous anos mais tarde fara-se co trono de León.
1003 San Pedro de Mezonzo morre despois de reconstruir o santuário apostólico.
1008 O Conde galego Gonzales Menendo morre loitando contra os Viquingos que asolan as costas entre Miño e Douro. Os Viquingos dirixen-se entón a Braga. 
1015 Unha Frota Viquinga dirixida por Olaf Haraldsson , quen chegaria ser Rei de Noruega e hoxe santo patrón daquel pais, entran polo esteiro do Miño e saquea Tui, fazendo preso ao Bispo desta cidade e cobrando oseu rescate. Antes pasarian por Castropol (Batalla de Vilameá) e asolarian Betanzos.
1027-1037 Bermudo III, Rei de Galiza. Morreu ao loitar contra o seu cuñado, Fernando I de Castela. Castela converte-se en reino . El nomeou a Don Crescónio como Bispo de Compostela.

 

 

 

Santiago de Compostela

 

COMPOSTELA

 

1028 Os viquingos penetran novamente pola Ria de Arousa e alian-se co conde galego Rodrigo Romáriz na sua loita contra do Rei Bermudo III e os seus partidários. Esta vez estarán comandados por Ulf (O Galego) un conde  dinamarqués. Toman o Castelo de Labio perto de Lugo mas son finalmente derrotados por Don Crescónio.

1037-1065 Matrimónio entre Fernando I de Castela e Sancha, filla de Afonso V de Galiza.. Este rei basco de Castela obtén asi a coroa galega e proclama-se Imperador. 1056 Don Crescónio convoca concilio en Compostela.

1063 Don Crescónio convoca outro concilio en  Compostela.

1065-1072 reinado de García. Rei de Galiza. El era un dos tres fillos de Fernando I . El foi derrocado polo seu irmao Afonso que era Rei de León . El morreu a preso. Enterraron-o en Santo Isidoro de Leon. Guillerme II de Normandía "O Bastardo", promete-lle en matrimónio a sua filla Agatha mas esta alianza entre Galiza e Normandia nom se chegaria a consumar pois a princesa normanda morre no camiño a Galiza.

1072 Afonso VI  Rei de León, consegue o trono galego mas cederá a sua soberania a Reimundo de Borgoña en 1092.

1075 Comeza a construcción da catedral do Compostela. 

1090 O rei Garcia I de Galiza morre preso no castelo de Lua (León).

1092-1107 Reimundo de Borgoña nomea-se “Conde” de Galiza, mas só da metade norte do que era entón Galiza. El casou con Urraca, filla de Afonso VI e foi enterrado no panteón real galego da catedral de Compostela.

1100 Xelmirez é nomeado bispo de Compostela.

1109 Urraca é proclamada Raíña de Galiza e casa com Afonso, Rei de Aragón. Esta alianza tivo forte oposizón no Pais.

1110 Afonso Reimundez (AfonsoVII) fillo de Reimundo de Borgoña, é coroado Rei de Galiza en Compostela.

1111 Revolta popular en Coimbra. Paio Godesteo e Rodrigo Nunes enfrontan-se à raiña Urraca e a Xelmirez apoiados por unha frota normanda procedente de Inglaterra. Seram derrotados pola frota do Bispo frente a praia da Lanzada (O Salnés).

1116-1117 Revoltas comunais en Compostela.

1120 Xelmirez converte-se no primeiro Arzebispo de Compostela. A capital galega converte-se en metropole substituindo a Mérida.

1126 Afonso Reimundez consegue o trono de León e tamén os  de Castela e Toledo.

1127 Afonso VII cerca o Castelo de Guimaraes pretendendo a vasalaxe de Dona Teresa de Portucale.

1128-1139 Afonso Enriques, Conde de Portugal, comeza o revolta contra a sua mai. El derrota aos nobres galegos que apoian  a sua mai na batalla de San Mamede.

1135 Afonso VII obtén o título de Imperador.

1136 Batalla de Cerneja. As tropas de Afonso Henriques vencen às de Afonso VII.

1137 Tratado de paz de Tui. Afonso Henrriques xura fidelidade a Afonso VII.

1139 Afonso Henriques proclama-se Rei de Portugal. O rio Miño converte-se en fronteira entre Galiza e Portugal. Portugal fai-se independente. División na orde dos Cavaleiros de Santiago como consecuéncia da independéncia de Portugal. Esta orde unira-se à portuguesa  de Avis en 1147.

1141 A orde do Císter estabelece-se en Galiza e funda o mostéiro de Oseira.

1143 Tratado de Samora. O Imperador Afonso VII recoñeze a independéncia de Portugal.

1157-1188 Reinado de Fernando II, Rei de Galiza e de León.

1159 Xerardo de Gales escrebe os “Annales Cambriae”. Neste documento, fala  dos tres impérios do cristianismo: Alemania, Bizancio e Galiza.

1160 Aymeric Picaud escrebe o Códice Calixtinus.

1173-1175 De esta época data o primeiro documento coñezido escrito en língua Galega. O acordo entre dous fidalgos, os irmaos Pais.

1179 O Papa Alexandre III recoñece a independéncia de Portugal e recoñece Afonso Enriques como Rei.

1188-1230 Reinado de Afonso VIII, Rei de Galiza e de León.

1211 Remata-se a construczón da catedral de Compostela.

1213 San  Francisco de Assisi peregrina a Compostela e funda alí o primeiro convento da orde franciscana en Galiza.

1225-1295 Paio Gomez Charinho. Trovador da lírica Galega medieval.

1230 O fillo de Afonso VIII, FernandoIII, asume primeiro a coroa de Castela e despois as de Galiza e León. Desde este momento Galiza, seguirá incorporada à Coroa de Castela. O reino de Castela asume o papel de líder.

1230-1265 Joam Airas de Santiago. Trovador da lírica Galega medieval

123?-1289 Airas Nunes. Trovador da lírica Galega medieval.

1235-1260 Desta época datan as obras literarias  do Trovador Pero da Ponte.

1270-1320 Joam Meendez de Briteiros. Trovador da lírica galega medieval.

 

 

Obra pictórica medieval

 

OBRA PICTÓRICA MEDIEVAL

 

 

1280-1352 Estevo da Guarda. Trovador da lírica Galega medieval.

1312 A Orde do Temple é disolta polo decreto do Papa Clemente V. Os templários son perseguidos por toda Europa e refuxian-se en novas “Ordes de Cavaleiros” como a de Santiago.

1329 Un grupo de Cavaleiros escoceses ao comando de Sir James Douglas, peregrinan ese ano a Compostela. Levan con eles o corazón do que fóra Rei de Escócia, Robert de Bruce, nunha caixiña de prata. Logo farán con el frente aos musulmans no sur da península Iberica e deste feito xurde o nome de “Brave Heart”.

1344 Revolta popular en Lugo contra o bispo Xoán Martins.

1348 A peste negra chega a Galiza. Comezan as políticas de aculturazón castelás promovidas por Alfonso XI de Castela. A língua galega comeza a perder posicións na sociedade. Galiza tamén perde o seu voto nas cortes reais.

1366-1387 A nobreza galega implica-se nas guerras de sucesión ao trono de Castela e nos conflictos entre Castela e Portugal. A maioria dos nobres galegos toman parte polos portugueses na batalla de Aljubarrota, gañada por Portugal. Isto acarrea graves consecuéncias para a orde política e social de Galiza por mor da vitória do pretendente castelán Henrique de Trastámara.

1369 Fernando I de Portugal invade Galiza sendo recibido con honores nas cidades. As tropas mercenarias chamadas “Compañías Blancas” ao servizo de Henrique de Trastámara forzan a retirada do rei portugués de território galego.

1385 Batalla de Aljubarrota.

1386 John of Gaunt duque de Lancaster arriva na Coruña e é aclamado como libertador na sua cegada a Compostela. El ficará coas suas tropas en Galiza até o ano seguinte.

1387 A peste negra estende-se por Galiza. John of Gaunt volta a Inglaterra.

1400 As evoltas comunais de Lugo lideradas por Maria Castaña dan morte ao bispo Don Lope.

1418 As clases meias compostelás  xuntan-se en irmandade para se libertar do dominio do arzebispo.

1419 Revoltas en Ourense contra o bispo.

1431 Primeira guerra Irmandiña, revolta das clases meias galegas contra o poder feudal. Comezan os irmandiños en terras dos Andrade e afectou principalmente ao norte do pais. O seu principal lider foi un chefe fidalgo chamado Roi Xordo. Eles tentarán conquerir Compostela depois de dominar boa parte do norte do pais mas son derrotados polo Arzebispo e os exércitos das nobreza.

1453-1454 A peste estende-se novamente polo pais.

1455 O concello de Ourense dirixe o asalto ao pazo episcopal sendo secundado por familias da nobreza.

1458 Varias familias aristócratas de Compostela e o concello da cidade asinan o pacto de “Antealtares” contra o poder do arzebispo.

1459 O arzebispo de Compostela volta à cidade coa axuda militar dos condes de Lemos e Benavente.

1460 Moitas presións impeden ao novo arzebispo de Compostela tomar posesión da sua sede.

1464 O arzebispo cae preso do conde de Altamira que o mantén apreixadono castelo de Vimianzo por 2 anos.

1465 Organizan-se as irmandades de Ferrol,  A Coruña, Betanzos e Pontedeume.

1466-1469 A segunda guerra irmandiña, “A Fusquenlla” estende-se por todo o território galego. Mais de oitentamil persoas combaten o poder feudal.

1467 Cria-se a Irmandade Xeral do Reino de Galiza.

1468 A nobreza cria unha alianza para frear o avance da Irmandade. Son derrubadas a mayor parte dos castelos galegos o cal fará mais doado o futuro control militar de Galiza para a monarquia española.

1469 Penetran na Galiza 3 exércitos nobiliarios para rematar coa revolta. Os Irmandiños sofren a sua primeira grande derrota na batalla de pedrosa. As tropas do arzebispo arrodean a cidade de Compostela e rematan por toma-la.

1472 Caen os derradeiros grupos irmandiños. Os nobres galegos toman mayoritariamente parte por Joana “a Beltraneja” no conflicto sucesório pola coroa de Castela mentres que a igrexa galega apoia a Isabel “a Católica”. Finalmente vence Isabel.

1480  A Coroa de Castela procede contra a cultura nacional galega. Os escribáns públicos galegos terán que ser examinados polo “Real Consejo” en Toledo, mudando os seus formularios galegos polos casteláns.

1483 Os concellos galegos reclaman a nacionalizazón galega da “Santa Hermandad”. Intensifican-se as campañas para someter definitivamente a nobreza galega rebelde. Esta ofensiva foi chamada “Doma y Castración del Reino de Galicia”. O marechal Pardo de Cela e o seu fillo xunto con Pero de Miranda son executados en Mondoñedo despois de 3 anos de resisténcia contra dos “Reis Católicos”.

1485 Diego López de Haro é noeado  gobernador xeral de Galiza, el dirixe a chamada “Xustiza Mayor” contra dos disidentes. Os reis católicos establecen a “Real Audiencia” como soporte institucional do gobernador xeral.

1486 Coa batalla de Ponferrada e a caida do Bierzo e coa retirada a Portugal de Pedro Álvares de Soutomaior (Pedro Madruga) no sur-oeste, remata a resisténcia frontal da nobreza galega aos “Reis Católicos”.

A partires de entón a clase dirixente da sociedade galega (nobreza , clero, altos carregos da administrazón) será substituida por xente de fóra. Impon-se o sistema castelá de pesos e medidas. Proíbe-se toda clase de ligas, confederazóns, confrarias, reunións numerosas en vodas, velatorios ou baptizos.

1490 Instala-se o primeiro prelo de Galiza en Ourense.

1492 Os xudeos son expulsados de Galiza.

1519 O rei español  Carlos I establece a sua corte real na Coruña e Compostela.

1520 Xuntanza da nobreza galega en Melide.

1523 A condesa de Altamira nega-se a asinar un documento por estar este en castelán.

1525 Fundazón da Universidade de Santiago de Compostela.

1528 Criazón da Xunta do Reino de Galiza.

1556 O rei de España Filipe II pon baixo dominio astur e leonés boa parte dos lindes orientais de Galiza. As bisbarras galegas de Entambasaguas, As Portelas e o Bierzo fican fora do territorio galego.

1573 Galiza perde o direito a desenrrolar comércio marítimo con América.

1574 A “Inquisición Española” establece-se en Compostela coa oposizón do cabildo catedralicio e o concello.

1575 Primeiro “Acto de Fé” da “Inquisición Española” en Galiza.

1576 Nace Pedro Fernández de Castro, VII conde de Lemos. Foi un importante intelectual e autor de “El Buho Gallego” onde fai un grande alegato na defesa de Galiza.

1588 A chamada “Armada Invencível” fondea na Coruña xusto antes de sair para as illas británicas.

1589 O pirata inglés Francis Drake  ataca à Coruña e saquea Vigo.

1598 O Garda do convento Franciscano de Compostela, Frei Mateo de Oviedo, é nomeado arzebispo de Dublín con residencia en Compostela.

1601 Parten da Coruña 42 navios con mais de 3000 homes, a maior parte deles galegos, con destino a Irlanda. A expedizón estava liderada por Frei Mateo de Oviedo. Moitos deles voltarán a Galiza xunto con moitos refuxiados irlandeses, despois de ser derrotados polas tropas inglesas da monarquia Tudor. A caida de Cionn t-Sáile  representará o final do sistema social e económico gaélico en Irlanda.

1603 O Xesuita Thomas White funda en Compostela o Colexio de Irlandeses, destinado à formazón de misioneiros irlandeses e servir de centro educativo para fillos de nobres irlandeses refuxiados en Galiza e noutras áreas de Europa.

1610 Introduce-se o cultivo de millo en Galiza. O Barbanza será a primeira bisbarra en cultiva-lo.

1617 Cangas do Morrazo e Vigo son atacadas por piratas magrebies.

1622 Dez navios piratas magrebies son destruidos cando atacavan as vilas da ria de Arousa.

1623 Os esforzos mancomunados das sete grandes cidades galegas, dos condes galegos de Lemos, Monterrey e de Frei A. De Soutomaior conseguen a recuperazón do voto de Galiza en Cortes a prezo de 100.000 ducados.

1625-1630 Asedio de piratas ingleses para previr as  navegazóns cara o norte de Europa. Esperimentara-se entón un grande descenso do comércio marítimo que perdurará algún tempo.

1630 O millo groso substitue ao millo miudo nas rias baixas e logo no resto da Galiza.

1633 A Xunta do Reino de Galiza constrúe unha flota para a defesa da costa. Estava formada por 8 navios tiña como dever gardar a costa galega dos ataques forasteiros.

1639 Perde-se a flota da Xunta no estreito de Dover. Isto acontece durante a guerra dos 30 anos ao seren atacados por unha flota Holandesa cando carrexavan tropas a Flandres.

1658 A Xunta do Reino nomea coma 1º cronista oficial de Galiza a Frei Agostiño Filipe de la Gándara quen en 1662 publica “Armas y Triunfos de los Hijos de Galicia”.

1662 Revolta popular na Coruña contra das levas militares.

1665 Establece-se o Estudo Xeral de Santiago.

1668 Cria-se a primeira manufractura de Galiza en Sada.

1673 Sublevazón no concello de Refoxos contra o mostéiro de Celanova.

1676 Nace en Santa Maria de Meliás Frei Benito Jerónimo Feijoo, intelectual ilustrado.

1685 Os flamengos Adrián Roo e Baltasar Kiel instalan en Sada a primeira industria textil de Galiza.

1695 Nace en Vilafranca do Bierzo Frei Martín Sarmiento, intelectual ilustrado.

1696 Revolta labrega contra o mostéiro de Santo Estevo de Rivas de Sil. 

1702 Batalla de Rande na Ria de Vigo, onde unha escuadra anglo-holandesa na perseguizón dun cargamento de ouro, derrota à escuadra hispano-francesa que fondeava no porto vigués. 

 

Rande

 

BATALLA DE RANDE

 

1711 O rei de España nomea un “Intendente de Galicia” . Esta instituizón non terá unha moi longa existéncia.
1719 Naus inglesas atacan as costas galegas ao tempo que Galiza recebe a visita de James III pretendente xacobita ao trono de Escócia.

1726 Fundación do estaleiro real de Ferrol.

1741 Fundación de Naturais e Orixinários de Galicia. en Madrid. A primeira instituizón criada polos emigrantes galegos.

1749 Neste ano empeza  a construcción da estrada de A Coruña a Madrid.

1750 Aparecen os novos métodos de pesca e salgazón.

1763 Real orde sobre os Foros.

1764 Morre en Ovedo Frei Benito Jerónimo Feijoo.

1767 Expulsión dos xesuitas.

1772 Morre en Madride Frei Marín Sarmiento.

1773-1779 Emigrazón de familias galegas cara Uruguay e  Patagónia.

1775 Permite-se a xábega.

1783 Fundazón da  Sociedade Económica de Amigos do País en Lugo. Aos poucos meses e con o mesmo nome constituira-se outra agrupazón en Compostela da que será unha das primeiras expresións da “Ilustrazón Galega”.

1785 Revisión da división provincial de España. A rexión de Valdeorras permanece fóra de Galiza. Criazón do “Real Consulado Marítimo Terrestre” na Coruña.

1786 A división provincial contabiliza 3652 parróquias en Galiza.

1787 Segundo o  censo de Floridablanca Galiza conta con 1.345.803 habitantes.

1789 A bisbarra de “As Portelas” permanece forra de Galiza. 

1790 Fundazón en Buenos Aires duna organizazón afiliada à “Congregación de Naturales y Originarios de Galicia”. Esta é a primeira asociazón galega constituida en terras americanas. Sublevazón dos labregos na Ulloa (perto de Monterroso) contra a contribuizón única. O gobernó español pretendia ensaia-la na Galiza para depois extende-la a outras zonas do estado.

1791 Antonio Raimundo Ibáñez  instala en  Sargadelos o primeiro forno de fundizón férrea de Galiza.

1797 Segundo o  censo de Godoy, Galiza conta con  1.400.000 habitantes.

1800 Asalto británico a Ferrol que  falla cando tentan aterrar pola praia de Doniños (batalla de Brion). El Cantón Compostelano, primeiro xornal galego.

1801 Os portos de Ferrol e Coruña son bloqueados pola escuadra inglesa.

1803 Cria-se o complexo industrial da fábrica de louza de Sargadelos.

1808 Constituizón da Xunta Suprema de Galiza ao se erguer a cidade da Croruña contra das tropas napoleónicas. Este organo de goberno asume funzons miltares, legislativas e de relazóns internacionais. Isto fai que Galiza se auto-governe como estado independente por un mes no verán deste ano.

1809 Batallas de  Elviña e de Ponte San Paio, Galiza liberta-se das tropas napoleónicas. Morre o marqués de Sargadelos, impulsor do desenvolvimento industrial en Galiza.

1815 Pronunciamento de Polier na Coruña a prol dun réxime liberal. Ferrol úne-se ao erguemento. Polier é traizoado por algúns dos seus homes e despois de ser xulgado é condenado a morte e aforcado.

1820 Os militares rebelan-se na Coruña contra o réxime absolutista. Unense-lle as tropas d Ferrol, Vigo e Pontevedra. Organizan-se as primeiras “Sociedades Patróticas Galegas”

1823 Coa caida do réxime liberal, comeza a caza e perseguizón dos seus partidarios. Son destituidos catedráticos, profesores e funcionários. Moitos deles exilian-se en Portugal.

1828 É executado en Xibraltar Bieito Soto, derradeiro pirata galego.

1833 Desaparición formal do Reino de Galicia. A coroa española divide o noso país en catro províncias.Nace unha nova etapa política en Galiza, “O Provincialismo”, con Rodíguez Terrazo, Antolín Faraldo, Francisco Añón, Rúa Figueroa, Neira de Mosqueira como figuras mais relevantes. Este é o primeiro precedente do nacionalismo galego moderno. Nace Manuel Murguia.

1834 Organizan-se as primeiras partidas carlistas da Galiza.

1835 Desamortización de Mendizabal. Os sectores proclives ao carlismo tentan constituir en Compostela unha Xunta Suprema de Galiza presidida polo arzebispo Frei Rafael Vélez.

1836 Os Carlistas crian unha Xunta Superior de Galiza presidida polo Conde de Ximonde.1840 Revolta das tropas de Vigo e Ferrol en apoio do xeneral Espartero. As demais tropas da Galiza apoian axiña a sublevación. Instala-se entón un gabinete progresista en Madrid

1843 Erguemento contra a xeréncia de Espartero. Constituí-se en Lugo umha Xunta Central de  Galiza presidida por Xosé Maria Suances que reclama a caida do réxime.

1846 Levantamento do comandante Solís en Lugo, quen disolve o Consello Provincial e a Deputación organizando a Xunta suprema do Reino de Galiza contra do governo da raíña española Isabel II reivindicando a liberdade nacional de Galiza. Organiza-se entón o Comité Supremo do Governo da Galiza, presidida por Pio Rodríguez Terrazo e tendo como secretário da mesma a Antolín Faraldo, quen redacta o manifesto patriótico. O levantamento fracasa na batalla de Cacheiras onde Solís e os rebeldesson derrotados polas tropas do xeneral Concha, enviadas entón  desde Madride. Solís e outros rebeldes son fusilados en carral e serán desde entón reivindicados como martires das liberdades nacionais galegas.

1851 Nacimento dos escritores Curros Henrriquez e Emilia Pardo Bazán.

1853 Publíca-se en Pontevedra “A Gaita Gallega” de Xoán Manuel Pintos,  o primeiro livro en galego despois de séculos escuros  para o idioma galego. Levanta-se  a proibizón de emigrar a paises latinoamericanos.

1855 Motíns en Compostela por mor da fame.

1856 Eduardo Aguirre e Eduardo Pondal participan no “Banquete de Conxo”. Este acontecemento une a estudantes e artisáns na proclamazón dos direitos nacionais de Galiza. As autoridades temendo unha revolta ordenaron cercar con tropas o acto, que remata con fortes represalias.

1859 A colónia galega en Cuba aporta 3 millóns de reais para a construczón dos camiños de ferro en Galiza (construczón que é logo retrasada polas autoridades españolas até 1873).

1861 Celebran-se na Coruña os primeiros “Xogos Florais de Galiza”, que fan unha reivindicazón do idioma galego no que podemos xa denominar etapa de rexurdimento literário galego.

1863 Rosalia de Castro publica o libro, Cantares Gallegos. 

 

Rosalía de Castro

 

ROSALÍA DE CASTRO

1864 A raiña española Isabel II apresenta a iniciativa de acabar cos privilexios fronteirizos ente Galiza e Portugal.

1865 É publicado en Ferrol o primeiro volume da História de Galiza., por Benito Vicetto.

1868 Erguemento da mariña de Ferrol contra  Isabel II. Comeza a resisténcia á recaudazón de impostos na bisbarra de Ourense.  Nace en A Fonsagrada o político e intelectual republicano Manuel Portela Valladares.

1869 Erguemento dos republicanos en Ourense. A revolta estende-se ate Coruña onde é declarado o estado de Guerra.

1871 Resistencia e revolta de aldeáns contra os impostos  nalgúns lugares coma Dozón, Maceiras, Vilatuxe, Sárria, Queiruga, Chantada, Monforte, Ponteareas, Becerreá, Nogais, Melide, Bóveda...). Fúnda-se na Habana a Sociedade de Beneficencia “Naturales de Galicia” primeira asociazón galega en Cuba.

1872 Erguemento popular en Ferrol a prol da república federal. O líder dos federais españois, Pi i Margall, condena expresamente a revolta, o que leva à ruptura entre federalistas galegos e españois.

1873 Proclamazón da primeira república española. Cria-se o Partido Republicano Federal Galego, que reclama o auto-governo e un estado próprio para Galiza. Redacta-se a constituizón do “Cantón Galego”, estatuto de auto-governo que non chegará a proclamar-se. Inaugura-se a liña dos camiños de ferro entre Compostela e Carril. Revoltas en Xinzo e Bande por causa dos impostos às que lle seguen mais revoltas noutras bisbarras galegas polas “levas” (recrutamento militar forzoso).

1876 Edita-se en Ourense o primeiro xornal escrito integramente en galego “O Tio Marcos da Portela”.

1879 Establéce-se o centro galego de Montevideo, un dos máis vellos do mundo. Pouco despois neste mesmo ano, criara-se  o centro galego da Habana.

1880 Curros Henrriquez escreve “Aires da miña terra”. O bispo de Ourense proibe a leitura deste livro.

1883 Emilia Pardo Bazán cria na Coruña a “Sociedad del Folklore Gallego”

1884 Desamortizazón de Espartero, procede-se ao sistemático despoxo patrimonial da Igrexa e a desaparizón de mosteiros e conventos.

1885 Aparece en Cuba “A Gaita Gallega”, primeira publicazón integramente en galego que se edita en América. Morre Rosalía de Castro. Manuel Murguia é nomeado cronista oficial do reino de Galiza.

1886 Manuel Murguia pronuncia o seu discurso a prol da língua en Pontevedra. Este feito considera-se o punto de arranque do “Rexionalismo Galego”.

1886 Eduardo Pondal edita “Queixumes dos Pinos” de onde posteriormente se recollerán os versos para o himno nacional galego. Nace en Rianxo Daniel Rodríguez Castelao.

1887 O Partido Federal Galego redacta o proxecto de “Constituizón do Estado Galego”.

1889 Edita-se o livro “El Regionalismo” de Alfredo Brañas.

1890 Criazón da “Asociación Rexionalista Galega” en Compostela, baixo a presidéncia de Manuel Murguia.

1891 Os restos Mortais de Rosalia de Castro son transladados ao panteón de Galegos ilustres (en Compostela) no meio dunha grande manifestazón popular. Constitue-se en Ferrol a primeira Agrupazón socialista de Galiza.

 Xogos Florais en Tui.

1894 Constitue-se na Coruña a “Cova Céltiga”, círculo intelectual que terá grande trascendéncia no desenvolvimento do rexionalismo nos anos seguintes.

1901 Creación en Tui da Unión Obreira Galaico-Portuguesa.

1902 Entra en vigor a “Ley Moyano”, decreto polo que se proscribe a alfabetizazón en calquer outra língua que non sexa o castelán.

1906 Nace a Académia Galega.

1907 Nacen as primeiras organizazóns agraristas. Estrea-se na Habana o himno nacional galego con música de pascual veiga e versos de Eduardo Pondal.

1908 More Curros Henríquez na Habana. Asemblea Agrarista en Monforte de Lemos.

1909 Nace a forza política “Solidariedade Gallega” integrada por rexionalistas de diferentes tendencias ideolóxicas.

1912 Desaparece “Solidariedade Gallega”.

1913 Ramón Cabanillas publica “No Desterro”.

1916 Constituen-se as “Irmandades da Fala” na Coruña. Edita-se en segunda época o xornal “A Nosa Terra”, organo oficial das irmandades. Inícia-se en Pontevedra a loita contra o sistema foral que atinxe logo toda Galiza.

1918 Asemblea Nacionalista en Lugo. As Irmandades da fala convirten-se en organizazón nacionalista galega. Elabora-se unha táboa reivindicativa con planos de co-oficialidade para a língua galega.

1920 Nace en Madride a organizazón xuvenil nacionalista “Mocidade Céltiga”. Fuco Gómez funda na Habana a Xuntanza Nacionalista Galega. Publica-se o 1º número da revista “Nós” dando-lle nome a que seria a mellor xerazón intelectual que deu Galiza.

Vicente Risco publica “Teoria do Nacionalismo Galego” formulazón decisiva da doutrina nacionalista.

1921 Constitue-se a Federazón de Sociedades Galegas de Buenos Aires. Fuco Gómez constitue o Comité Revolucionário Separatista Galego en Cuba.

1922 Funda-se en Galiza a Irmandade Nacionalista Galega.

 O C. R A. G. De Fuco Gómez fai a súa primeira declarazón “Independenza ou Morte” no 25 de xullo deste ano.

1923 Pacto de Barcelona entre nacionalistas galegos, bascos e cataláns polo que se constitue a “Triple Alianza”. Cria-se o Seminário de Estudos Galegos.

Comeza a dictadura do Xeneral Primo de Rivera no estado español.

1924 Aparecen en Pontedeume as primeiras coperativas lácteas de Galiza.

1926 O governo de Primo de Rivera aprova a “lei forzosa” ou decreto de redenzón dos fóros.  Aparece o xornal independentista “A Fouce” , promovido por un sector da Irmandade Nazonalista Galega que logo virá a constituir a S.N.P.

1927 Anxel Casal Funda na Coruña a editorial Nós.

Constitue-se a O.R.G.A. (Organización Republicana Gallega).

1930 Pacto de Lestrove entre Nacionalistas Galegos e grupos republicanos. Constitue-se entón a Federazón Republicana Galega. Constitue-se na Arxentina a Sociedade Nacionalista Pondal (S.N.P.).

1931 Cae a Dictadura de Primo de Rivera, declara-se entón a 2ª república española.Funda-se o Partido Galeguista. Álvaro das Casas crea a “Esquerda Galeguista”. Son escollidos 3 deputados nacionalistas galegos, Daniel R. Castelao, Suarez Picallo, Otero Pedraio e 10 da ORGA nas cortes constituintes da 2ª república española.

1932 Crian-se os  “Ultreia”agrupazóns da xuventude nacionalista. Xoán Xesús Gonzalez funda a Unión Socialista Galega (U.S.G.), asamblea autonomista en Compostela, que aprueba um proyecto de estatuto de autonomia.

1933 Alvaro das Casas promove un novo grupo a Vangarda Nacionalista Galega e a revista “Máis!” ambos de carácter independentista. Asina-se o 25 de xullo o pacto de Compostela entre o nacionalismo galego, basco e catalán, nace dese xeito GALEUZCA. Constitue-se a Federazón de Mocidades Galeguistas.

1934 Fundan-se as mocidades galeguistas, organización xuvenil do Partido Galeguista.

1935 Cisón no Partido Galeguista. Vicente Risco inspira a criazón de Direita Galeguista.

1936 Celebra-se a Asemblea Nacional da Federazón de Mocidades Galeguistas en Ourense. Xosé Velo secrtário da organizazón e Arximiro G. Gándara lideran a  corrente independentista que contará co apoio da metade dos delegados. Isto dará lugar a criazón de 2 novas organizazóns a independentista, Mocidade Nacionalista Galega e as Mocidades Galeguistas.

 Triunfa o referendo do estatuto de autonomia galego. As cortes da republica estudan o estatuto de  Galiza. Nace em Barcelona a revista Nova Galiza promovida por escritores galegos anti-feixistas. O dirixente nacionalista Alexandre Bóveda e moitos outros patriotas e anti-feixistas son fusilados polos feixistas.

1936-1939 A guerra de España. En Madride son criadas as Milicias Galegas para combatir o fascismo. A finais de 1936 comeza a actividade da guerrilla anti-feixista  nos montes de Galiza. Milleiros de demócratas e nacionalistas galegos son apreixados e executados, outros, os menos,  conseguen fuxir ao exilio ou às montañas e unir-se alí à guerrilla.

1938 As cortes da República reunidas em Montserrat (Cataluña) debaten e aprovan o estatuto galego. Castelao visita a URSS e USA. Nos montes  da Galiza acentua-se a actividade guerrilleira. Disolve-se a Sociedade Nacionalista Pondal que pasa a chamar-se Sociedade da Arte Pondal.

1939 Castelao chega a Arxentina procedente dos USA. Cría-se a organizazón nacionalista Galega de Arxentina , Irmandade Galega. Constitue-se a Alianza Nazonal Galega en Mexico. 

1941 Fuco Gómez comeza a edizón mensal da revista “Patria galega”.

1943 Primeira organizazón galeguista de resisténcia à dictadura franquista. Frente de Liberción Galega, integrada por antigos membros das mocidades galeguistas. Constitue-se en Francia o Bloque Nacional Republicano Galego.

 Edita-se o livro “Sempre en Galiza” de Castelao.

Constitue-se en Buenos Aires o Consello de Galiza., como Governo Galego no exilio. Ese memso ano reune-se o C. de Galiza en Montevideo.

 Recompon-se “GALEUZCA”en B.Aires como alinza entre os nacionalismos basco, catalán e galego.

1945 Reune-se en México o Consello de Galiza.

1946 Castelao incorpora-se como ministro ao goberno da Republica no exilio presidido por Giral.

1950 Castelao morre en Buenos Aires. Alonso rios asume entón a presdéncia do consello de Galiza. Funda-se a editorial Galaxia. Comeza a emisión en rádio Carve de Montevideo do programa Sempre en Galiza, o mais antigo programa radiofónico en língua galega. Ramón Piñeiro disolve o Partido Galeguista.

 

Castelao

 

DANIEL A- CASTELAO

1951 O mais popular dos guerrilleiros galegos, Benigno Andrade (Foucellas), é executado.

1953 Xosé Neira Vilas refunda en Buenos Aires as Mocidades Galeguistas. O padroado da cultura galega de México edita a revista Vieiros.

1954 As novas Mocidades Galeguistas proclaman-se independentistas na revista galerista “Adiante” publicada na Arxentina.

1955 Celebra-se en Buenos Aires o primeiro congreso da emigrazón galega.

1955 Morte de Ramón Cabanillas, “O Poeta da Raza”. Funda-se a Asociazón Cultural “O Galo” de Compostela. Cria-se a “Asociación Argentina de Hijos de Gallegos”. Aparece en B. Aires a revista “Loita” organo de expresión do “Movimento Galego de Liberdade Nacional”.

1955 Protestas de labregos contra a concentrazón parcelária en Mazaricos. Un comando do DRIL (Directorio Revolucionário Ibérico de Libertaçao) integrado por galegos e portugueses secuestra o trans-atlántico Santa Maria. Esta aczón pretende chamar a atenzón internacional na oposizón às dictaduras de Franco e Salazar.

1955 Constituizón do “Consello da Mocidade”. 

1958 Nace en Madride o grupo intelectual “Brais Pinto”, antecedente da criazón de forzas políticas da posguerra.

1963 Celebra-se por primeira vez o dia das letras galegas. Nace o Partido Socialista Galego (PSG), con Xosé Manuel Beiras entre os seus fundadores. Cria-se a asociazón cultural “O Facho” da Coruña.

1964 Cria-se inicialmente como fronte patriótica a Unión do Povo Galego (UPG). Nace en Montevideo o Padroado da Cultura Galega.

1965 Morre “O Piloto”, guerrilleiro anti-franquista, en enfrontamento coa “Guardia Civil”. Primeira actuazón pública da UPG polos chamados “Tércios de Asalto” no conflicto polo encoro de Castrelo de Miño. Celebra-se a primeira misa católica en galego.

1966 A UPG deixa de ser fronte patriótica e pasa a se constituir como partido político de carácter nacionalista e marxista-leninista.

1967 Morre “O Curuxas” derradeiro guerrilleiro anti-franquista.

1968 Mobilizazóns estudantis en Compostela.

1969 O galego é declarado língua liturxica. Enfrontamentos coa policia no Dia da Pátria en Compostela.

1970 Constitue-se en B. Aires o « Instituto Argentino de Cultura Gallega). Cria-se a “Fronte Armada” da UPG

1971 Funda-se o Instituto da Língua Galega na universidade Compostelá.

1972 Grandes folgas e mobilizazóns obreiras en Vigo e Ferrol. Morren dous traballadores dos estaleiros “Bazán” e ducias resultan feridos en enfrontamentos coa policia. Morre en Compostela abatido pola policia o estudante Xosé Maria Fuentes Fernández. A Universidade declara-se en folga xeral.

 Nacen os grupos políticos “Organización Obreira” e “Galiza Socialista”. Nace a organizazón estudantil “Estudantes Revolucionarios Galegos” (ERGA).

Morre en La Habana o patrióta e intelectual galego Fuco Gómez.

Asina-se a Carta de Brest.

1973 Constituen-se as Comisións Labregas (CC.LL.) sindicato labrego nacionalista.  Primeira mostra de teatro galego en Rivadavia.

1974 Edita-se o primeiro numero da revista “Fouce” das (CC.LL.). Primeiras aczóns da “Fronte Armada” da UPG. Cria-se a Unión Social-Democrata Galega que pasará a chamar-se constituirá mais adiante no Partido Galego Social-Democrata.

1975 Constituen-se os sindicatos nacionalistas “Sindicato Obreiro Galego” (S.O.G.) e a Unión de Traballadores do Ensino de Galiza (UTEG). Funda-se a  Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) e o P.D.G. Morre o militante da UPG  Moncho Reboiras Noia en enfrontamento armado coa policia. Descarga-se entón unha forte represión contra a insurxéncia nacionalista. Mobilizacións pola construczón da central eléctrica de ENDESA en As Pontes. Coa morte de Franco inicia-se o proceso de apertura democrática no estado español.

1976 Constitue-se o Consello de Forzas Políticas Galegas cunha táboa reivindicativa qu entre outros puntos reclama o exercicio do direito de auto-determinazón para Galiza. Cria-se a Intersindical Nacional Galega (I.N.G.) sindicato nacionalista.

Edita-se o primeiro numero da revista Teima. Esta foi a primeira publicazón inteiramente en galego publicada na Galiza despois da guerra do 36. Inaugura-se en Compostela o Museu do Povo Galego.

1977 Mobilizazóns contra da construczón dunha central nuclear en Xove e contra as espropiacións en As Encrobas.

Publica-se o número “0” de “A Nosa Terra” na sua 3ª época.

1978 Aparece o grupo armado nacionalista L.A.R. (Loita Armada Revolucionária) mas non comezará a sua actividade até un ano despois. Folgas nos sectores naval e lácteo. Primeiras eleczóns às cámaras agrarias.

Referenda-se a presente constituizón española. Un real decreto establece a “Xunta de Galicia” como governo galego, comezando así o governo pre-autonómico.

1979 Funda-se Galicia Ceibe- O.L.N. organizazón de extrema esquerda nacionalista.

1980 Referenda-se o Estatuto de Autonomia. Galiza é recoñezida como Nacionalidade Histórica mas con poderes limitados.

Constitue-se o segundo Consello de Forzas Políticas Galegas.

Funda-se a Asociazón de Escritores Galegos. Campñas contra o decreto de bilingüismo e polo monolingüismo social en galego. Morre Alonso Rios.

1980 Primeiras eleizóns ao parlamento galego. Constitue-se a organizazón política nacionalista “Esquerda Galega” e aparece a editorial “Sotelo Blanco”.

1983 Os deputados nacionalistas do BN-PG/PSG son expulsados do parlamento galego por non acatar en xuramento a constituizón española. O parlamento galego aproba a “Lei de Normalizazón Lingüística”. O Gobernó español impugna o ponto da L.N.L. conforme ao cal todos os galegos teñen o deber de coñezer a súa língua asemade do seu obrigatório coñecimento para o funcionariado público