Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

A SIMBOLOXÍA DA SERPE NA CULTURA GALEGA

Antecedente remoto do pobo galego son os "saefes" ou raza de serpes, identificada por algúns historiadores como o pobo celta, que chegou a ocupa-la zona que abarcaría o noroeste de España, chamada Ophiusa (nome que procede do grego "saefes" : serpe ) entre os anos 590 e 550 antes de Cristo.

En toda Galicia rendeuse culto á serpe, que foi símbolo da terra, como noutras rexións do mundo. Numerosos restos arqueolóxicos e obxectos da época castrexa confirman a presencia significativa da serpe na cultura do noroeste peninsular. Moitos monumentos cristiáns foron levantados sobre pedras cunha serpe gravada. Quizais para simbolizar que o pecado —serpe— era vencido pola fe cristiá. Segundo a Xénese, a serpe —demo— introduciu o pecado no mundo. En ocasións convive o paganismo co cristianismo en cruceiros coa serpe esculpida. Para algúns historiadores, a serpe é un animal que evolucionou, outros pensan que é un xenio protector da casa e dos seus habitantes, máis todos confirman a existencia dun culto antigo á serpe, se ben non é exclusivo da etnografía galega.

A serpe de Troña

 

FOTO: PEDRA CON DEBUXO DUNHA SERPE ATOPADA NO CASTRO DE TROÑA, CONCELLO DE PONTEAREAS

 

A mítica serpe está unida ó folclore galego pois a moura (ser feminino misterioso de orixe descoñecida) aparécese en forma de serpe cunha flor na boca; a moura-serpe, representa o espírito dos mortos; encarna ó antepasado fundador da casa; a serpe é xenio protector das fontes de vida e de santidade. 

Críase que as serpes non morrían de morte natural, senón que voaban, de vellas, ó río Xordán e despois ó mar. Neste voo podían bota-la sombra ás persoas e eran especialmente perigosas para os nenos. As moi grandes facían ruído cando se movían. Outras marchaban de pé asubiando e tombando o pan. A mordedura de serpe era moi velenosa —críase— e curábase aplicándolle o cu dun polo ou chegando antes á fonte máis próxima, a onde aquela adoitaba ir despois de morder.

Hai que desconfiar das serpes, a pesar de que purifican a natureza cando comen sapos ou insectos; tamén atraen os paxaros co alento e os matan. 

Con carne de serpe facíanse remedios para a tose e outros problemas respiratorios. 

Ó ver unha serpe había que matala, porque cando voaban ó Xordán dicían: “Maldito o que me viu e non me matou”. Para matar unha serpe había que facela sangrar. O lume ou a música defendían tamén da serpe A serpe era fecundante como a lúa, como as augas; por tal razón podería relacionarse co ciclo muller-lúa-augas. Son moi frecuentes na literatura popular galega as lendas sobre serpes.



O TEMPO E A MEDIACIÓN DA SERPE

A serpe vive dúas fases ben diferentes no seu ciclo anual. Está escondida de outubro a abril, preto dos pozos e das fontes salvaxes; está inmóbil, come terra e non é perigosa. A partir de maio déixase ver, aliméntase de animais e non ofrece perigo.

As serpes que voaban ó Xordán non estaban suxeitas ó tempo, como non o estaban as mulleres enfeitizadas, que tomaban ás veces a figura de serpe.

A serpe é a intermediaria entre este mundo e o outro, entre o mundo oculto e o visible. Ás veces as almas transfórmanse en serpes para peregrinar a algún santuario. A serpe garda os límites entre o mundo enfeitizado e o non enfeitizado.Vincula ó mundo antigo ou pagán co moderno ou cristián, o mundo animal co humano. Podía toma-la forma de persoa ou de animal, dun lobo ou dunha loba. Representa o tempo e a eternidade; neste mundo está suxeita ó tempo, pero é eterna no outro se non morre violentamente.

A serpe pasa do espacio húmido —primeira metade do ciclo— ó seco —segunda metade—, do espacio salvaxe ou non habitado ó espacio habitado. Vive nas minas e na superficie, no alto da montaña e no val.

A serpe é a manifestación do dobre aspecto da natureza, é a continuidade da mesma natureza.




Mónica Beatriz Suárez Groba

FONTES CONSULTADAS: "GALICIA 2001", Etnografía espiritual, Xunta de Galicia.

 

LER MÁIS: ARQUIVOS DA NOSA CULTURA