Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

O culto ó sol nas crenzas galegas

O sol constitúe un dos principais elementos da mitoloxía galega. Os seus atributos esenciais permitiron asimilalo co apóstolo Santiago que foi para os primeiros cristiáns, en sentido místico, como o sol que esvaece as tebras da idolatría.

A fábula pagá vencellada ó culto do Sol é a de Xerión, morto e enterrado por Hércules debaixo da torre coruñesa, que aínda leva o nome do lendario vencedor e que veu esmaltar no escudo heráldico da Coruña. Hércules era a representación do Sol, e esa fábula non trata dun mito solar, nin encerra máis lembranzas cás referentes ó deus da luz, vencedor das sombras,ó que adoraban os galaicos.   entre lusco e fuscoOutro antigo romance galego representa ó Sol como un fermoso mancebo apoiado nun cetro de lampos, con barbas e cabelos louros, cabelo roxo do que saen, ademais, raios solares, tamén louros; e na linguaxe vulgar do país, o sol chámase "Lourenzo".  

O remotísimo culto ó Sol en Galicia testemúñano tamén o "Ara Solis" de Ptolomeo, próximo ó cabo Fisterra. Esas tradicións están cheas dun sabor solar tan pronunciado cas peregrinacións que realizaban a Fisterra os que viñan visita-la tumba do Apóstolo, non facían máis ca repeti-las antigas tromenies célticas ó Ara Solis.  

Seguramente, o medo e o acoro que infundiu nos antigos a visión que experimentaron ó chegar a Fisterra,  lugar no  que só se ollaba un infinito mar no que se mergullaba o sol, como se o océano o devorase, ó tempo que se escoitaba un fondo laio, crenza que inda hoxe sobrevive nalgunhas xentes desta  " Finisterrae".  

A lenda de Ara Solis, quizais de orixe grega, refire que o pobo caldeo, que adoraba o sol, decidiu un día pescudar onde se escondía o astro durante as horas da noite. Abandonando os seus lugares natais, os caldeos comezaron o seu camiño cara a Occidente. O derradeiro lugar ao que chegaron foi Galicia. Alí foi onde se decataron de que o mar lles impedía continua-lo avanzo, ó mesmo tempo que descubrían que o Sol se asolagaba no océano. Convencidos de que entre as augas pasaba o astro adorado as horas da noite e abraiados perante aquel prodixio, decidiron construír naquelas terras un altar ó que puxeron de nome de "Ara Solis". 

Hai tamén quen afirma que o cáliz e a hostia do escudo de Galicia son unha representación simbólica ou filtrada pola relixión cristiá do sol sobre o "ara".   Entre os nenos aldeáns crese que o Sol baila na mañá de San Xoán; e non son poucos os que acoden de madrugada a algún outeiro, provistos de cendais ou de cristais afumados, para contemplar e admira-lo marabilloso fenómeno que acada visos de realidade no seu maxín infantil.


Entre os pescadores existía o que se chamada " dar volta o sol" , e referíase ós días da segunda quincena de decembro, comprendidos entre o 19 e o 24, que é ata cando entra a sardiña nas rías galegas, cando dá volta o sol, ou sexa, cando comezan a medralos días logo de viren minguando.   O folclore galego  abundantísimo en tradicións e lendas, e as que pertencen entre outras as súas peregrinacións celtas á Ara Solis e ó Cabo Fisterra  logo de visita-lo sartego do Apóstolo son moi numerosas.  

O culto ás estrelas fixo que a Vía Láctea se chame "Camiño de Santiago", que algúns cren se-la ruta das almas cara a eternidade.   O culto dos astros, en especial, do sol e da lúa, estivo antigamente arraigado en Galicia, e aínda o segue estando entre xente aldeá, segundo revelan fragmentos de romances populares que se conservan, e nalgúns dos que hai visibles reminiscencias pagás e supersticiosas. Por outra banda, o Ara Solís xustifica esas antigas crenzas, como as rememoran tamén non poucos costumes que aínda seguen vixentes nos nosos campos.

 

 

Mónica Beatriz Suárez Groba

- Bibliografía consultada:    "breviario enciclopédico", eladio rodríguez gónzalez

 

 

VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ