Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

O SANTUARIO DE SAN BIEITO DE LORES E A SÚA ROMARÍA

 

Escudo de MeañoO concello de Meaño está situado no centro do Val do Salnés, na provincia de PONTEVEDRA. Está formado por sete parroquias e alberga unha poboación de pouco máis de 5.300 habitantes. Unha das súas parroquias é Lores.

Meaño é unha terra rural berce de tecedores, afiadores, e dos mellores viños das Rías Baixas . Practicamente tódalas súas terras están dedicadas ás actividades agrícolas. Os seus solos son dunha extraordinaria fertilidade. A gandería, agricultura e a explotación dos montes son as principais actividades deste concello. Durante o año hai varias colleitas, principalmente a do millo, da pataca, do centeo, pero o máis destacado son os viñedos de uva caíña e albariña.

Noutros tempos, foi moi importante o liño, sustento de fiandeiras e teceláns no século XVIII, mais logo da desaparición destas tarefas, o viñedo foi acaparando toda a actividade da zona. 

Hoxe, o viño Albariño que aquí se elabora posúe a "Denominación de Orixe Rías Baixas" e a súa excelente calidade está recoñecida dentro e fóra do continente.A gandería diríxese principalmente á comercialización do leite de vaca e á explotación do gando porcino.

MeañoOs Montes de Castrove foron na Idade Media lugar sagrado protexido por reis e nobres como testemuñan as igrexas de Santa María de Simes, que estivo protexida por dona Urraca e o rei Afonso VI. Este monarca, doou estas terras ó mosteiro de San Martiño Pinario. 

En Simes ten lugar a romaría de San Brais, ó que se lle atribúen poderes curativos da gorxa, e na parroquia de Lores celébrase a romaría de San Bieito.

Esta romaría é multitudinaria, e celébrase o día 31 de marzo e o 11 de xullo, cunha procesión de ofrecidos con ataúdes e ritos de curación de enfermidades cutáneas mediante o contacto de panos impregnados co aceite da lámpada que ilumina ó santo. 

SAN BIEITO DE LORES E A ORIXE DO SEU SANTUARIO

Nun outeiro da parroquia de Lores, neste concello de Meaño, atópase o templo de San Bieito, arrodeado por unha alameda é protexido polo monte.

Capela de San BieitoAs orixes do antigo santuario e do culto ó santo pérdense no tempo...No ano 1688, quen nesa época era o seu párroco escribiu: "A ermida de San Bieito é tan antiga que non se sabe quen a fundou".

Aínda que non hai moitos datos históricos, existe unha lenda sobre a orixe do santuario.

A igrexa levántase baixo unha atalaia. Esto fai que os historiadores pensen que baixo dos seus alicerces están os restos dun castro, aínda que foi unha fonte que dicían, era "milagreira". Era a chamada "Fonte Santa" e ela foi a que fixo perdura-lo mito.

A lenda deste manancial recorda a historia dun pastor que para salva-las súas ovellas da seca, pediu axuda. Cavou unha focha da que empezou a abrollar auga. Un ermitán díxolle que debía construír unha capela, en honra ó que Deus lle dera, e como agradecemento por iso. Mais o pastor, na súa ignorancia, trataba de construíla unha e outra volta con terróns pero víñanse abaixo cada vez que os amoreaba. Entón o ermitán apareceu novamente e recriminoulle o pouco valor que lle dera á axuda divina. Instoulle a erguer unha ermida que durase para sempre, feita noutro material. 

Pero esta capela non é a que, hoxe en día, podemos atopar alí. Sobre os restos da vella capela construíuse no ano 1900 o templo actual. 

Neste tempo, celébrase cada ano, no día 21 de marzo e o 11 de xullo, a festividade de San Bieito. Consiste nunha romaría á que acoden con devoción milleiros de veciños da bisbarra do Salnés. Eles considérano "o seu santuario milagreiro".

Esta romaría consiste nunha misa solemne, seguida dunha procesión co santo, o manto do cal pasea cuberto de billetes que os devotos lle prenden para seren protexidos. Como noutras romarías de santuario ou de milagres, por veces, se o favor do santo foi inestimable, un familiar da persoa salvada sae na procesión portando un cadaleito.

San Bieito é avogado dos males de pel. Quen padece algún problema dermatolóxico acode á parroquia de Lores, ó Santuario de San Bieito a pregar ó santo que lles acalme a enfermidade ou tamén a lle agradeceren favores outorgados anteriormente. 

Dentro desta igrexa quéntase unha gran lámpada ou vasilla con aceite, bálsamo no que os fieis mollarán os panos para expurga-las feridas. Hai tamén quen, para esfraga-las mesmas, prefire tocar antes co pano os pés ou a faciana deste santo.

 

MÓNICA B. SUÁREZ GROBA

Bibliografía consultada:: "Lendas de Galicia e outros temas narrativos", Chao Espina

 

VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ