Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

O Milagre do Santo Graal de Pedrafita do Cebreiro

Escudo de O Cebreiro

O Cebreiro é un pequeno poboado pertencente ó concello de Pedrafita do Cebreiro, na provincia de LUGO. Está situado na parte oriental desa provincia e é a porta de acceso dos peregrinos a Santiago de Compostela polo Camiño Francés.

Por ese motivo, na Idade Media, a mediados do século IX, construiríase o mesón- hospital para os peregrinos, fundado polos monxes bieitos ó lado do santuario de Sta. María a Real. 

O Cebreiro é moi coñecido , non soamente por ser un dos grandes puntos na peregrinación xacobea; senón tamén polo feito que o consagrou para sempre no mundo enteiro: A Lenda do Santo Graal...



O SANTO GRAAL

Documéntase dentro da mitoloxía celta a existencia de vasillas ou armas que tiñan propiedades máxicas. Dagda, fillo de Danann, posuía un caldeiro coa propiedade de resucita-los mortos. De feito, un relato galés refire que o rei Artur baixa ós infernos para se apoderar do caldeiro máxico. Este mito ten o seu paralelo dentro do cristianismo na figura do Grial, ou Graal. 

O Graal é o vaso, ou cáliz que utilizou Xesucristo na Derradeira Cea , e no que Xosé de Arimatea recolleu o sangue do Cristo durante a súa agonía no Gólgota. Tempo despois, levou este cáliz á Gran Bretaña, e perdeuse a súa pista. 

A busca do Graal é unha das máis importantes lendas na Bretaña. Segundo esta lenda o rei Artur e tódolos seus cabaleiros encamiñáronse polos vieiros do mundo tratando de atopar este vaso sagrado.


O MILAGRE DO SANTO GRAAL DE PEDRAFITA

Pedrafita do CebreiroAlá polo ano 1300, había un cura na parroquia do Cebreiro que non era quen de crer que o pan e o viño puideran converterse no corpo e sangue de Xesús Deus. 

E aconteceu que un día, estando o cura celebrando a misa, non había ninguén na igrexa, debido a unha tormenta que impedía á xente saír das súas casas. Pero tendo consagrada a hostia e o cáliz, alguén entrou apresuradamente na igrexa. O sacerdote mirouno con sorpresa e, abraiado, murmurou: "¡Pobre home, vir con este tempo dende tan lonxe, e expoñéndose a morrer no camiño, só para prostrarse ante un pouco e pan e viño..."

Nese intre,  estremeceuse e viu, abraiado, como a branca pastilla convertíase nun anaco de carne sangrante que parecía recén cortada dun corpo vivo, e o viño do cáliz espesábase, adquirindo unha cor máis vermella, e cheiraba a sangue. 

O cura caeu de xeonllos ó pé do altar e logo sobre as gradas, desvanecido. O home que chegara naquel momento correu cara ó altar e tratou de incorporar ó sacerdote, máis estaba morto.

Tradicionalmente crese que, nun principio, as reliquias permaneceron no cáliz a na patena. Logo, cando Santo Grial do Cebreiro os Reis Católicos pasaron por estas terras doaron unhas redomas de prata. O conxunto do cáliz e o relicario consérvanse en dúas ampolas de vidro e prata e están gardadas nun bloque monolítico de granito, xunto ó altar da capela. 

Polo Milagre do Santo Graal o santuario do Cebreiro obtivo diversas bulas papais e privilexios reais. 

Tamén, como consecuencia deste milagre, o escudo de Galicia e o de Lugo incorporaron como símbolo o cáliz do Santo Graal.

Mónica Beatriz Suárez Groba

Bibliografía consultada: "breviario enciclopédico", eladio rodríguez gónzalez -  "Las leyendas tradicionales gallegas", Leandro Carré Alvarellos