Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

As bruxas nas crenzas galegas

Para o aldeán galego non hai, en realidade, diferencias grandes entre bruxas e meigas pois tanto unhas como outras estímanse dotadas de idéntico poder diabólico, se ben o vocábulo meiga posúe na nosa lingua a dobre significación adxectiva de "enfeitizadora", que atrae, engaiola ou cativa. 

astroSupóñase, sen embargo, que as bruxas eran máis danosas cás meigas, pois estas non voaban polos aires como aquelas, que ían tódolos sábados ó "aquelarre" montadas en vasoiras. Esta viaxe aérea e nocturna facíana mediante a aplicación dun ungüento máxico que agachaban debaixo da pedra da lareira, pola cheminea da que comezaban a carreira. Este ungüento chamábase cacho e esta pomada impedía sufri-la acción da gravidade cando ían polos aires ós seus xuntoiros. Dicíase que estaba feita de graxa de cocho, po de ósos de defuntos e outros ingredientes.

As bruxas tiñan credo de seu, que ensinaban ás fillas para transmitírlle-lo seu propio poder, pois a bruxería espállase por herdanza.

Cando ían realizar algúns dos seus malignos propósitos mudaban en abellóns, arañas, moscas raxadas ou outros insectos. 

Os que querían librarse do influxo maléfico tiñan que levar consigo un allo, unha figa e outros amuletos. Ós homes abondáballes con leva-la faldra da camisa por fóra do pantalón. Moitas mulleres levaban na faldriqueira un dente de allo, unha figa ou un corno de vacaloura para vérense libres do asedio das bruxas. 

Nos séculos XVI e XVII foron acusadas de bruxería pola Inquisición varias mulleres que resultaron condenadas a penas aflictivas e infamantes, porque ó seren sometidas ó tormento confesaron que tiveran pauto co demo; mesmo houbo unha que testemuñou que era a súa muller.

En Galicia, ós maleficios e meigallos das bruxas van tan unidos os das meigas que se pode afirmar que son os mesmos. Nalgunhas das nosas comarcas din que cando as bruxas montadas nas vasoiras van polo aire a algún dos seus xuntoiros empregan o dístico: 

"Por enriba das silveiras e por debaixo das carballeiras"..fórmula coa que cren que non atoparán atrancos nin tropezos na viaxe....

lumeNas supersticións de Galicia a vasoira desempeña unha importante función, quizais porque segundo a crenza popular as meigas rubían polas chemineas e montadas en vasoiras ían polos aires a Sevilla e ó areal de Coiro para celebra-los aquelarres os sábados e as noites de San Xoán e San Silvestre. Aínda hai en Galicia quen ten por mal agoiro varrer de noite a casa ou deixa-la vasoira detrás da porta de entrada da vivenda; por contra, consideran que se a fiestra que mira a onde ven un trebón se coloca a vasoira de varre-lo forno, formando cruz coa pala do propio forno, afastábase o perigo para os sementados e colleitas. Opera ademais como amuleto infalible contra as meigas poñela vasoira co mango cara abaixo detrás da porta, procedemento que tamén empregan cando unha visita se fai molesta, para que o visitante marche logo.

A estriga era unha madeixa de liño que se pasaba por dous ou tres angazos para limpala. Como reminiscencia de vellas supersticións, algunhas das xentes sinxelas aínda senten horror ós meigallos das bruxas. Había quen facía unha cruz na cinza da lareira, rodeándoa cun círculo e varrendo logo a lareira cunha estriga porque crían que deste xeito escorrentan o maleficio que puidese haber. 

Entre os feitizos pódese citar os encantamentos, o mal de ollo, os sortilexios, os maleficios e as fascinacións. Como todo o que provén da superstición é compañeira do artigo de fe; e entre os crédulos, o feitizo é, as veces, personificado naquilo que posúe de supersticioso pois do mesmo xeito que os hai maléficos, tamén os hai benéficos, protectores e ata productores de saúde, pertencendo a esta clase de benfeitores as figuras ou amuletos que conxuran o mal e atraen o ben, como son as figas, as bulsas dos atavíos, os cornos da vacaloura, os cabeiros de porco bravo, os dentes de allo e outros moitos.


Mónica Beatriz Suárez Groba

- Bibliografía consultada:    "breviario enciclopédico", eladio rodríguez gónzalez

VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ