Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

A FESTA DO CORPUS EN PONTEAREAS

Orixes

A festa do Corpus Christi, ou simplemente do Corpus, ten a súa orixe en Lieja (Bélxica), onde comezou a celebrala o bispo Roberto Thorete no ano 1246. 0 Papa Urbano IV fixou o carácter xeral da festa e a súa data: sesenta días despois de Pascua. Alfombra floral en Ponteareas

A solemnidade introdúcese en España no século XIV e a primeira festa celebrase en Barcelona (1319), e logo en Vich (1330) e Valencia (1355). Os primeiros datos en relación con Galicia remóntanse ó ano 1366 e a Santiago de Compostela e hoxe, dende a catedral de Santiago ata a máis humilde aldea, tódalas parroquias teñen unha Custodia de prata dourada para face-lo recorrido procesional. 

Esta festa é variable e celébrase 60 días despois do Domingo de Pascua.  Desde que o Corpus Christi (Xoves) xa non é día festivo, a festa se traslada ó fin de semana (Sábado e Domingo).

0 camiño cúbrese nalgúns lugares de lirios, fiúnchos, rosas e frores de todo tipo. Ponteareas destaca na confección de verdadeiras alfombras florais. Como pasa nestas manifestacións tradicionais, pouco se sabe hoxe en día da orixe desta. 0 que si coñecemos é que hai uns cen anos cubríanse menos rúas e ás veces facíanse con serrín teñido de varias cores.Hoxe úsase unha ampla variedade de prantas entre as que destacan a hortensia, o mirto, a mimosa, o fiúncho, a rosa, etcétera. 

A súa longa tradición na confección de alfombras de flores fan que Ponteareas sexa coñecido internacionalmente como "A Vila do Corpus". Estas alfombras esténdense ó longo de todo o percorrido da procesión relixiosa. En total son de 13 alfombras ó longo de varios quilómetros.
 
A destacar da festividade do Corpus Christi en Ponteareas é o seu profundo enraizamento e significación relixiosa no que se enmarcan as alfombras de flores, pois estas se realizan como ofrenda ó Santísimo.


Confección de alfombras no Corpus de Ponteareas

Os traballos de desfolle empezan máis ou menos vinte días antes da festa. En tódalas rúas ábrense dous ou tres portais nos que se xuntan, coa ilusión renovada de cada ano, os veciños que queren colaborar, na súa maioría mulleres

O alfombrado das rúas é ante todo unha manifestación popular, pois todo o pobo, desde os nenos ata os maiores, se vuelca esa noite na confección das alfombras. Alfombra floral nunha rúa de Ponteareas

A confección das alfombras comeza arredor das 22:00 do Sábado e esténdese ó longo de toda a noite. Entre as 5:00 da madrugada e as 9:00 da mañá do Domingo acábanse as diferentes alfombras.

O fin das alfombras é que o Santísimo, en procesión, pase sobre elas. A misa solemne ten lugar o Domingo pola mañá, de modo que arredor das 14:00 xa non queda ningunha alfombra nas rúas.
 
Ademais das alfombras, outros feitos teñen lugar nesta celebración como son a realización do “cruceiro”, as paradas da procesión nos diversos altares situados ó longo do percorrido da procesión ou “a batalla das flores” na que miles de veciños tiran flores desde os seus balcóns sobre o Santísimo ó seu paso en procesión, dando lugar a un dos momentos mais espectaculares da celebración.

Se cadra o que mellor mostre este carácter popular é que, desde os centos de persoas que adornan esa noite ata o deseñador, pasando polas varias decenas de persoas que durante o mes previo traballan incansablemente recollendo, esfollando e clasificando as flores, todos eles o fan de forma “amateur”, así atopamos as profesións máis diversas: dependentes, estudiantes, empresarios, etc. Todos eles traballan de forma voluntaria, nos seus poucos de lecer ou restando horas de soño, e volven ás súas ocupacións laborais en canto a alfombra queda desfeita tras a procesión.

Debido sobretodo ó carácter popular da festa, onde todo aquel que queira pode colaborar, as nosas alfombras son moi extensas, sendo habitual que adianten o 300 metros cadrados. Unha soa alfombra pode chegar a ter varios centos de persoas adornando.
 
Recentes estudios demostran que a festividade de Corpus Christi se celebra na nosa vila desde o s. XVII, e que a tradición de confeccionar alfombras de flores con motivo da procesión do Corpus Christi se remonta ás primeiras décadas do s. XIX, segundo queda testemuñado nun documento de 1857.

Proceso de elaboración das alfombras

En canto ó proceso de realización, materiais e técnicas utilizadas, todas as rúas seguen a tradición secular de Ponteareas con apenas pequenas variantes. Neste sentido podemos dicir que o proceso de confección das alfombras comeza moito Alfombra floral "Gallaecia" en Ponteareas tempo antes da data do Corpus Christi coa concepción do deseño, que pode ser libre, copiado ou inspirado nunha obra xa existente.

Nun primeiro momento o deseño é simplemente un esboceto do que se pretende plasmar na rúa, a continuación se realiza este debuxo a escala tendo en conta as medidas da rúa a adornar, e este debuxo ha de se facer valorando xa tanto a disposición dos materiais na alfombra (pois o numero de cores dispoñibles é limitada) así como as características propias de cada material.

Aproximadamente un mes e medio antes da data de Corpus e en función da climatoloxía xa se pode facer unha pequena prospección das materiais e cores que van estar dispoñibles e se é o caso se retoca o deseño, á vez que comeza a organizarse a recollida de material.

O seguinte paso é realizar no chan, e a tamaño natural, o deseño que temos a escala no papel, para despois situar un plástico enriba do mesmo e cun rotulador plasmar ese debuxo no plástico (aquí acostuma ser habitual que se realice algunha corrección sobre o debuxo orixinal), tradicionalmente se empregaban moldes de cartón, pero son moi inconvenientes en caso de chuvia.

Un mes antes da data final comeza o esfolle das materiais máis duradoiras (mirta, mimosa, etc.) e sobre o plástico comezamos a facer buracos seguindo as liñas que días atrás marcamos con rotulador. Alfombra floral en Ponteareas

Os últimos días resérvanse para os materiais máis sensibles (a flor debe ser recollida e esfollada nos 2 últimos días) cos que xa se definen as cores definitivas da alfombra se é que non se puideron conseguir os que o deseñador previra.   

A noite de adornar comeza situando os plásticos sobre a rúa, para a continuación marcar sobre o chan o debuxo (seguindo os buracos feitos previamente).

Isto acostúmase facer con xiz, xa que tras finalizar o Corpus Christi é sumamente doado riscar o debuxo da calzada, pero algunha rúa o segue facendo con pintura. Posteriormente retíranse os plásticos e unindo estes puntos obténse o debuxo final. Agora é cando comeza propiamente dito o adornado da rúa, nun primeiro lugar “perfilando” o debuxo, é dicir, cubrindo as liñas que definen os contornos, con árnica, fiuncho, etc. A continuación cóbrese o debuxo cos distintos materiais que temos esfollados ata lograr que se pareza o máis posible á idea orixinal.
 


Materiais utilizados nas alfombras florais de Ponteareas

Os materiais utilizados podémolos clasificar de varias formas, sendo as máis tradicionais pola cor que proporcionan ou ben polo seu destino na alfombra. Esta ultima clasificación é a que acostumamos utilizar porque é tamén a que nos marca a duración dos materiais (e por tanto a data na que se poden esfollar) e a orde polo que van ser usados na alfombra.
Alfombra floral en Ponteareas

Así, nas alfombras de flores que podemos ver o día de Corpus Christi en Ponteareas poderemos ver moitos materiais, dependendo da abundancia e diversidade de flores que haxa nesa época do ano, e da rúa en cuestión, porque cada rúa emprega os materiais que mellor se adaptan ó estilo da súa alfombra. Así poderemos atopar:

a) Fondos (Verdes) : Buxo, mimosa, e diversos carrascos.

b) Perfilado : Fiuncho, árnica, cocas de eucalipto, etc.

c) Debuxos (Flores e sementes) : Rosas (vermello e branco), francesiña ou rosa silvestre (branco e rosa), caravel (vermello, amarelo e branco), hortensia (branco, azul e morado), pampullo, carrascos (branco, rosa, morado, etc.), margaridas, gerveras, papoulas, tróquel, “xesta”, toxo, cardo, a flor do piñeiro, así como outras sementes de plantas silvestres etc.

 

Materias primas dun traballo artesán 

(artigo publicado en A Peneira de Ponteareas, na segunda quincena de maio de 1991) por M. Xesús Rodríguez Álvarez

 

0 mirto (buxus senpervirens), é o primeiro que se prepara. E un arbusto da familia das mirtáceas, de follas perennes e frores brancas e de cheiro agradable. Pode chegar a ter cinco metros de altura; o froito ten tres comiños e sementes negras, e é velenoso. A parte que nos interesa para adornar son as follas, de entre un e tres centímetros. Son ovales, tesas e coa punta, a miúdo, escotada. 0 haz é verde escuro brillante e o envés verde-amarelente mate. Teñen que quedar estendidas nun sitio fresco e seco e hai que ir dándolle voltas para que "respire". 0 ideal é unha adega grande. 

Despois de ter desfollado o mirto tócalle o turno á acacia dealbata ou mimosa. Pertence á familia das leguminosas (toxo, xudea, faba, chícharo, etcétera) e é orixinaria de Australia. É un arbusto de ata trinta metros de cortiza lisa e gris. As flores son amarelo-pálidas e olorosas, e dispóñense en capítulos de cinco a seis milímetros, en panículas. 0 froito ten de dez a doce milímetros de anchura; é comprimido, pardo e pruinoso. Tamén neste caso interésannos as follas, que son xoves, con tomento branquecino e con 30 a 50 pares de foliolos secundarios, lineares e velloso- prateados. A técnica máis fácil é colle-la folla polo pedúnculo e con dous dedos da outra man tirar cara abaixo, entón quedarannos tódolos folíolos separados. Tamén necesita permanecer moi estendido, o mesmo que o mirto, nun sitio seco e fresco, e hai que voltealo tódolos días para que non fermente e non se podra. 

Alfombra floral en Ponteareas 0 seguinte paso é prepara-la árnica (arnica montana), familia das compostas (manzanilla, tomillo, cardo, margarita, crisantemo, leituga ... ). É unha pranta medicinal, de entre 15 e 60 centímetros, aromática (o nome vén do grego ptarnike: que fa¡ espirrar polo seu forte cheiro). 0 talo é oco e piloso.

As follas inferiores son lonxitudinais, ovais ou lanceoladas. As flores dispóñense en un a sete capítulos grandes, amarelo-alaranxados, de catro a oito centímetros de diámetro. A flor da árnica úsase para perfilar; canto máis recollido sexa o capullo, máis bonito queda. É un traballo moi laborioso, xa que é preciso segui-lo debuxo, flor a flor. Cando se manexa árnica un pode quedar empapado no seu cheiro durante bastante tempo. Hai un truco que se fai cando a flor da árnica está moi aberta, e é metela en auga de véspera. Por fin, a poucos días da festa, vaise preparando o material máis delicado e esperado por todos, que son sen dúbida os pétalos das flores. Esto faise a última hora para evitar que se poñan axados, e sepáranse e clasifican en caixiñas según as diferentes cores. 

A hortensia ou hydrangea, da familia das saxyfragaceas, é unha pranta arbustivo, de gran valor ornamental. Presenta moitas variedades, tanto na cor das flores coma na persistencia da floración e no tamaño das inflorescencias. A especie hydrangea arborescens foi traída de América en 1736, e ten flores verdosas e non moi bonitas. Nos nosos xardíns domina a hydrangea hortensis de flores brancas ou rosadas; se queremnos ter hortensias azuis ou encarnadas só temos que botar sales de ferro ou alúmina na terra de que se alimentan as raíces; tamén poden enterrarse cachos de latas vellas ó lado da planta. As follas son simples, pecioladas, dentadas, enteiras ou lobadas. As flores dispóñense en inflorescencias; as do marxe son esteris e teñen catro pétalos e as centrais son fertis e máis pequerrechiñas. Non dan semente e só se multiplican por estaca. A especie de América ten un alcaloide, a hidranxina, que se emprega en preparados de acción diurética, diaforética e catártica. Coas follas de hydrangea opuloides os Japoneses preparan unha bebida que chaman amacha. 

As fermosas rosas pertencen a unha familia de máis de 2.000 especies e teñen unha morea de híbridos. Son arbustos espiñosos. As follas con dentes e nervos glandulares, son pinnadas. As flores solitarias ou en inflorescencias teñen catro ou cinco pétalos que poden ser rosa- purpúreo vivo, amarelo, branco, encarnado... Os talos teñen espiñas que serán robustas ou endebles segundo a especie, e poden ser verdosos ou roxizos. 0 seu froito é o cirronodón. Cando chega o Corpus, que pode cadrar entre maio e xuño, a variedade que máis abonda é a i chamada Francesa, que medra en muros de camiños, e é unha rosa tan pequena coma fermosa. Os pétalos das rosas van a adornar os motivos centrais das alfombras, que son os principais. Cando faltan flores por mor do mal tempo, ou porque a festa adra moi cedo, vanse buscar onde Árnica sexa; ata ás veces tense chegado a Portugal e á zona de A Guarda. Pídenselle ós veciños, que colaboran con gusto, aínda que hai  algúns celosos dos seus xardíns que non se suman á festa, coa recompensa de que ás veces despértanse co xardín baleiro. Ata. aquí unha lista das prantas que casque con seguridade imos topar en tódalas alfombras de Ponteareas. 

Despois hai unha serie de prantas que cada ano vanse usando máis e que axudan cando hai pouca hortensia ou rosa. É o caso da carriza ou erica, da que usamos as florciñas de cor lila; o pampullo ou margarita, da que se usan os pétalos brancos e os amarelos do medio; ou o café, do que requirimos o froito miúdo para esparcirlo formando sombras nas facianas, cabelo e mantos dos santos, xunto coa axuda de terra e area. Tamén serve a legume da xesta (ollos de gato), as campaíñas, e todo o que os veciños teñan no maxín, e contribúa a embelecar as rúas para o paso do Santísimo.

 

Importancia da festa do Corpus de Ponteareas


A importancia da festa pontareana demóstrase non só cos miles de visitantes que cada ano visitan a confección das alfombras ó longo de toda a noite, senon con diversos recoñecementos oficiais entre os que podemos destacar:
 


Ø Ben Galego de Interese Turístico.

Ø Declarada de Interese Turístico (1968).

Ø Declarada de Interese Turístico Nacional (1980).
 


Hermanamento con La Orotava


Desde fai 19 anos existe unha irmandade coa Vila da Orotava, que tamén ten unha tradición de mais de 100 anos, de modo que o día de Corpus Christi unha delegación canaria realiza unha alfombra de flores en Ponteareas, e unha delegación pontareana se despraza días despois para confeccionar outra alá. Alfombra floral en Ponteareas


Alfombras realizadas fóra de Ponteareas



Tan longa tradición vése reflectida nun importante recoñecemento internacional. Ó longo dos anos, as xentes de Ponteareas realizou alfombras de flores fóra da súa localidade con motivo de feitos excepcionais, predominando as orixinadas por motivos relixiosos. Algunhas destas ocasións son: 


· 09-11-82 Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela. Con motivo da 1ª visita do Papa Xoan Pablo II a España.
· 02-02-83 Praza de Sta. Ana, Cidade do Vaticano.
· 22-09-84 Santuario de Torreciudad (Huesca). Peregrinación anual mariana.
· 27-01-85 Caracas, Venezuela. Primeira visita do Papa Xoan Pablo II a Venezuela.
· 20-09-87 Munich, Alemania. Festa da Cerveza.
· 20-08-89 San Martín Pinario, Santiago de Compostela. Visita do Papa Xoan Pablo II (Xornada Mundial da Xuventude).
· 21-06-92 Sevilla (Exposición Universal 1992). Procesión do Corpus Christi do Barrio de Triana.
· 25-07-92 Praza de Maio, Bos Aires, Arxentina. Festividade de Santiago Apóstolo.
· 10-07-93 Newport, Reino Unido. Con motivo do hermanamento entre Ponteareas e Isle of Wight County.
· 25-07-93 Salvador de Bahía, Brasil. Festividade de Santiago Apóstolo.
· 1994 Shanklin, Isle of Wight, Reino Unido.
· 5-06-94 Caracas, Venezuela. Inauguración dunha iglesia.
· 27-04-95 Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela. Invitación da Casa Real con motivo da visita dos reis de España e Noruega.
· 12-05-95 Casa de Galicia, Madrid. Presentación nacional das festas do Corpus Christi.
· 11-02-96 Caracas, Venezuela. Segunda visita do Papa Xoan Pablo II ó país.
· 1998 A Coruña, visita do prelado do Opus Dei.
· 2001 Santiago de Compostela. Presentación nacional das festas do Corpus Christi

 

 

Fontes de información:  Artigo "As flores do Corpus: materia prima dun traballo artesán" (por M. Xesús Rodríguez Álvarez, publicado na segunda quincena de maio de 1991 en A Peneira, www.apeneira.com, de Ponteareas;

www.corpusweb.org, www.ponteareas.org

 

Ver Temas relacionados: 

 

O concello de Ponteareas

"Ponteareas máxica": Ritos, mitos e lendas, por Manrique Fernández

Lugares de Ponteareas

Banda de Unión de Guláns

Ponteareas, o primeiro pasodobre galego