Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

CORDEIRO



Cordeiro guisado á bretona

 

CORDEIRO GUISADO Á BRETONA - RECEITA 1

Ingredientes: (4 persoas)

paletas de año, 4
aceite de oliva, 1/4 l.
loureiro, 2 follas
perexil, 1 rama
fabas asturianas, 400 g.
allo, 4 dentes
cebolas picadas, 2
cenorias, 52
porro, 1
tomates maduros, 2
fariña, 50 g.
azafrán, 1 papel
pemento doce, 1/2 cullerada
sal
pementa
viño branco, 1 vaso
consomé, 1/4 l. 

Preparación:

Córtanse as paletas en anacos pequenos e poñemos sal, pementa e pásanse pola fariña. Nunha cazola dourámolos e poñémo-los allos picados, a cebola e a cenoria, os tomates, o azafrán e o viño. Déixase refogar un pouco e ponse o consomé, tápase e déixase cocer lentamente, dándolle voltas para que non se pegue. 

Nunha cazola cócense as fabas remolladas do día anterior. Nun cazo con tapa ponse 1/2 l. de auga fría, unha cebola picada, un chisco de aceite e o pemento cun pouco sal. Déixanse estufar e unha vez cocidas bótanse no guiso quedando listo para servir.


Restaurante Puesto Piloto Alcabre


COSTELETAS DE CORDEIRO VILLAROY - RECEITA 2

Costeletas de cordero Villaroy

Ingredientes: (4 persoas)

costeletas de cordeiro, 2 kg.
bechamel
fariña
ovo
pan relado
aceite
sal
patacas de Galicia 

Preparación:

Frítense as costeletas pasadas por fariña e déixanse enfriar. Faise unha salsa bechamel e cóbrense as costeletas con ela, despois, pásanse por ovo batido e pan relado e frítense en abundante aceite. Servir con patacas palla, chícharos e tomate. 

Restaurante Casa Simón