Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

CONCEPCIÓN ARENAL: UNHA MULLER PRECURSORA NO SEU TEMPO

Concepción Arenal

 "Foi unha das mulleres máis sobranceiras da España do século XIX e tamén unha das iniciadoras do feminismo. Licenciada en Dereito, prolífica pensadora do dereito penitenciario e da medicina hospitalaria, practicou con tenacidade as súas ideas, inspiradas nos principios da liberdade, da xustiza e da caridade, foi visitadora de Prisións de mulleres, organizadora da Cruz Vermella, xornalista, poeta, novelista, autora dramática e de zarzuela... ."

Concepción Arenal naceu nunha modesta casa de Ferrol o 31 de xaneiro de 1820. A súa nenez transcorreu na Coruña. O seu pai, liberal constitucionalista, fora sarxento maior e secretario político do Goberno Superior da Provincia de Galicia en 1820. Pola violenta represión absolutista sofreu persecución, cadea e desterro. Eses padecementos levárono á morte ós trinta e nove anos. En 1829 marcha coa súa nai, de quen vai recibir unha férrea formación relixiosa, a Armaño, en Santander.

En 1834 está instalada en Madrid. Sete anos despois, contra a oposición materna, entra, por primeira vez na Universidade española, como oínte nas aulas de Dereito, disfrazada con indumentaria masculina. Vestida tamén de cabaleiro participa nas tertulias políticas e literarias, rexeitando deste xeito a tradicional condición da muller do seu tempo. Rematou a carreira e, en 1848, casou co tamén avogado e escritor Fernando García Carrasco. Anos despois o matrimonio colaborou no xornal liberal "Iberia", pero en 1857 morreu o seu home e quedou sin recursos.

Concepción Arenal non foi, unicamente, unha prolífica teórica de prodixioso telento, senón que tamén practicou con tenacidade as súas ideas, inspiradas nos principios de liberdade, xustiza e caridade.

En 1859 fundou en Potes, o grupo feminino das Conferencias de San Vicente de Paúl para axuda dos pobres. En 1861, a Academia de Ciencias Morales e Políticas premiouna pola súa memoria "La beneficencia, la filantropía y la caridad" . Era a primeira vez que a Academia premiaba a unha muller.

En 1863 convértese tamén na primeira muller que recibe o título de Visitadora de Prisións de Mulleres. Reside na Coruña e en tres meses visita tódalas cadeas de Galicia.

En 1868, Concepción Arenal é nomeada Inspectora de Casas de Correción de Mulleres. Tres anos despois sae á luz en Madrid "La Voz de la Caridad", revista fundada por A. Guerola e Arenal e na que escribe durante catorce anos, destapando as miserias do mundo que lle rodea. Funda, en 1872, a "Constructora Benéfica", unha sociedade filantrópica de casas baratas para obreiros. Organiza en España a Cruz Vermella de Socorro para os feridos da guerra carlista e está voluntaria durante varios meses á fronte dun hospital en Miranda de Ebro. É unha das mentes máis lúcidas da historia da medicina hospitalaria polas súas aportacións á curación dos enfermos, á asistencia sanitaria e psiquiátrica, á hixiene e ó papel da muller nas diferentes institucións relacionadas coa cura dos doentes. Con ela nace o feminismo en España, ó rachar coa tradicional marxinación da muller e reclama-lo seu protagonismo en tódalas esferas da vida social.

Dentro da súa densa e prolífica obra, a triloxía do seu pensamento de penalista xenial,  pódense nombra as obras "Estudios penitenciarios", "Cartas a los delincuentes".No estranxeiro foi proclamada como unha autoridade internacional na materia creadora da súa propia doutrina, sen seguir ningunha escola penitenciaria . Reservabáselle un lugar de honra en tódolos congresos penitenciarios de Europa e os Estados Unidos, nos que participou sen estar nunca presente, pois non quixo sair do país. Os seus maxistrais informes son unha lúcida e anticipada visión de moitos problemas futuros.

Concepción Arenal foi tamén poeta, novelista, autora dramática e de zarzuela. Como xornalista escribe en numerosas revistas especializadas e asinou artigos na prensa galega e na da emigración en Cuba.

Esta penalista morreu en Vigo o día 4 de febreiro de 1893 despois dunha penosa enfermidade. Despois da súa morte, o seu fillo costeu  a publicación das súas obras completas.

 

Fte: ferroláns ilustres

 

VOLTAR A MULLERES GALEGAS