Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

ORACIÓN ó NOSO SEÑOR SANTIAGO 



por Florentino López Cuevillas , Prosas gallegas, Galaxia.


Santiago Apóstol


Señor Santiago, que de tan lonxe viñeches predicar na nosa patria as verdades do Evanxeo, e que aínda despois de morto quixeches que o teu corpo pasase o mar para descansar eternamente na terra galega. Ti que chamaches unha estrela para que brillase sobre os nosos agros no miragre do teu sepulcro; ti que desde a túa igrexa fixeches peregrina-las xentes de toda Europa para que viñesen adorar en Galicia as túas reliquias; ti que tantas probas nos tes dado da túa predilección e do teu amor. ¿Por que nos esqueces? 

Arredor da túa sepultura formouse a nosa lingua, ó pé do teu templo naceu a nosa arte, para ti cantaron os nosos trobeiros. Galicia enteira ten algo teu, e en ti inspirou as súas obras. ¿Consentirás, Señor, que Galicia desapareza, que Galicia morra? 

Mira ó teu redor, os vellos costumes abandonados, mortas as antigas liberdades, despreciado o vello idioma en que che falaron tantas xeracións, o idioma santo de Xelmírez; mira a nosa terra presa de homes que viñeron de fóra a roubala, a magoala; mira o noso chan empobrecido; mira a triste miseria dos seus fillos, a súa sede de xusticia e a súa fame de pan, e ten piedade da súa dor, da súa pobreza e da súa ignorancia. 

E xa que amaches a Galicia cando era Galicia, acorre ós que queremos resucitala e volvela outra vez ó esplendor e riqueza de que é merecente. Dáno-lo teu espírito de apóstolo para que vaiamos por vilas e lugares a espalia-las novas verdades, que non son máis que as antigas verdades; e así que chegue a hora da loita e da batalla, empréstanos, Señor, a forza do teu brazo, que soubo alá en Clavixo fender testas de infieis, para que poidamos con ela vence-los nosos aldraxadores, os nosos opresores, os ladróns de todo o que nos pertencía. 

Acóllenos na túa gracia, Señor Santiago; grava a túa cruz nos nosos peitos, e fai brillar por riba das nosas testas, ben acesa e ben brillante, a túa estrela milagreira. 


   Volver a:   Compostela e o Camiño de Santiago