Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

COGOMELOS CON GAMBAS



cogomelos con gambas

COGOMELOS CON GAMBAS - RECEITA 1

Ingredientes: (4 persoas)

cogumelos, 750 grs.
gambas, 300 grs.
allo, 2 dentes
aceite
sal

Preparación:

Nun braseiro con dúas culleradas de aceite quente engadímo-los cogumelos, que con anterioridade teremos refogado cun dente de allo talladiño. 

Noutro braseiro rustrímo-las gambas peladiñas cunha polgarada de allo picado e de seguido, botámo-los cogumelos. Sazonamos todo con sal e perexil picado. Deste xeito xa están listos para servir.

Restaurante Ponteareas


COGOMELOS CON AMEIXAS - RECEITA 2

cogomelos con ameixas

Ingredientes: (4 persoas)

cogomelos, 1 kg.
ameixas, 1/2 kg.
cebola
allo
perexil
pementos
azafrán
chile
viño seco

Preparación:

Limpos e en anacos os cogomelos, póñense nunha cazola de barro onde, previamente, se fixo un picado de cebolas, allo, perexil, pementos e unha rama de azafrán. Refóganse os cogomelos e engádeselle unha copa de viño seco e o chile. Móvese a cazola e bótanselle-las ameixas ata que se abran. 

Restaurante Casa Simón