Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

O CHAMADEIRO DOS MESES

Autor: César  Camoira  Vega

 chamadeiro

I. Introdución

 

O ser humano establece referencias cronolóxicas e tal propósito conleva o empregho da identificación e aghrupación do continuum temporal en diferentes unidades co obxectivo de localizar eventos, fenómenos... vencellados á vida cotiá.

 

Neste pequeno relatorio tentaremos bosquexar as liñas básicas para poder entende-las características dos diferentes períodos temporais –e, en concreto, dos meses- na linghua ghalegha

 

II. Almanaque

 

O almanaque, vocábulo procedente do árabe al-manaj e á súa vez do latín manachus, é un rexistro de tódolos días divididos en meses dando conta de datos astronómicos (fases da lúa,  comezo das estacións...) ou náuticos, indicacións aghrícolas e/ou  astrolóxicas, festexos relixiosos e outro tipo de informacións.

Os calendarios ó longho da historia da humanidade adoptaron as máis variadas formas:

 

Ø      Os máis antighos quizais foron os exipcios: estes eran realizados ou en bastóns de madeira  ou en bloques de pedra.

 

Ø      Na Idade Media, e concretamente a partir do século XII,  materializáronse en forma de perghamiño.

 

Ø      Na actualidade este tipo de rexistros inclúen noticias relativas a eventos relixiosos ou civís e a súa temática débese ó enfoque dado polos filotemáticos (S.XVI)

 

 

2.1. Modificacións experimentadas polo calendario

 

A orixe do calendario estriba en dous aspectos:

 

Ø  ECONÓMICO: Fixación de certas datas para facer referencia á epoca da caza, recolección de froitos e sementeira.

Ø  RITUAL: Materialización en determinados días da celebración de eventos relixiosos e sociais.

 

A denominación oficial dos meses provén do antigho calendario romano:

 

Nome ghalegho Nome latino PROCEDENCIA xaneiro Ianuariu Este vocábulo ten a súa orixe no deus Xano.

Rei Numa introduciuno ó realizar a reforma do primitivo calendario debido a que os meses non coincidían coas estacións. febreiro februariu A denominación deste mes responde á celebración das festas februarias consistentes  nun proceso de purificación -tamén foi introducido polo monarca Numa-. marzo martiu Vocábulo procedente do deus Marte. abril Aprile Esta denominación, quizais, fagha referencia ó aghromar das flores  maio Maiu   Procede da deusa Maio, nai de Mercurio. xuño Iuniu  O seu nome débese á deusa Xuno. xullo  Iuliu   Procede do nome de Xulio César. A denominación primitiva deste mes era Quintilis (quinto mes). aghosto  Augustu  Provén do chamadeiro de Octavio Augusto. A denominación inicial era Sextilis (sexto mes). setembro Septembre  A causa desta denominación está en se-lo sétimo mes no calendario romano ata a reforma xuliana. outubro Octobre (latín hispánico) O motivo do nome é ser o oitavo mes no calendario romano ata a reforma xuliana. novembro Novembre A procedencia deste mes é ser o noveno mes no calendario romano ata a reforma xuliana. decembro Decembre  Procede do décimo mes do calendario romano ata a reforma xuliana.

 

O actual calendario oficial experimentou unha serie de reformas dende o almanaque romano. Deseghido imos trazar un pequeno resumo:

 

1º Calendario primitivo romano do rei Numa (seghundo dos sete reis da antigha Roma –715 ata o ano 673 a.C.- e foi o persoeiro que estableceu o estado sacerdotal no Estado Romano): Aghreghación de dous meses novos e, deste xeito, o ano constaba de 355 días.

 

2º Reforma de Xulio César: A redución a 29 días dos meses que ata entón tiñan 30 días –efecto producido pola reforma anterior-. Tal modificación producía unha diferenza de 10 días que eran introducidos polo desiderátum do pontífex maximus. 
Xulio César, para evita-lo adiantamento desta división convencional con respecto ó tempo real, reformou completamente o calendario, sendo asesorado polo astrónomo ghregho Sosíxenes:

v Enghádegha dunha soa vez de 17 días.
v Equiparación do ano solar a 365 días e 6 horas e para evita-lo adiantamento de 6 horas cada catro anos aumentábase 1 día.
v Aumento de 10 días no ano (agregando 2 días a Sextilis, Decembre e Ianuariu, 1 día a Aprile, Iuniu, Septembre e Novembre).

 

3º Reforma de Octavio Augusto: A intercalación dos anos bisestos foi errónea ata Augusto. Co obxectivo de correxilo, durante 13 anos, Octavio Augusto suprimiu tal intercalación para reanudala de xeito correcto a partir do oitavo ano da era cristiá.

 

4º Reforma do Papa Gregorio XIII:  Esta autoridade eclesiástica, accedendo a unha petición do Concilio de Trento, reformou  o calendario establecendo a reghra actual para a determinación dos anos bisestos. Desta maneira, cada 4000 anos o calendario vixente conlevaba a aparición dun erro de 1 día, 4 horas e 48 minutos.

 

O calendario ghreghoriano admitiuse de contado nos estados español, portughés e italiano (aproximadamente a finais do S.XVI) mentres que nos estados protestantes a aceptación deste tipo de rexistro foi gradual: En Alemaña en 1700, en 1752 en Inglaterra e en 1753 en Suecia. Pola contra, en Rusia o almanaque ghreghoriano substituíu ó xuliano en 1752.

 

 

Influencias na denominación dos meses
 
Na actualidade o compoñente natural non ten o papel decisorio do pasado pero, dende tempos pretéritos ata non fai moito, a sociedade ghalegha vivía en fonda comuñón, tanto dende un punto de vista antropolóxico como económico, co entorno natural (terra e mar). Tal vencello tiña un lóxico traslado á ferramenta de comunicación, tanto na veste ghráfica como na oral.

O calendario ghalegho recibiu diferentes acheghas:


1- A concepción cíclica que responde a un trazado circular debido á presenza dos antighos calendarios solar e lunar.

A raíz do manifestado cómpre manifestar unha serie de aclaracións sobre os antighos almanaques:

Ø O calendario solar fai alusión ó tempo que o astro rei empreghar en dar unha volta ó redor do sol –día-.
Ø O calendario lunar alude ás variacións periódicas, denominadas fases, da lúa no seu movemento rotacional en torno á terra.

Ademais, é preciso mencionar que ámbalas dous calendarios recibiron tamén a influencia da natureza.

2- A concepción lineal concíbese como a concatenación regular de días, meses e anos.

Pero lonxe de plasmarmos tódolos influxos quedan certos compoñentes que reflicten a visión total da denominación ghalegha dos meses.      

A linghua ghalegha á hora de facer referencia á denominación cronolóxica que nos atinxe bota man de diferentes capas ou “estratos” materializados ó longho do tempo:

a) Estrato paghánico:

Esta achegha responde á pervivencia da concepción relixiosa prerromana a través dos séculos e boa mostra disto témolo en:

ü SAN XOÁN: O fogho foi tomado, non só na cultura ghalegha senón en tódalas civilizacións, polo ser humano como elemento saghrado –desempeñando un papel protector e rexenerador para as persoas e os animais (recórdese o mito de Prometeo...)- pero na nosa cultura, tanto dende o ámbito antropolóxico como dende unha perspectiva de análise lingüística, ten un papel fundamental.

 

ü ANTROIDO (< introitu): Período temporal que non dá nome a ninghún mes pero que debido á súa extensión existe certa identificación por parte da sociedade ghalegha co seghundo mes.
Este festexo ten as súas raíces en tres temas básicos (o terreo ghastronómico, a temática sexual e o ámbito da violencia) dos que derivan características da festividade e do ambiente: aspecto lúdico, carácter satírico e crítico, pervivencia de notas antiquísimas...
  
Do plasmado tirámo-la conclusión de que a concepción relixiosa prerromana dos nosos devanceiros non foi prohibida senón que foi adaptada e asimilada ó culto imperial romano: Este cometido levouse a cabo mediante a interpretatio romana (os deuses ghalaicos foron enmascarados a través do panteón romano). A constatación da presenza das crenzas prerromanas (observables tanto na linghua –topónimos...- como na relixión) demostra que a relixión nunca esmorece debido ó enraizamento no imaxinario popular.

b)   Estrato híbrido: Esta denominación responde a unha mestura dos antighos calendarios solar e lunar.
 
Un dos referentes do calendario ghalegho radica na cultura tradicional popular. Este tipo de cultura tiña e ten na festa o ámbito fundamental para o desenvolvemento da maioría das súas relacións sociais. E como tal o festexo viña predeterminado polo establecido no calendario aghrario (en función á cheghada das estacións do ano realízabanse diferentes tarefas agrícolas de recolección, realización...).

c) Estrato romano:

Como dixemos anteriormente, o calendario oficial é reflexo directo do antigho calendario romano (vid. Punto 1.1).

d) Capa cristiá:
 
O cristianismo, tras ser considerada seita e ser perseghida, foi aceptado como relixión do imperio romano e mediante un proceso de lenta introdución e adaptación pero non baixo forma de imposición nos diferentes territorios dominados. E a súa influencia tamén se trasladou ó eido da denominación mensual:

v Sétimo mes: SANTIAGHO –nome que fai referencia ó Apóstolo Santiago-.v Décimo primeiro mes: SANTOS / SAN MARTIñO.


v Décimo seghundo mes: NADAL –denominación que conmemora o nacemento de Xesucristo-.

En resumo, froito das diversas improntas deixadas polos habitantes ghalaicos e os sucesivos conquistadores da Gallaecia os meses na linghua ghalegha non seghen un só modelo senón unha hibridación:

1º mes: xaneiro (influxo romano).
2º mes: febreiro.
3º mes: marzo / marzal.
4º mes: abril / mes das frores* (forma normativa actual: flores) –calendario agrario-.5º mes: maio.
6º mes: xuño / san xoán (aportación paghánica).
7º mes: xullo / santiagho (influencia cristiá) / mes da segha (calendario agrario).
8º mes: aghosto / mes de Santa María (aporte cristián).
9º mes: setembro.
10º mes. outubro / outono (calendario agrario).
11º mes: novembro / santos (achegha cristiá).
12º mes: decembro / nadal (influencia cristiá).

 

IV. Apéndice documental
 
v Documentación literaria medieval
 
A continuación, plasmaremos unha serie de exemplos que corroboran a existencia da denominación romana dos meses durante a época medieval:

Ø  Xaneiro (solución ghalegha actual) < janeiro (forma ghalegha medieval).

[...]”Este liuro foy acabado vijt días andados do mes de janeiro, era de mill et quatrocetos et onze anos”[...].LORENZO, R.(1985): Crónica troiana. Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña.

Ø Febreiro (solución ghalegha actual) < febreyro (forma ghalegha medieval).
[...]”Esta VIII é como Santa Maria levou seu Fillo ao templo e o offreçeu a san Symeon; e esta festa é no mes de febreyro”[...].AFONSO X “o Sabio”: Cantigas de Santa María. Edición a cargho de Walter Mettmann, 1981. Edicións Xerais de Galicia.

Ø Abril (solución ghalegha actual) < abril (forma ghalegha medieval).
[...]”Aquel [me]ninno Affonso / nome de baptism’así como seu avoo / que o ali aduzia;e cegaron ao Porto / mercores, prime[i]ro dia d’abril, e ena igreja / entraron con gran conorte”[...]AFONSO X “o Sabio”: Cantigas de Santa María. Edición a cargho de Walter Mettmann, 1981, Edicións Xerais de Galicia.

Ø  Aghosto (solución ghalegha actual) < agosto (forma ghalegha medieval).
 [...]”E por esta vergonna / e por d?ostofogi a esta terra, / e ei ja así posto
que nunca alá torné; / e eno mes d’agostoaverá ben seis meses / que fiz aquí estada”[...].AFONSO X “o Sabio”: Cantigas de Santa María. Edición a cargho de Walter Mettmann, 1981. Edicións Xerais de Galicia.

Ø Setembro (solución ghalegha actual) < setembro (forma ghalegha medieval).
[...]”Ca des Pasquay jouve / así como vos eu digoata setembro meado / consell’e a abrigoda Virgen Santa Maria; / e el jazend’y mendigoh?a noite de ssa terra / foi y mui gran romaria”[...].AFONSO X “o Sabio”: Cantigas de Santa María. Edición a cargho de Walter Mettmann, 1981. Edicións Xerais de Galicia.


v Paremioloxía ghalegha actual
 
1. Xaneiro:
a) En xaneiro polas mañás sementa as patacas temperás.
b) Raiola de xaneiro vai coa súa nai ó poleiro.

2. Febreiro:
a) Febreiro, xeada na leira e cachopo na lareira.
b) En febreiro mete obreiro, antes no derradeiro que no primeiro.
 
3. Marzo (coas súas variantes sufixais: marzal...):
a)  En marzo, podar e cavar se queres colleitar.
b)  Marzo marzal, déixame o viño trasegar.

4.  Abril:
a) Abril, do bo durmir.
b)  Abril frío e fornos quente, alegría prós meus dentes.
 
5.  Maio:
a) Maio pardo, ano farto.
b)  Maio ventoso, para o labrador, fermoso; e para o mariñeiro, desastroso.
 
6. San Xoán / xuño:
a) En San xoán bótalle a fouciña ó pan, en santa mariña da meda fai a fariña.
b) En San Xoán a fouce na man.

7. Santiagho / xullo:
a) Santiago co seu canado.
b) Polo Santiago esconde o coello, o rabo e por San miguel vólveselle ver.
c) Xullo quente, millo valente.
d) Xullo andado, millo arrendado.
 
8.  Aghosto:
a) Agosto ardenteiro, herba no palleiro.
b) Agosto e vendima non son cada día e si cada ano, uns con proveito e outros con dano.

9. Setembro:
a) En setembre non hai vella que non tembre.
b) Setembro ou leva as pontes ou seca as fontes.

10.  Novembro / San Martiño / Santos:
a) No San Martiño remonta cada día un ferradiño.
b) Polo San Martiño di o inverno:¡Alá vou eu!.
c) Santos e Nadal, inverno carnal.
d) Nos Santos neve nos altos. No San Andrés neve nos pés.

11. Nadal:
a) Nadal choivoso, xaneiro ventoso.
b) Nadal mollado e xaneiro ben xeado.




FERRO RUIBAL, X. (2002) : Refraneiro galego máis frecuente. Biblioteca Galega. A Voz de Galicia.