Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Presentación do CD Froita Madura do Coro Lonxe da Terra de Barcelona

 

Informa: Elvira Domínguez

Espacios Radiofónicos Galegos en Catalunya (ERGAC)

 

O pasado domingo, 29 de maio, tivo lugar no Centro Galego de Barcelona (CGB) a presentación do CD “Froita Madura” recentemente gravado polo Coro Lonxe da Terra.

 

César del CañoA mesa de presentación estivo constituída polos Señores, Luis Lamas, Presidente do CGB; César del Caño, director do coro; Xosé Aviñoa, catedrático de Musicoloxía da UB, e Basilio Losada, catedrático de Filoloxías Galega e portuguesa da UB.

Abriu o acto o Sr. Toni Cotado, actor, locutor e persoa estreitamente ligada á actividade cultural do CGB, quen salientou a importancia do Coro Lonxe da Terra como xérmolo da creación do propio Centro Galego e realizou a presentación dos diversos membros da mesa, disculpando a ausencia de Alfonso Costa, pintor das imaxes que ilustran o libreto do CD, a quen, por razóns relacionadas coa súa profesión, lle foi imposible asistir ó acto. Seguidamente deu paso ás sucesivas intervencións.

Luis Lamas, en calidade de anfitrión, despois de agradecer a tódolos presentes a súa asistencia, incidiu na importancia que para el tiña esta gravación, calificándoa como “o acto máis importante” do seu mandato. Fixo especial énfase en agradecer a César del Caño, o seu esforzo, remarcando “o peso intelectual que supón levar a termo un traballo destas características”. Rematou a súa intervanción con diversas consideracións referentes ás obras de remodelación e mantemento que neste intre se están a levar a termo na práctica totalidade das dependencias da entidade, sobre todo na parte do bar e a súa cociña.

A continuación tomou a palabra César del Caño, quen agradeceu ó presidente do CGB a confianza nel depositada e “o apoio sen límites” que dende o comezo lle bridou; “apoio que se puxo de manifesto mesmo en momentos difíciles, nos que non faltou que quixese manipular e mesmo boicotear o proxecto”.

Acto seguido pasou a explicar a estructura formal da edición, “articulada en catro bloques temáticos: cancións da terra, do ar, do mar e de alén, nas que están inseridas unha serie de obras de Ángel Barja, como modesta homenaxe a este compositor galego, máis valorado fóra de Galicia que na súa propia terra”, dixo. Ademáis “nesta edición préstaselle tamén especial atención ás cantigas dos nosos trobadores medievais, Martín Codax, Meendinho, D. Dinís e Xohán de Requeixo, dos que se inclúen diversas cantigas”.

Referiuse por último ó bloque temático denominado “obras de alén” constituído por versións e traduccións de diversas obras foráneas, entre elas unha peza de Lennon/McCartney, traducida ó galego por Vicente Araguas, crítico literario, traductor e ex-membro do mítico grupo Voces ceibes, a quen agradeceu a súa colaboración.

Coro Lonxe da Terra de BarcelonaXosé Aviñoa incidiu na importancia de Ángel Barja como compositor de proxección internacional, facendo un repaso polos diversos premios e recoñecementos dos que fora obxecto en vida. Rematou a súa intervención facendo énfase na “estupenda calidade de sonido” do CD, destacando a curiosa maneira de tratar as voces, e a variedade de recursos interpretativos empregados: tríos, quintetos, obras para canto e piano, e mesmo unha obra con sintetizadores. Segundo el, esto rompe a tendencia xeralizada do resto de coros, “a miúdo dominados por un esaxerado purismo”.

O seguinte en tomar a palabra foi Basilio Losada, quen realizou unha breve introducción á lirica galego-portuguesa, enfatizando a relevancia das cantigas como “o corpus lierario máis importante de tódolos tempos” e do galego como “o máis grande tesouro que posúe noso pobo”.

No referente á música coral manifestou a súa opinión en relación coa posibilidade de formar un gran coro galego en Barcelona, en vez de promover a existencia de coros pequenos coros ubicados nas diversas asociacións culturais.

Pechando o turno de parlamentos, volveu intervir o director do coro, esta vez para realizar unha audición comentada dos temas do disco, non sen antes contestar ás alusións realizadas previamente polos anteriores persoeiros: en relación ó comentario de Losada sobre a creación dun gran coro galego en Barcelona, del Caño aclarou que ese coro xa existira había uns poucos anos co nome de “Coro de Irmandade”, fundado por el mesmo, cun número aproximado de cincuenta cantores, pero que tivera que suspender a súa actividade debido, entre outras causas, ó permanente boicot sufrido por parte do presidente de determinada entidade que aglutina á meirande parte das asociacións culturais galegas en Catalunya.

Neste mesmo orde de cousas, puxo de manifesto a súa intención de “apostar pola calidade máis que pola cantidade”, aclarando que as entidades culturais “son xustamente eso: centros para a salvagarda dos valores culturais e a producción artística, non gardeirías nin simples centros de diversión. A diversión e a arte so poden camiñar xuntas se as xungue a ilusión polo aprendizaxe e o autoperfeccionamento”.

Para pór punto final, o Coro Lonxe da Terra interpretou catro obras representativas dos diferentes bloques temáticos nos que se articula o CD, sendo reiteradamente ovacionado polo público asistente que abarrotaba o salón “Francisco Ferrío” do Centro Galego de Barcelona.