Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Celso Emilio Ferreiro

Dedicado el día de las Letras Gallegas en 1989 Celso Emilio Ferreiro

Celso Emilio Ferreiro naceu en Celanova en 1913, nunha familia de comerciantes de forte arraigo rural. 

Estudiou o Bacharelato nos Escolapios de Celanova, e desde a primeira mocedade empeza as súas actividades culturais e politicas. Foi secretario de organización da Federación de Mocedades Galeguistas. 

No ano 1936 foi forzosamente mobilizado polo exército sedicioso, e despois da guerra exerceu a docencia privada. No ano 1942 empezou a traballar como administrativo en Pontevedra, e no 1949 trasladouse a Vigo, onde exerceu de procurador.

En 1966 emigrou a Venezuela, onde exerceu unha gran actividade dentro da colectividade galega, trabando duros combates contra as posicións reaccionarias. 

En 1973 volveu de América. Morreu en Vigo no ano 1979.

Os seus libros máis  destacados son:

O soño sulagado (1954)

Longa noite de pedra (1962)

Terra de ningures (1969),
Viaxe ao pais dos ananos (1972)

Cimeterio privado (1973) 

Onde o mundo se chama Celanova (1975)

Longa Noite de Pedra é o reflexo dunha unha sociedade en loita pola súa liberdade , é un traballo de recopilación de diferentes poemas cun denominador común , o compromiso frente ó réxime militar franquista.