Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Celso Emilio Ferreiro

Celso emilio FerreiroLonga noite de pedra

LONGA NOITE DE PEDRA (1962)

No meio do caminho tinha uma pedra
tinha uma pedra no meio do caminho
tinha uma pedra
no meio do caminho tinha uma pedra.

CARLOS DRUMMOND DE ANDRADE

O teito é de pedra.

De pedra son os muros

i as tebras.

De pedra o chan

i as reixas.

As portas,

as cadeas,

o aire,

as fenestras,

as olladas,

son de pedra.

Os corazós dos homes

que ao lonxe espreitan,

feitos están

tamén

de pedra.

I eu, morrendo

nesta longa noite

de pedra.

LARGA NOCHE DE PIEDRA (1962)

En el medio del camino tenía una piedra
tenía una piedra en el medio del camino
tenía una piedra
en el medio del camino tenía una piedra.

CARLOS DRUMMOND DE ANDRADE

El techo es de piedra.

De piedra son los muros

y las tinieblas.

De piedra es el piso

y las rejas.

Las puertas,

las cadenas,

el aire,

las ventanas,

las miradas,

son de piedra.

El corazón de los hombres

que a lo lejos acechan,

hechos están

también

de piedra.

Y yo, muriendo,

en esta larga noche

de piedra.

 

"Longa noite de pedra" é un testemuño da angustia individual e colectiva dun periodo da historia de Galicia. Celso Emilio Ferreiro, no ano 1936 foi reclutado para loitar pola patria en Asturias. En 1937, cando estaba na súa casa con permiso, foi detido por facer comentarios políticos en publico. Estivo varias noites no cárcere, nunha cela de pedra no Mosteiro de Celanova.

"Longa noite de pedra " xorde, coma producto dos momentos vividos polo autor nese lugar e entronca coa literatura civil , moi comprometida daquela coa denuncia social e tamén reflexa  a situación represora na que se atopaba a lingua galega e a nosa literatura neses anos.

É un traballo de recompilación de diferentes poemas con orientacións estilísticas e temáticas diferentes, baixo o denominador común do compromiso.