Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

O castiñeiro en Galicia

As raíces etimolóxicas do seu nome, castiñeiro, proceden do termo grego "castanon" que deriva de Castana, cidade antiga do Ponta, en TURQUÍA. Considérase que é orixinario do sueste de Europa e Asia Menor, aínda que tamén podería ser ventureiro dende tempos antigos na península ibérica, o que confirmaría a esta árbore coma autóctona. 

É de supoñer que dende moi cedo esa especie foi aproveitada polo home primitivo, xa que lle fornecería alimentos fáciles de obter, aínda que nos traballos arqueolóxicos, feitos nos castros galegos non se atopou, polo de agora, ningún sinal de que os poboadores empregaran a castaña como alimento antes do século I. 

Esta situación viuse radicalmente cambiada coa chegada das lexións romanas, que nos tempos de Augusto exercían o seu dominio sobre cántabros e ástures. Durante a romanización perfecciónanse as prácticas agrícolas, dedícanse ó cultivo as terras máis fértiles, e ademais de introducirse novos cultivos lévanse tamén a cabo novas plantacións de árbores útiles como é o caso do castiñeiro.

Os romanos eran sabedores do valor alimenticio da castaña e xa dispuñan de boas variedades, que ían plantando nos lugares a medida que os ían conquistando. 

Trouxeron as clases froiteiras e as técnicas de cultivo empregadas nos Balcáns ou en Oriente Medio, onde esta especie tiña unha presencia máis continuada. A extensión desta árbore pola península ibérica durante a dominación romana sufriu un cambio no século VIII, coa chegada dos árabes, que supuxo o abandono das terras da meseta e das áreas de montaña. 

Co desenvolvemento da Reconquista colonizáronse de novo as terras abandonadas.

Tamén hai que ter presente a importancia que tiveron os mosteiros no espallamento do cultivo do castiñeiro. Así en Galicia existen noticias de colonizacións realizadas durante os séculos X e XI polos frades bieitos de Celanova nas que introducen o cultivo do castiñeiro xunto con outros coma ó do viño, en lugares onde aínda non se coñecían.
.
árbore Foi precisamente o castiñeiro o que fixo posible a mantenza dun elevado número de poboación nas zonas rurais. Ata o descubrimento de América e a introducción da pataca e o millo en Europa, a dieta dos nosos devanceiros baseábase no "millo miúdo" (mijo) e nas castañas que eran a base de alimentación en Galicia. 

Así como ó americano "maíz" chamámoslle millo en toda Galicia, nalgunhas bisbarras chamaron ás patacas "castañolas" ou "castañas da terra".

O inicio do cultivo de pataca e millo no século XVIII, e o conseguinte cambio na alimentación, fixo que se tallaran os soutos para as novas plantacións nas boas terras forestais, sobre todo na provincia de Pontevedra.

A fins do século XIX a aparición da enfermidade da tinta causou a morte de moitos castiñeiros.

Poucas árbores prestaron tanto servicio ó home coma o castiñeiro, ademais da súa madeira. O seu froito en tempos pasados, salvou de morrer de fame a moitas poboacións e segue consumíndose polo alto poder alimenticio que encerra. 

castañas O castiñeiro foi básico na alimentación galega, e tamén para os carpinteiros. A súa madeira é mala para o lume pero de grande utilidade para outro uso, debido a súa lonxevidade, especialmente na fabricación de mobles, apeiros de labranza, vigas das casas, portas, fiestras, cancelos, cercados e tamén os útiles e apreciados cestos empregados en tan diversas tarefas agrícolas da nosa cultura.

Tamén o comen os animais domésticos.

Sen dubidalo é a árbore de máis vitalidade. Hai castiñeiros de centos de anos, con caracocha oca, superando os dous metros de diámetro no tronco e os 20 metros de altura.

 

 

Mónica Beatriz Suárez Groba

Bibliografía consultada: "Conociendo Galicia", Xosé María Manteiga.

                                           "Historia de Galicia", Ramón Villares.

 

 

ver máis sobre este tema: o magosto, a festa da castaña

VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ