Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Alfonso Daniel Manuel RODRÍGUEZ CASTELAO

Sempre en Galiza, por Castelao

Sempre en Galiza: fragmentos

"Confederación Ibérica para ingresar na Unión Europea"  

( 1947)

Unión EuropeaDespoís de mostrar a vocación unionista de Galiza e ver cómo se lle regateou en vida da República un dereito de autonomía precaria, xa concedido a Cataluña, ainda foi preciso que no desterro -onde todol-os dereitos son simbólicos-- seguise en todo apoxeo a incomprensión dos repúblicos hispanos, que se negaron a equiparamos aos cataláns e vascos, sabendo que realizamos idénticos deberes constitucionaes. Sí; custa moito creer que os males políticos de Hespaña teñan remedio. Pero nós somos galegos; xente prudente e de bó sentido, liberal e pacifista, entusiasta até o lirismo, segura de que "ca luz virá para a caduca Iberia dos fillos de Breogán". Non temos ningunha fé nos hespañoes; pero témola en nós mesmos e nas ideias que profesamos. Estas ideias poden concretarse nos catro principios siguentes:

a) Autonomía integral de Galiza para federarse cos demáis povos de Hespaña.
b) República Federal Hespañola para confederarse con Portugal.
e) Confederación Ibérica para ingresar na Unión Europea.
d) Estados Unidos de Europa para constituir a Unión Mundial.

 

Paquebote "Campana"
Xullo-agosto do 1947.