Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Alfonso Daniel Manuel RODRÍGUEZ CASTELAO

Sempre en Galiza, de Castelao

Sempre en Galiza: fragmentos

"Votaron a favor do Estatuto: 993.351 eleitores. Votaron en contra: 6.161."


En febreiro do 1936 celebráronse en Hespaña as derradeiras eleicións de Diputados a Cortes. O pacto de Frente Popular en Galiza -no que os galeguistas entraron como aliados de Izquierda Republicana- contiña o compromiso de ir inmediatamente a celebración do plebiscito: e, unha vez
gañadas as eleicións, pudo realizarse, gracias a disponer d-un decreto esquecido até pol-o proprio redaitor. Como ben se sabe, o plebiscito levouse a cabo no día 28 de xunio do mesmo ano, e o resultado sobrepasou, en todas e cada unha das provincias galegas, ao porcentaxe que a Le¡ eisixía. O trunfo estaba descontado, pol-o compromiso de todol-os partidos integrantes do Frente Popular e pol-a falla de oposición dos seitores da dereita, que acordaron non facer uso do intervencionismo estabrecido no decreto. Galiza, pois, compreu de maneira insuperable os trámites constitucionaes, e pudo presentar o seu Estatuto âs Cortes da República o día 15 de xullo de 1936, tres días antes de estalar a guerra civil.

Afiche polo Sí ao Estatuto de GaliciaVotaron a favor do Estatuto: 993.351 eleitores. Votaron en contra: 6.161. E votaron en branco: 1.451. Téñase en conta que o número de eleitores galegos, inscritos no Censo, era de 1.343.135 e que o quorum necesario para gañar o plebiscito, según a Lei, era de 895.423; e, pol-o tanto, houbo un esceso de 97.927 votos favorabeis, co que quedou definitivamente aprobado o Estatuto proposto pol-os Axuntamentos de Galiza en 1932. Debemos remarcar que en ningún intre do aito plebiscitario se produxo a menor reclamación ou protesta, de modo que o intervencionismo estabrecido no decreto ministerial foi unha de tantas ofensas inferidas a Galiza sen máis motivo que "a mala le¡ que nos teñen"; pero ese decreto sírvenos agora para valorizar a documentación que Galiza entregou âs Cortes da República. Compre engadir que os galegos emigrados tamén expresaron a súa vontade autonomista n-un plebiscito que dou en chamarse "sentimental". En Madrid por enxemplo, recolléronse máís de trinta mil firmas a favor do Estatuto, e cincoenta e cinco entidacles de Bos Aires enviaron ao Comité pro Autonomía de Galiza o síguente cablegrama: "Sociedades galegas de Bos Aires, que agrupan cento cincoenta mil asociados, reunidas por Centro Galego para unificar ideias encol plebiscito autonomista rexional, acordaron asumiren representación coleitividade radicada en Arxentina e pedir ese Comité divulgación por todol-os meios posibeis dos seus ferventes desexos de que irmáns d-ahí se inspiren no máis erguido patriotismo para levar a Galiza outros destinos ao votarse plebiscito en demanda da súa autonomía."


0 Estatuto de Galiza, entregado ao Presidente do Congreso, o día 15 de xullo de 1936, tomou estado parlamentario na memorable sesión de Cortes celebrada en Monserrat o día 1° de febreiro do 1938. Certo que a guerra civil podería xustificar tanta tardanza no comprimento d-este simple requisito; pero, en verdade, non foi a guerra, senón a eterna manía de impedir, ou pol-o menos retrasar, calisquera aito de xusticia que a Galiza se lle deba. Velahí as verbas con que o dito aito se consiña no Diario de Sesións: "El Sr. Presidente: Ha sido presentado a la Mesa, cumpliendo todas las formalidades reglamentarias, el Estatuto de la región gallega: Los señores representantes de los distintos grupos parlamentarios manifestarán en momento oportuno las personas que habrán de constituir la Comisión correspondiente."

Anos máis tarde, creouse o Goberno estraterritorial da República hespafíola, presidido por Giral; e na declaración que flxo ante as Cortes axuntadas na cibdade de México, o día 7 de novembre do 1945, lembrouse do noso deréito coas siguentes verbas: "Por último, Galicia dejó expresada su voluntad de autonomía en el texto del Estatuto plebiscitario y aprobado por el pueblo gallego, que en su día tomó estado parlamentario y quedó pendiente del examen y aprobación de las Cortes." Na terceira xuntanza de Cortes en México (día 9 do mesmo mes e ano) propúxose o nomeamento da Comisión de Estatutos, dándose lugar a un longo debate que consumeu a xornada enteira.

Falaron moitos diputados, e non todos con boa fé; pero ningún d-eles -nin o mesmo Indalecio Prieto, promotor do inútil debate- se atreveu a discutir o dereito gañado por GaI,za. Ao final ficou constituida a "Comisión del Estatuto Gallego" gracias â forte solidaridade dos parlamentarios galegos, que impuxeron un respeto xeral e gañaron a simpatía do ambente. E por resultas de esto eu veño de ser Ministro do Goberno que presidía Giral.