Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Alfonso Daniel Manuel RODRÍGUEZ CASTELAO

Sempre en Galiza, por Castelao

Sempre en Galiza: fragmentos

"a degradada imbecilidade dos cosmopolitas, é tan absurda como desexar que desaparezan os negros" Negro de Nova York (augada de Castelao) A loita nobre e leal das ideas é o que asegura o progreso. A uniformidade que degoiran algúns, sólo se logra coa morte; e non hai dúvida de que os termos do lema "Liberté, Fraternité, Egalité" son antitéticos, pois antramentras haxa liberdade eisistirán loltas que impiden a igoaldade; pero que aseguran o ascenso cara a perfeición, na que será posible a fraternidade.

A teima universalista ou a degradada imbecilidade dos cosmopolitas, é tan absurda como desexar que desaparezan os negros. Podían decir todal-as constitucións políticas do mundo: "Prohibese a eisistencia dos negros", e podían matarse a todol-os seres d-esta raza; pero xurdirían outra vez no crisol dos trópicos. 0 que non se pode facer, hoxe por hoxe, é convertir a un negro en branco. Non hai máis que un sol para todos; pero este sol único fai negros en África e loiros en Escandinavia. Aceptemos, pois, as realidades que nós non podemos abolir e respetemos as que, podendo ser abolidas, foron creadas pol-a nosa natural condición de homes. E o máis respetable é a variedade, porque n-ela reside o acervo común, como na loita reside a orixe da ascensión humán cara Deus. Negro de Nova York, augada de Castelao

Hai xentes que renegan do seu proprio idioma cando non lles sirve para andaren pol-o mundo i entendérense coa xente d-outros povos. Esta é, n-efeito, unha desventura necesaria, e, pol-o tanto, non hai razón para que un home renegue do seu idioma ou dos idiomas que él non comprende. Dendes que saímos do Paradiso terrenal ficamos sometidos, por le¡ de natureza, â variedade de lingoas e de culturas. Cando éramos felices porque vivíamos como animaes, sóio cantábamos o "himno da nosa especie" -un ouveo que nos servia de lingoaxe para as nosas reducidas e invariables necesidades- (Teño dito moitas veces que os probes animaes ainda están no idioma universal).

Unha língoa non nasce por vontade dos homes senón por necesidades do seu progreso, e non está queda anque así o decidan as leis do país e se orgaicen Academias para fixala. A evolución das lingoas é inevitable e a política sólo pode entorpecer e violentar o desenrolo lingoístico d-un país, sempre con perxuicio da potencia creadora do povo. Pode unha língoa imporse violentamente e conquerir un imperio; pero antramentras non desaparezan as língoas sometidas este imperio será mudo para o arte e calisquera outra creación do esprito, e dispóis de trunfar totalmente a língoa imperial fica sometida a unha descomposición e, por ende, â morte.