Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Alfonso Daniel Manuel RODRÍGUEZ CASTELAO

Sempre en Galiza, por Castelao

Sempre en Galiza: fragmentos

"Portugueses... mediatizados por potencias estranas"

Así, pois. non foi Portugal tan escravo de Castela baixo o cetro dos Felipes; pero coñecendo a soberba e intransixencia dos casteláns, faltáballe aos portugueses a seguridade en si mesmos, no peso e na forza da súa nación. Atrevémonos a decir que os portugueses, arrimados ao séquito femenino dos reía hespañoes, usaban e abusaban da língoa de Castela obedecendo a un complexo de inferioridade, que se repiteu máis tarde co afrancesamento das crases superiores, Non foi recíproco o influxo lingoístico, pois en Castela non se usaba o portugués nin para lisonxear âs Princesiñas portuguesas, que máis estimaban a língoa estranxeira que a propria. ¿Por qué unha alianza luso-castelán pon en perigo a integridade moral dos portugueses anque non eisista unha intención asimilista por parte de Castela? Simplementes, porque Portugal sen Galiza resulta pequeno, reducido i endeble â-veira de Castela, e o premio d-unha alianza non pode calmarlle o medo de ser absorbido.
Compre lembrar que os lisboetas (especie de andaluces que falan galego cos dentes pechados) fartáronse de aldraxarnos durante o seu cautiverio, nada máis que por facérense gratos os casteláns, iñorando que se aldraxaban a sí mesmos (a orixe d-eses aldraxes está na pauliña dos Reis Católicos, pol-a defensa que fíxemos da Beltraneja.). Diremos máis: os lisboetas bulrábanse igoalmente dos portugueses do Norte, porque éstes eran galegos. Nos séculos XVI e XVII os portugueses empregaban o castelán co evidente favor con que os casteláns do século XII e XIII empregaron o galaico-portugués, e se no período dos Austrias non eisistira o divorcio moral e cultural antre portugueses e galegos, é cordo pensar que as influencias serían recíprocas e que a unión ibérica sería garantia de benestar e grandeza mutuas. Agora ben; a nosa actual separación será cicais tinha continxencia política inevitable no plazo mortal dos homes que agora vivimos; pero a compenetración  galaico-portuguesa e unha fatalidade inescusable, que debe.fomentarse, a non ser que os portugueses se resiñen a viviren en constante simulacro de soberanía, mediatizados por potencias estranas â Penínsua.
Probada para Portugal as avantaxes d-unha alianza ou unión hispana, sería ben doado esvaer os temores da súa absorción por Castela o dia en que Hespaña abrazase o réxime federal, cando Galiza fose autónoma e se abrise, de par en par, a fronteira miñota aos efeitos da língoa, da cultura, da arte, do esprito...En fin; cando creásemos un período equivalente ao dos Cancioeiros.