Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Alfonso Daniel Manuel RODRÍGUEZ CASTELAO

Sempre en Galiza, por Castelao

Sempre en Galiza: fragmentos

"0 mundo sóio me intresa pol-o que pode influir na Galiza"

A estatua da Liberdade con cono de xelado na manDecorreron tres meses de vida pouco axeitada para cismar encol do pasado, e menos ainda para profetizar. Os trafegos e preocupacións a que me vin sometido n-esta derradeira tempada e a barafunda dos acontecimentos que se sucederon en tan breve tempo, ameazándonos con feitos ainda máis violentos, xustifica a miña folga. Pero agora estou no mesmo mar que cruzaron as carabelas de Colón e --síntome con azos para escribir. Hai tres días que deixei Nova York e vou cara o Sul, ao encontro da Galiza ideal, qué é a mellor Patria que hoxe se me pode oferecer. Hai tres días que lle dixen adeus â estátua da Liberdade. Alá ficou a vella matrona co seu ice cream cone na man, e ogallá que algún dia poida vela con máis simpatía. Hoxé é 30 de xunio do 1940 e vou cara Bos-Alres c-unha licencia para vivir e traballar. Vou ser un emigrante máis da coleitividade galega de Bós Aires e síntome mozo ao alviscar o Atlántico. Esquezamos que Franza guindou coa súa Hestoria, entregándose a Hitler. Esquezamos que Inglaterra ensaia unha resistencia espranzada (queira Deus que sexa con máis fortuna que a nosa). Esquezamos que a salvación pode vir das dúas inmensas Federacións antípodas i enlazadas pol-a branca e pura neve do Norte. O mundo sóio me intresa pol-o que pode influir na Galiza.