Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Alfonso Daniel Manuel RODRÍGUEZ CASTELAO

UNHA RÚA NUN PORTO LONXANO    ( de “Cousas”)Debuxo de Castelao


Unha rúa nun porto lonxano do norte. As tabernas están acuguladas de mariñeiros e botan polas súas portas o bafo quente dos borrachos. Xentes de tódalas castes do mundo, cantigas a gorxa rachada, música de pianolas chocas, moito fedor a sebo...

Un mariñeiro que fala francés tropeza cun mariñeiro que fala inglés. Os dous fanse promesas de gran amistade, cada un no seu falar. E sen entenderse, camiñan xuntos, collidos do brazo, servíndose mutuamente de puntales.

0 mariñeiro que fala francés e maiío mariñeiro que fala inglés entran minha taberna servida por un home gordo. Queren perde-lo sentido xuntos para seren máis amigos. ¡Quen sabe se despois de ben borrachos poderán entenderse!

E cando o mariñeiro que fala inglés xa non rexe co seu corpo, comenza a cantar:

Lanchiña que vas en vela,
levas panos e refaixos
para a miña Manoela.



0 mariñeiro que fala francés arregala os ollos, abrázase ó compañeiro e comenza tamén a cantar:



Lanchiña que vas en vela,
levas panos e refaixos
para a miña Manoela.




i¡A-iu-jú-jú!! Os dous mariñeiros eran galegos.

0 taberneiro, gordo coma una ilamengo de caste, veu saí-los dous mariñeiros da taberna e pola súa faciana vermella escorregaron as hágoas. E dispois dixo para si nun laído saudoso:

Lanchiña que vas en vela,


Tamén o tabemeiro era galego.