Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Castelao con Paul Muni e Joan Crawford

Joan Crawford Castelao Paul Muni

De esquerda á dereita:

Paul Muni

A. Daniel R. Castelao

Joan Crawford







Témonos referido á obra de Castelao en Nova York e na Habana, á serie dos negros e mais o álbum "Milicianos" , mais non chegou a saberse moito da sua estancia nesas cidades e noutras de Estados Unidos e Cuba. Luis Soto, o xefe sindical do maxisterio galego , que foi seu segredario nesa xira que lle fora encomendada a Castelao polo goberno da república, debería escrebir o libro que ten moitas vegadas oferecido sobor dela. Temos entendido que él garda moitos documentos, carteles, etc. , referidos á laboura proselitista de Castelao e dél mesmo nas coleitividades galegas de diversas cidades de ambos países i entre os núcleos antifeixistas.

Sábese por exemplo da entrevista de Castelao cos actores Paul Muni e Joan Crawford, dirixentes da axuda a república española, en Hollywood, e dos mítines nas galerías das minas de Lousianna, por exempro, onde traballaban mineiros galegos, aos traballadores galegos do porto de Nova York, e pouco mais. Na importante síntesis biográfica que fixo Xosé Nuñez Búa guieiro de cantas se fixeron dende ela pro número estraordinario de "A Nosa Terra", numero feito co gallo do seu pasamento, dise que en Nova York dou cursos de conferencias sobor arte, logo de rematada a guerra civil, en algús centros de enseñanza e que viviu vendendo acuarelas e dibuxos de negros. Por Luis Soto soupemos que, denantes de rematada a guerra , tiña sido nomeado a fines de 1938 ou comenzos do 39, Presidente Honoraraio da "Federación Internacional de Sociedades Negras de Nueva York", dacordo coa sua propaganda antifeixista e antiracista.

Tamén soupemos que publicou dibuxos con ese carauter no semanario de esquerda "Daily Worker", na revista das "Sociedades Hispanas confederadas" e no periódico en castelán "La República". Que publicaron dibuxos seus o "New York Times" o "Chicago Tribune" e un diario de Detroit, e que na Habana colaborou nas revistas "Bohemia" i "España". En Nova York foi amigo de dos grandes dibuxantes, tamén antifeixistas, Rockwell Kent, o ilustrador das memorias de Casanova e de "Moby Dick", e de William Grooper, o xedeo estadounidense que fixo bariles sátiras dos polítticos e financieiros de Estados Unidos e, mais tarde, da guerra. Deles falounos en Buenos Aires o mesmo Castelao.

Da sua vida en Nova York ten sido testigo Don Antonio Sánchez, de Sada, que lleva arredor de cincoenta anos nesa cidade, e dono do "Bar Castilla Restaurant", i é, ou foi, perante moitos anos xefe de Distrito do Partido Demócrata.

 

 


Castelao artista - Luís Seoane - Editorial Alborada - Páxinas 31 e 32
Impreso baixo a dirección de Don Arturo Cuadrado Moure o 25 de Novembro de 1969
Exemplar xentileza de Don Francisco "Paco" Lores Mascato