Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

CARLOS CASARES MOURIÑO

Segundo cabodano do seu pasamento 

 

Carlos Casares

O día 9 de marzo de 2002, hai dous anos, moría o escritor Carlos Casares Mouriño. 

Queremos lembrar a súa figura, a súa obra e a súa memoria.  E tamén, facer nosa, a lembranza que daquela escribía Manuel Rivas.

Desacordo sobre un suceso (Manuel Rivas)

Disque unha cousa é o que existe e outra o que sucede. 

Sssssh. Non dicir que morreu. Non llo dicir a ninguén. Tampouco hai que mentir, claro. Non dicir nada. Temos que admitir a realidade. Pero a realidade tamén debería ser máis dialogante. Non pode chegar como unha ladroa na noite, e levarse, así como así, do melloriño que temos, a lúa polo prezo dunha mazá reineta. 

Podemos chegar todos a un acordo. Para iso está a literatura. Pararlle un pouco os pés á realidade. Non aceptala cando se comporta como un rufián que anda acoitelando corazóns e reloxos desta maneira. Independentemente do que sucede, Carlos Casares existe. Si, señor. É un grande escritor e un gran tipo. Un froiteiro en flor. Da mellor estirpe de Galicia, a da liberdade, o humor e un pisco de melancolía. 

Sempre haberá algún túzaro que veña coa verdade por diante como unha máquina cortadora de céspede: "¡Morreu, morreu, morreu!".

Non facerlle caso. É a realidade que anda a meter ruído. Nós escoitamos a voz de Casares escribindo no aire. Abrimos o libro como quen abre unha cancela e imos por esa corredoira do segredo: ¡Alí está Carlos falando coa rosa, o raposo e o principiño! 
E o tipo da cortadora, dalle que dalle: "¡Morreu, morreu, e morreu!". 

Hai que manterse firmes. Non deixarse comer a moral. ¿Morreu? ¿E sábelo ti, eh, listo espelido? Porque unha cousa é morrer un día, por exemplo o 9 de marzo do 2002, e outra moi distinta morrer toda a vida. 

 

· CARLOS CASARES MOURIÑO; VIDA, FIGURA E OBRA

· ESCOLMA DE ARTIGOS PUBLICADOS NA PRENSA GALEGA TRALO SEU PASAMENTO

· ENTREVISTA A CARLOS CASARES: "SABOR GALEGO"

· PEQUENA ESCOLMA DA SÚA OBRA: 

· "TEMPO DE MÁSCARAS"

· FRAGMENTO DE "XOGUETES PARA UN TEMPO PROHIBIDO"

· UN RELATO CURTO: "O DÍA QUE DONA RAMONITA PUXO UN OVO"