Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

CANCIÓNS POPULARES GALEGAS

LELA

(Alfonso Daniel Rodríguez Castelao)

Están as nubes chorando
por un amor que morreu
Están as rúas molladas
de tanto como choveu (bis)

Lela, Lela,
Leliña por quen eu morro
quero mirarme
nas meniñas dos teus ollos

Non me deixes
e ten compasión de min.
Sen ti non podo,
sen ti non podo vivir.

Dame alento das túas palabras,
dame celme do teu corazón,
dame lume das túas miradas,
dame vida co teu dulce amor. (bis)

Lela, Lela....

....


Sen ti non podo,
sen ti non podo vivir.

 

Catelao e a súa dona Virxinia

FOTO: Castelao e a súa dona Virxinia

Esta fermosa canción, emblemática da música galega formou parte da única obra de teatro que Castelao escribiu: "Os vellos non deben de namorarse". Esta obra ironiza sobre o paso do tempo e o amor dos vellos polas mozas.

Foi escrita en diversos momentos da década dos trinta, rematada a finais desta en Nova York e estreada en Buenos Aires en 1941 coa participación do actor galego Fernando Iglesias, "Tacholas".

Castelao deulle ao teatro galego un pulo netamente renovador; proba diso é que se preocupase non só polo aspecto textual mais tamén polo visual: el foi o encargado do deseño dos escenarios, do vestiario e das máscaras dos actores.

"LELA" foi pensada por Castelao á maneira dunha serenata estudiantil compostelá cantada por un nostálxico coro de boticarios (persoaxes da obra teatral) tendo ó xeito dun bello fado de Coimbra (música tradicional portuguesa).