Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Camilo José Cela, o colaboracionista inventor dos costumes modernos

Premio Nobel de Literatura 1989

Premio Cervantes 1995

Camilo José Cela, premio Nobel de literatura galego

Camilo José Manuel Juan Ramón Francisco de Jerónimo Cela Trulock foi un escritor galego que escribiu en castelán e naceu en Padrón ( a antiga Iria Flavia romana ), A Coruña, o 11 de maio de 1916. Destacouse pola novela.

O seu pai Camilo Cela Fernández casou con Camila Emmanuela Trulock y Bertorini, de ascendencia inglesa e italiana e en 1925, instálase en Madrid co seu primoxénito, o futuro novelista Camilo.

Camilo José Cela cursa os seus estudos e, en 1931, é internado en Guadarrama por tuberculose onde aproveita para ler a Ortega y Gasset, o gran filósofo español, neto do galego Eduardo Gasset y Artime, fundador de "El Imparcial", e tamén unha colección de autores clásicos españois, a súa primeira achega á literatura.

En 1934 inicia a carreira de medicina pola unha banda, e medra como intelectual asistindo a clases na Facultade de Filosofía e Letras e coñecendo a personaxes como Max Aub, Miguel Hernández e María Zambrano, entre outros.

Nos anos trinta Hitler, Mussolini e Franco tecen unha alianza nazifascista que asolagará Europa na guerra. Esta guerra colle ao xove Cela con vinte anos; púxose do lado dos franquistas na Guerra Civil e foi ferido no fronte e hospitalizado en Logroño, aínda que pronto decatouse das supersticións que conducían aos fascistas españois clericais, como o atestigua esta anécdota extraída da Wikipedia:

" -Soldadito, te voy a condecorar con un escapulario del Sagrado Corazón para que te preserve de todo mal, mira lo que dice: 'Deténte, bala, el Corazón de Jesús está conmigo'-. El artillero Camilo se puso pálido, se le escapó todo el color de la cara. -No, no, muchas gracias, condecore usted a otro, se lo ruego, se lo pido por favor, yo llevaba uno prendido con un impermeable en la guerrera y aún no hace un mes me lo sacaron por la espalda, se lo digo con todo respeto, señorita, pero para mí que el Sagrado Corazón es gafe"

Ao rematar a guerra escribe unha das seus obras cumes: "La familia de Pascual Duarte", debutando nas letras cunha obra mestra.

Foi un "delator de rojos" e censor, levando moita xente á morte e malviviu co seu carné de periodista obtido pola súa amizade cos franquistas, con colaboracións á prensa da posguerra.

Outra vez, segundo a Wikipedia:

EXCELENTÍSIMO SEÑOR COMISARIO GENERAL DE INVESTIGACIÓN Y VIGILANCIA.
El que suscribe, Camilo José Cela y Trulock, de 21 años de edad, natural de Padrón (La Coruña) y con domicilio en esta capital, Avenida de la Habana 23 y 24, Bachiller Universitario (Sección de Ciencias) y estudiante del Cuerpo Pericial de Aduanas, declarado Inútil Total para el Servicio Militar por el Tribunal Médico Militar de Logroño en cuya Plaza estuvo prestando servicio como soldado del Regimiento de Infantería de Bailén (nº 24), a V.E. respetuosamente expone:
Que queriendo prestar un servicio a la Patria adecuado a su estado físico, a sus conocimientos y a su buen deseo y voluntad, solicita el ingreso en el Cuerpo de Investigación y Vigilancia.
Que habiendo vivido en Madrid y sin interrupción durante los últimos 13 años, cree poder prestar datos sobre personas y conductas, que pudieran ser de utilidad.
Que el Glorioso Movimiento Nacional se produjo estando el solicitante en Madrid, de donde se pasó con fecha 5 de Octubre de 1937, y que por lo mismo cree conocer la actuación de determinados individuos.
Que no tiene carácter de definitiva esta petición, y que se entiende solamente por el tiempo que dure la campaña o incluso para los primeros meses de la paz si en opinión de mis superiores son de utilidad mis servicios.
Que por todo lo expuesto solicita ser destinado a Madrid que es donde cree poder prestar servicios de mayor eficacia, bien entendido que si a juicio de V.E. soy más necesario en cualquier otro lugar, acato con todo entusiasmo y con toda disciplina su decisión.
Dios guarde a V.E. muchos años.
La Coruña a 30 de Marzo de 1938. II Año Triunfal.
Fdo. Camilo José Cela

Casou no 1944 con María del Rosario Conde Picavea con quen tivo o seu fillo Camilo José, pero se divorciou para casar con Marina Castaño en 1991.

Dos anos 50 ata o 2001 leva adiante o proxecto das súas memorias publicándose soamente "La rosa".

Foi un hábil e ambicioso colaboracionista do Régimen franquista, un cultor individualista da súa imaxe moi propio dos fascistas.

Os tempos da posguerra eran tempos nos que todo era censurado e a obra de Cela non foi a excepción, pero coa sorte que a censura chamou a atención do público literario de Madrid, onde obtivo o éxito entón.

En 1951 se publica en Bos Aires, Arxentina, por mor da censura, dados os seus pasaxes eróticos, unha das súas obras mestras, "La colmena", levaba o cine cun importante elenco: Paco Rabal, Victoria Abril, Ana Belén, José Sacristán, Charo López, e participou ata o mesmo Cela, entre outros.

O Ministro do Interior de Franco, o galego Manuel Fraga Iribarne axudou a Cela e autorizou a primeira edición española.

En 1954 emigra a Palma de Mallorca onde edita a revista literaria "Papeles de Son Armadans" onde xogou habilmente a rifar coa censura e convocar a escritores no exilio, e logo crea a famosa editorial Alfaguara.

Pese o seu novo benestar económico Cela amosou que a súa vileza non tiña que ver coa necesidade ( tería de ser entendible neses tempos tan duros ) senón que confirmou o seu mercantilismo lampón e a súa complicidade co poder político fascista español. O profesor Ysàs revelou recentemente e documentadamente como persoas como Cela ofrecéronse no Ministerio de Información na Transición para frear aos desertores do fascismo español propoñendo o suborno destes. Sumouse tamén a un grupo de simulados inconformistas na súa vocación de delator e espía.

Compraba libros a fascistas para favorecelos, ou ofrecíalles contrato cunha editorial franquista, e todo por motu propio. Pódese dicir que Cela foi o prototipo e inventor do home moderno que fai calquera cousa polo seu interese persoal. Presidiu tamén a Sociedade de Amistad España-Israel baseada no xudaísmo historicamente constitutivo, xunto co árabe, da cultura española, imaxinamos que arrepiando aos seus camaradas ultracatólicos.

É senador nas primeiras "Cortes Generales" da transición establecendo o castelán como lingua oficial.

En 1955 vende a súa mercenaria pluma á ditadura venezolana e publica "Historias de Venezuela" facendo propaganda dese réxime suramericano, levando o seu fascismo ao plano internacional. Quixo refundar a literatura venezolana coa súa lingua "llanera" que foi unha fardante impostura e todo rematou nun escándalo, aínda que o escritor levándose varios millóns de pesetas.

Camilo José Cela foi elixido en 1957 membro da Real Academia Española, posto negado a outro galego, Ramón de Valle Inclán.

En 1969 publica San Camilo 1936 sobor a Guerra Civil española, escrita cun monólogo interior continuo, ao xeito do Ulysses de James Joyce.

En 1977 publica "La insólita y gloriosa hazaña del cipote de Archidona" , de xeito epistolar e biográfico onde narra cun amigo os aconteceres da xente común, costumes, hábitos sexuais e estrambóticos en xeral.

En 1994 publica unha estraña obra experimental, Cristo versus Arizona, escrita cunha única e larga oración rematada nun só punto final.

Foi considerado como un gran farsante pola súa contradición entre o que facía e o que dicía pero el burlábase dos seus inimigos agradecéndolles facelo famoso, nas súas dedicatorias.

Calificárono de presuntuoso, fatuo, mal encarado con relacións públicas ao revés, "soez", altaneiro e maxadeiro. Nunha ocasión expeleu unha sonora ventosidade nas mesmas Cortes, interrumpindo ao orador e dicindo desfachatadamente que continuara.

Outra vez díxolle a un sacerdote: "No es lo mismo estar dormido que estar durmiendo, de la misma manera que no es lo mismo estar jodido que estar jodiendo"

En 1994 ganou o premio Planeta con "La Cruz de San Andrés" que ten pendente un xuízo de plaxio recentemente reaberto.

Pode dicirse que Camilo José Cela foi soamente fiel a si mesmo. Pero queiramos ou non foi galego como Franco.

Cela foi polos seus costumes o Maquiavelo de Galicia, constumes que mágoamente xa teñen moitos homes.

Por fin morreu o 17 de xaneiro de 2002 aos 85 anos coas súas derradeiras palabras: ¡ viva Iria Flavia !