Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

CALDO DE FEIXÓNS VERDES CON PATACAS DE GALICIA



caldo de feixóns verdes con patacas

CRTVG.ES

CALDO DE FEIXÓNS VERDES CON PATACAS DE GALICIA - RECEITA 1

Ingredientes:

feixóns verdes, 1 kg.
patacas de Galicia, 1 kg.
cebola grande enteira, 1
aceite
pemento
allo
auga
sal
cóbado de xamón, 1

Preparación:

Nunha ola grande con auga ponse a coce-lo cóbado de xamón (previamente desalgado) e a cebola enteira. Planámo-las patacas e cortámolas en anacos pequenos ("chasqueándoas", é dicir, esgazándoas ). Limpamos e cortámo-los feixóns. 

Engadímo-las patacas á ola, agardamos a que a auga ferva outra vez e agregámoslle os feixóns verdes. Unha vez que estea cocido todo retirámolo do lume e reservamos.

Nunha tixola facemos un rustrido co aceite, o allo picado e o pemento. Engádeselle este á ola e tapamos rapidamente. Deixamos que repouse 5 minutos antes de servir.

Restaurante La Barra