Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

RAMÓN CABANILLAS : a Castelao

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

¿ DE QUE MORTE MORREU A NOSA PRENDA ? (*)

 

¡Irmán Daniel!
Na praia de Rianxo
caían como bágoas as estrelas,
espallaban teus aies derradeiros
bruantes ventos das andinas serras,
e ondas galgantes, en cramor, chegadas
da pratense ribeira,
contaban no areiro que te foras
de seriedade pol- a plan vereda...
o camiño que nunca se desanda,
o vieiro sin fin...
Na noite pecha,
entrei pinal adiante, medoñento,
a alma dun feitizo prisioneira.
Fungaban os ramallos un responso,
en velorio de honra ó teu relembro.

 
Ergueitas cara ó ceo as ponlas, era
cada pino un cruceiro,
labra xenial da túa man maiestra,
e aquel forte e lanzal que tempos idos
escoitóu a tua prácida conversa
có sabidor e xurdio,
profundador de voces milagreiras,
inquiréu delorido, en desespero:
¿De qué morte morréu a nosa prenda?
Atravesoume o peito
un dór punxente e esguío de saieta
e díxelle a verdade crú, tinguindo
c'unha pinga de sangue cada verba:
¡Morréu do mal dos bós e xenerosos!
¡Morréu de amor a Terra!

 
 
 

  Fonte de información:  Extraído da publicación especial de "A Nosa Terra",  número especial dedicado a Alfonso R. Castelao despois do seu pasamento no ano 1950 en Bos Aires, Arxentina.



¿DE QUE MORTE MORREU A NOSA PRENDA?", por Ramón Cabanillas , " A NOSA TERRA", 
Páxina Nro.17, Revista Nro. 474 - Día de Galiza 1950 - Bos Aires- Arxentina.



Máis sobre o tema : 7 DE XANEIRO DE 1950, A MORTE DE CASTELAO, INICIO