Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Ramón Cabanillas

Dedicado el día de las Letras Gallegas en 1976  

Ramón CabanillasRAMÓN CABANILLAS, poeta e destacada figura do galeguismo

É o poeta máis importante das Irmandades da Fala e un dos máis sobranceiros das Letras Galegas. Autor prolífico, cultivou principalmente a poesía lírica, narrativa e dramática, nas que tratou desde o tema amoroso ata o social e relixioso.

Naceu en Cambados o 3 de xuño 1876. Tras iniciarse nas letras e no latín foi seminarista. Entre 1889 e 1893 camiñou os claustros de San Martiño Pinario, onde ós 13 anos escoitou por primeira vez as palabras dun mestre enaltecendo a beleza da nosa fala.

O 25 de maio de 1891 as rúas composteláns presenciaron un desfile conmovedor: traídos de Iria Flavia a Cormes, os restos mortais de Rosalía de Castro atravesaron a cidade en procura da igrexa de Santo Domingo. No cortexo, xunto a outros compañeiros, estaba Ramón Cabanillas, ben alleo sen dúbida a que unha gloria semellante á que arroupaba a tan grande poetisa, algún día ía tamén nimbar a súa testa.

Do seminario marchou para asumir tarefas de contabilidade no Concello de Cambados durante 10 anos.

No ano 1910 houbo de emigrar a La Habana, Cuba, onde foi contable de comercio e administrador do Teatro Nacional, propiedade do Centro Gallego. En 1913 sae do prelo en La Habana o seu primeiro libro, "No Desterro", prologado por Basilio Álvarez, e en 1915 edita tamén na capital das Antillas o seu segundo libro, "Vento Mareiro", ambas as dúas obras unha exaltación de Galicia como unidade colectiva.

De volta á Terra, publica en Vilagarcía no ano 1917 "Da Terra Asoballada" e ingresa na Academia Gallega en 1920, aceptando en 1929 a cadeira de representante da Lingua Galega na Real Academia Española. Daquela reside en Madrid, onde frecuenta tertulias con Castelao e outros representantes do movemento político e cultural do Galeguismo.

Tras pasar un tempo no Mosteiro de Samos, volta a Cambados, onde finou o 9 Novembro 1959, ano no que o Centro Gallego de Buenos Aires publicou a súa "Obra Completa", coma homenaxe á sobranceira figura do Vate.

Cabanillas manifesta unha importante inspiración e influencia nos preceptos relixiosos Franciscanos e no movemento agrarista de Acción Gallega, cunha grande preocupación sobre a xustiza social do pobo e dos destinos de Galicia.

Unha das máis importantes e destacadas figuras do Movemento Galeguista, poeta fecundo de técnica variada e rica temática, é particularmente célebre pola composición das sagas artúricas de "Na Noite Estrelecida", editado en Mondariz en 1926, nas que enlaza a tradición celto-artúrica popular de Galicia coa poesía e as tendencias contemporáneas que valoran a identidade céltica de Galicia
 

www.galiciaespallada.com.ar