Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

BRAZO DE XITANO



Brazo de xitano

crtvg.es BRAZO DE XITANO - RECEITA 1

Ingredientes: (4 persoas)

fariña común, 75 grs.
maicena, 50 grs.
azucre, 125 grs.
ovos, 5
perfume
raspa de limón

Preparación:

Nun cunco póñense os ovos, o azucre e o perfume. Comézanse a bater nun recipiente os ovos e unha vez montados engádese a fariña e a maicena mesturada e peneirada con anterioridade. 

Ponse esta pasta nunha placa untada de manteiga e esparexada de fariña. Estírase cun grosor similar ó dunha moeda dun peso e ponse no forno moderado durante 10 minutos. Unha vez cocida, quítase da placa e ponse nun recipiente limpo e húmedo. De seguido, untámo-la base do biscoito de crema, estendémolo ben e procedemos a enrolalo. Unha vez feito isto deixamos que arrefríe e cando isto ocorra, desenrolámolo, recollémo-los extremos e esparexamos con azucre moído. Para rematar facemos uns adornos coa punta do coitelo e poñémolo nunha fonte longa sobre unha bandexa.

Restaurante Ponteareas