Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)


NO ANIVERSARIO DE ALEXANDRE BÓVEDA



0 pe do seu busto no Centro Ourensán de Bos Aires

 

 

 

Busto de Alexandre Bóveda no centro Ourensán de Bos Aires

Busto de Alexandre Bóveda:  fotografía tomada nun mitín no Centro Ourensán de Bos Aires en 1942 

 

 

 

 

Inspirazón quixera pr'o meu canto
N'esta data de loito e de tristura,
E soio atopo verbas d'amargura
Que latexan o pe do noso santo.

Rexo, com'os castaños dos outeiros
Que non tumban ós máis feros vendavals
Nin afogan os chuvascos invernals
Nin tollen os xiados neboeiros.
Nobre; pero co'a-y'alma adoecida,
Pol'o sino d'algunha mala fada,
Que sementou na Terra asoballada
Graus de treición, maldade e tirania.

Sereo, ergueito com'o noso píño,
Era Bóveda mestre de talento,
E fel ourentador d'un pensamento
Nado nun berce com'a cor do liño.

E xustamente por ter virtudes tals,
Que non xurden nos homes a cotío,
Mantivo a sua fe, en desafio,
Contr´un feixe d'infernaes criminals.

Foi por iso quizáis, que nas primeiras
Vinganzas d'odio e sin igoal cubiza
Caera a mocedade de Galiza
Trocando en cimenterlo as suas eiras.

E foi por iso tamén, qu'un certo dia,
Que nas entranas temos moi cravado,
Arrincaran, cruels, do noso lado
Un home qu'era un simbol'e unha guía.
.........................................
.........................................
Máis, ¿qué pasou? ... A xente perguntaba.
E'a resposta toparona cinguida
A orfandade en que ficou sumida
A Terra celta que co'a dor choraba. 

 

 

 

 



G. SÁNCHEZ GUISANDE.
Bos Aires, agosto, 1947 

www.galiciaespallada.com.ar