Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

"CUNETAS", Luís PIMENTEL



Un poeta contemporáneo, Luis Pimentel -rimou, valentemente,

sen saír da Galicia en 1937 na súa poesía, "Cunetas":




¡Outra vez o terror!
Un dia e outro dia,
sen campás, sen protestas.
Galicía ametrallada nas cunetas
dos seus camiños.
Chéganos outro berro
-Señor, ¿qué fixemos?
-Non falas en voz alta-
-¿Hasta cando durará iste gran enterro?-
-Non chores que poden escoltarte.
-¡Hoxe non choran rnáis que os que aman a Galicial-
¡Os milleiros de horas, de séculos
que fixeran falla
pra faguer un home!
Teñen que encher ainda
as cunetas
con sangue de mestres e de obreiros.
Lama, sangue e bágoas nos sulcos
son sernentes.
Docemente chove.
Enviso, arrodeame unha eterna noite.
Xa non terei palabras pra os meus versos.

Desvelado, pola mañá cedo
Baixo por un camiño.
Nos pazos onde se trama o crime
Ondean bandeiras pingando anilina.
Hai un aire de pombas mortas.
Tremo outra vez de medo.
Señor, isto é o home.
Todas as portas están pechadas.
Con ninguen podes trocar teu sorriso.
Nos arrabais
bandeiras batidas e esfarrapadas.
Deixa atrás a vila.
Ti sabes que todos os dias
hai un home morto na cuneta
que ninguén coñece ainda
Unha muller sobre o cadaver do seu home
Chora.
Chove.
¡Negra sombra, negra sombra!
Eu ben sei que hai un misterio na nosa terra,
Mais alá da neboa,
Mais alá do mar,
Mais alá da chuvia,
Mais alá do bosque.

LUÍS PIMENTEL, GALICIA, 1937

Foto: Luís Pimentel

Luís Pimentel

www.galiciaespallada.com.ar