Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

A derradeira carta de alexandre bóveda á súa muller

Esta é a carta que Alexandre Bóveda escribiu á súa muller na madrugada do 17 de agosto, minutos antes do seu fusilamento.

Carta de Alexandre Bóveda a súa dona

Fonte: "Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda", X. Álvarez Gallego, Ediciones "Nós", Bos Aires, 1972

Texto da carta

Madrugada do 17 de agosto de 1936



Choliñas, Miña Peque, Vidiña:
Quixera escribirche moito. Mais xa sabes canto puidera decirche.
Perdoame todo, que os peques me lembren sempre; que cumplas todol´os meus encargos.
Eu, almiña estarei sempre con vós como che prometín.
Faltan uns minutos e teño valor, por vós, pola Terra, por todos. Vou tranquío.
Adeus, Vidiña: Vive para os peques e os vellos, abrázaos, confórtaos. Sé Ti, miña Pequeniña ademirable, a máis valente de todos. Alá sentirei ledicia e satisfacción de Ti e de todos.
Lembrareivos sempre, velarei sempre por vós.
Adeu. Contigo, cos peques, cos vellos todos, estará sempre na lembranza, na máis grande, máis fonda, máis infinda das apertas, o voso,
Xandro.

P.S: Recei contigo.

www.galiciaespallada.com.ar