Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Vida de Roberto Blanco Torres


Dedicado o Día das Letras Galegas no 1999

Roberto Blanco TorresRoberto Blanco Torres (Cuntis, 18 de marzo de 1891 — Entrimo, 3 de outubro de 1936) foi un xornalista e poeta galego. Deu os primeiros pasos na poesía da man das vangardas artísticas. A súa obra poética é cualificada polos críticos como dunha grande beleza e intensidade expresiva. Outra das facetas deste home de letras é a de xornalista. O seu traballo nos medios impresos foi moi extenso e variado. A sinatura de Roberto Blanco Torres nas columnas de opinión caracterizou practicamente unha época xornalística.
Ademais de ser colaborador asiduo da prensa galega dirixiu varios xornais. As súas columnas desprenden o talante combativo que caracteriza toda a súa obra. Dende Cuntis, a súa vila natal, emigrou a Cuba. Este desterro condicionou a súa personalidade, que se foi forxando pouco a pouco no transcorrer dos anos. Comprometido co seu tempo, evolucionou politicamente dende o agrarismo ata o galeguismo.

O menor de nove irmáns dun sacerdote dispensado, seu pai deulle unha sólida cultura clásica, seguindo os pasos dos seus irmáns maiores en 1906 emigrou a Cuba, alí comeza a colaborar na prensa da comunidade galega, para o que emprega o pseudónimo de Fray Roblanto, o trato con Antón Villar Ponte e Ramón Cabanillas foron decisivos para a súa traxectoria ideolóxica.

O semanario Follas Novas da Habana vai ser a primeira publicación que acepte os seus artigos en setembro de 1907. Tamén colaborou con Santos e Meigas, Suevia e Galicia.

En 1910 aparece o seu primeiro artigo na prensa galega, concretamente na revista Vida Gallega. No mes de decembro de 1911 dirixe a revista La Alborada e dende agosto de 1913 La Tierra Gallega, dende onde ataca a algúns dos administradores do Centro Gallego de La Habana, ao tempo que colabora na prensa cubana, en especial no Diario de la Marina e El Comercio.
A fins de 1916 regresa a Galicia, establécese na Coruña, participa nas Irmandades da Fala e a comezos de abril de 1917 publica o seu primeiro artigo en A Nosa Terra, participa na I Asemblea Nacionalista celebrada en Lugo en decembro de 1918.

En 1920 faise cargo da dirección de El Correo Gallego de Ferrol, en 1921 pasa a dirixir La Zarpa en Ourense ata 1923 no que é redactor xefe de Galicia. Diario de Vigo. En 1926 casa con Xulia Sánchez Novoa e durante uns meses de 1927 é o redactor xefe de El Pueblo Gallego.

En 1929 publica Orballo da media noite, colección de 31 poemas, nos que amosa o coñecemento dos recursos da poesía vangardista e futurista, e en 1930 sae do prelo De esto y de lo otro, unha escolma de 38 artigos xornalísticos. Participou na creación da Asociación Galega de Escritores (1930).

Blanco Torres foi membro do comité executivo da Federación Republicana Gallega e en marzo de 1931 asume a dirección de La República de Ourense, ao tempo que comeza a desilusionarse coa actuación do seu grupo político na consecución da autonomía para Galicia, aínda así acepta o cargo de gobernador civil de Palencia entre o 29 de decembro de 1931 e o 16 de xuño de 1932. En 1935 dirixe El País de Pontevedra, e dende maio de 1936 é o xefe do gabinete de prensa do Ministerio de Gobernación, participa activamente na campaña para a aprobación do estatuto de autonomía de Galicia.

A sublevación militar do 18 de xullo de 1936 sorprende a Blanco Torres na aldea de Amido, no concello da Peroxa, na casa familiar da súa muller, detido en setembro foi levado á prisión de Ourense, e o 3 de outubro de 1936 foi paseado polos falanxistas que o fusilan no concello de Entrimo.

 

 


FUENTE: GALIPEDIA