Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

ROBERTO BLANCO TORRESOrballo da media noite

ORBALLO DA MEDIA NOITE

 

LOITADOR...         

 

Loitador, Roberto Blanco Torres

¡Loitador, non te deteñas!
Ten cada hora novo alento,
sigue a luz que te ilumiña,
mira a cotío pró ceo.
A un lado e outro do camiño 
toparás pinchos e rebos,
e da estulticia e a envexa
ladraranche os cans famentos.
¡Loitador, non te deteñas!
¡Levas a verdá no peito, 
 e a estrela que te guía
ten resplandores eternos!

 

 

LUCHADOR

 

 ¡Luchador, no te detengas!
Ten cada hora nuevo aliento,
sigue la luz que te ilumina,
mira a menudo para el cielo.
A un lado y otro del camino 
encontrarás pinches y cascotes,
y de la imbecilidad y la envidia
te ladrarán los perros hambrientos.
¡Luchador, no te detengas!
¡Llevas la verdad en el pecho, 
 y la estrella que te guía
tiene resplandores eternos!

 

 

 

Este poema, pertencente a "Orballo da media noite"  foi reproducido pouco despois na publicación "Fouce", ano I, 2ª xeira, nº 11, Bos Aires, 30-IV-1930, e introducido coa seguinte  anotación:  “A fouce é un oasis no medio da cobardía social e da miseria espritoal da metropoli”. “O seu ímpetu arredista –di Roberto Blanco Torres– comproba que os galegos, ó emigrar, cobran concencia de si.”