Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Vicente Risco, o fundador do galeguismo que se fixo feixista


Vicente RiscoNaceu como Vicente Martínez Risco y Agüero en Ourense en 1884, fillo dunha familia de boa posición. Foi fillo dun funcionario de Hacienda e un neno de saúde fráxil, pasou a súa nenez en compañia do seu amigo  Ramón Otero Pedrayo. En 1899 remata o bacharelato. En 1906 xa foi Licenciado en Dereito, por libre, na Universidade de Santiago, docente na Cátedra de Historia da Escola Normal ourensá, redactor do xornal "El Miño" ( onde usa o seu nome e os alcumes Rujú Sahib e Polichinela ), un importante etnógrafo e fundador da revista "La Centuria", antecedente da (logo fundada por el) revista Nós, onde publica cen colaboracións e renova a literatura galega, ata o seu peche en 1936.
Pertenceu á chamada xeración Nós conformando unha nova narrativa galega e sentou as bases do Nacionalismo Galego pois en 1920 publica a súa obra cume, o ensaio "Teoría do nacionalismo galego" e converténdoo no ideólogo galeguista máis importante.
En 1930 viaxa a Centroeuropa para estudar Etnografía e ao seu retorno funda o partido Nacionalista Republicano, logo chamado Partido Galeguista, o máis importante partido político da historia de Galicia.
En febreiro de 1912 coñece a Castelao e publícalle un discurso en El Miño; en 1913 en Madrid é alumno de Ortega y Gasset.
Rematando 1917 Antón Losada Diéguez faino entrar nas Irmandades da Fala
A súa vasta cultura desenrólase en artigos publicados en A Nosa Terra e nun chisco xa é o ideólogo líder do nacionalismo galego destacándose en 1918 na Primeira Asamblea Nacionalista, ano en que publica o artigo Teoría do Nacionalismo Galego, antecesor ao texto homónimo que publicará en 1920, considerado o texto fundacional do nacionalismo galego.
En 1922 casa con María Carme Fernández Gómez, tamén de familia acomodada en Allariz. E 1923 terán a súa primeira filla mais morrerá en 1926. En 1923 nace Antón Risco.
En 1933 publica unha biografía de Manuel Murguía.
Dirixe a sección de etnografía do Seminario de Estudos Galegos.
En 1931 funda con Ramón Otero Pedrayo o Partido Nazonalista Repubricán de Ourense.
Sorprendentemente o ideólogo do Nacionalismo Galego non comulgaba moi ben coas esquerdas. No seu tempo apoiaría a dictadura de Primo de Rivera. Tempo despois perdería liderazgo a mans de Otero Pedrayo e Castelao. Quizabes polo seu carácter burgués defendeu á Igrexa Católica dunha suposta persecusión de sectores republicáns, estivo en coflicto permanente dentro do partido, non remataba de interesarlle a política activa, tiña pouco entusiasmo pola democracia e rexeitaba a esquerda. De volta de Berlín reafírmase a súa base conservadora e católica.
Estes vaivéns levárono a unirse a un grupo de galeguistas de dereita e en maio de 1935 crea a Dereita Galeguista de Pontevedra a cal dirixiu renunciando ao Partido Galeguista. Na campaña do Estatuto de Autonomía de Galicia apoiou o si pero sempre coa idea de que a Igrexa Católica estaba a ser atacada. Coa sublevación de Franco chamouse a silenzo.
Logo a guerra civil amosaríalle os seus erros deixando en España máis dun millon de mortos aos pés dos que dubidaban. Pese a isto Risco colaborou co réximen e traicionou definitivamente ao galeguismo que tiña fundado ideolóxicamente. Castelao así o veu, cando en Sempre en Galiza citouno lapidariamente "dicía Risco, cando Risco era alguén".
Pouco a pouco tamén deixa a lingua galega pechando un círculo de traición aos seus ideais

Morre o 30 de abril de 1963 en Ourense logo de que o goberno franquista lle concedera a medalla de Alfonso X.



 

Da súa obra salientan:


Etnografía:


Etnografía-Cultura Espiritual 
Estudio Etnográfico da Terra de Melide


A súa obra narrativa


Do caso que lle aconteceu ao Doutor Alveiros (1919)
O lobo da xente (1925)
Os europeos en Abrantes (1927)
O porco de pé (1928), a máis importante deste xénero, na cal satiriza a un tendeiro castelán que chegou a ser alcalde dunha cidade en Galicia
A trabe de ouro e a trabe de alquitrán
Mitteleuropa (1934) esta última das súas viaxes por Europa


A súa obra ensaística


"Teoría do nacionalismo galego" (1920 ) a súa obra cume

Nós, os inadaptados (1933) onde amosa a súa concepción espiritual e cíclica da historia
Leria (1961), composta da recolleita de textos filosóficos, críticos e literarios dos seus traballos realizados entre 1920 e 1955.


Teatro


O bufon d'el Rei (1928)